(Marko Czalic - Montreal)
Si señor, as xornadas finais da primeira volta da LPU7 da WIFA só tiveron unha lectura no Canadá: máis turistas felices. Só os britislandeses da Vicky marcharon de baleiro do Durruti no que vai de ano. Lamentablemente, a dirección do Shakhtar xa nos advertiu de que non lles pensan devolver os cartos. Ou, cando menos, farán o imposible por evitalo. Imos, xa que logo, co relato das xornadas 9 e 11 na xélida Montreal.
X9. Shakhtar - Análisis
A volta de todo un ilustre a esta capital mundial do frío parecía un bo momento para facerse cunha bolsa de rublos cos que facer fronte ao inverno e máis aos duros retos que o clube ten por diante no deportivo. Pero, paradoxalmente, os de Moore-Clemente perderon por completo a frescura desde o derby e, mesmo estando Análisis aínda lonxe dos postos de honra e do seu nivel do pasado, pouco puideron facer co marcador en contra. Un centro de Batistuta cabeceado esplendidamente por Brian Laudrup precedeu a un espectáculo realmente soporífero no que os procesadores manexaron sempre o balón, sen arriscalo nunca. Batistuta, a pase de Pires, sentenciou (0-2) o impecable partido dos visitantes, alonxando ao Shakhtar dos postos de honra e meténdoo, ademais, en problemas financeiros.
X11. Shakhtar - Torpedo
Chegaba o Torpedo a este superclásico como un dos equipos máis en forma do campionato, cun nivel de xogo ao que, hoxe por hoxe, puntuacións á marxe, só parecen dar resposta Partisano e Gloria. Porén, as baixas cebáronse cos nosos, mal alimentados probablemente, mentres o shakhtártico rival presentaba por primeira vez na tempada o once de gala. Pero o Torpedo, enfundado como nunca no mono de currar, golpeou primeiro: Boniek fixo todo e o rexeitamento de Niemi chegou a Klasnic, que fusilou. Co marcador en prol, o Torpedo tentou controlar o partido ante un rival insistente e dominador, pero pouco fluído. Koller, en acción individual, puido con todos e acadou o empate. Pero o Torpedo non deixaba pasar unha e no comezo do segundo tempo Boniek volveu poñer aos seus en vantaxe cun craneal fusilamento (1-2). O Shakhtar, outra vez remando á contra, insistiu até acertar cun gran pase de Park a Hleb co que o bielorruso pechou o empate (2-2). Aos montrealinos pesoulles o seu mal momento e non ser quen de se poñeren por diante e aos nosos, un antinatural exceso de baixas cando chegaban imparables. Visto así, o empate serviu a ambos para a supervivencia.
O Shakhtar prepara, xa que logo, a final da Kopa do Pollo na busca dun punto de inflexión que lle permita recompoñer o rumbo do seu xogo. Seguen na zona alta, pero se queren aspirar a todo nesta esixente tempada deberán subir o volume das revolucións cando menos tanto como o ano pasado. Entrementres, ante a mala situación económica e as continuas baixas que o clube está a padecer, en Montreal xa está pactada a marcha do grande Giampiero Pinzi no mercado invernal para permitir a chegada dun dianteiro centro suplente que dea certas garantías ante as baixas de Koller. O elixido é un home que sinte as cores, malia non telas vestido nunca. Non podemos engadir ren máis, xa que o clube prefire manter o misterio en torno á fichaxe do ex-muchacho Maksim Shatskikh, "o amigo do Canadá".
6 comentarios:
quen será o recambio de koller? estou en ascuas!!
forza shaktar! ainda estamos ai! dependemos de nós! os clash os gloria e os torpedo son uns merdas e non gañan nin que teñan o titulo matematicamente...
na segunda volta... triplete!!!
a huge fan of montreal
Hostia, Andy, moitas gracias!
Pois eu paseino pipa con cada pase conseguido. Un 2% máis de posesión que contra o Asalta contra un sistema motisimo mais incomodo é todo un logro.
Vou falar con total descoñecemento da táctica pero o que notei xogando e que había 3 xogadores moi xuntos no medio e en liña por diante dos meus mediapuntas, o que facia moi complicado dar pases directos nesa zona e forzabame a arrastralos hacia banda en xogada.
Tenho q perfeccionar os cambios d xogo pra estas cousas, asi q terei q aprender ben as posicions de cada fulano no campo.
quen e o Witthaker ese que non sabe nada de fútbol?
1) Andy sábeo todo de fútbol, como é obvio se se atende ás súas verbas.
2) A cuestión que plantea Jebe de contra quen é máis doado manter a posesión sería moi longa, pero hai cousas moi claras. En primeiro lugar, tivo un 4% + de posesión contra Shakhtar que contra Asalta, non un 2 (65-61). En segundo lugar, considerando que co seu xeito de xogar é difícil que non teña o balón máis tempo do que o rival, a circunstancia decisiva, por riba de quen sexa o rival, é se Análisis comeza gañando ou perdendo. Se comeza perdendo, o seu xogo é de longas posesións, pero meritorio: ten que arriscar. Ten mérito conseguilo nesas circunstancias e máis aínda obter resultados. Cando Análisis comeza gañando, o mérito da súa estratexia decrece notablemente (é moi sinxelo mover o balón na parcela propia sen arriscar ningún pase), ao mesmo ritmo ao que crece o tempo de posesión (non se arriscan pases -> o balón non é interceptado -> segue nos seus pes -> o tempo pasa -> a posesión aumenta).
Respecto da táctica do Shakhtar, é certo que ten 3 xogadores no centro do campo, pero é moi pouco probable que haxa máis de 1 deles por diante dos teus mediapuntas non sendo que os teus mediapuntas estean no teu campo.
Coidaba que fora un 63-37 de posesión demoníaca contra Asalta.
E un matiz, cun so gol non podo especular, logo seguín xogando ao mesmiño. Ainda que con 2 e ao cara ao remate si que asegurei todo canto puiden, pero é que a rede d seguridade que teño é moi finiña.
Tampouco xoguei a bola en defensa tanto xa que non deixei de atacar, iso si nunca arrisco un pase cos defensas independientemente da minutaxe, iso xa o fan soliños.
En cambio si que estou dacorda na versión contraria ao que getxo di, se se me adiantan un gol todo cambia. E se é de corner xa é o peor. :)
Publicar un comentario