martes, 12 de agosto de 2008

O Durruti lembra a canción da vitoria

(Marko Czalic - Montreal)
 
X18. Shakhtar - Che Marx
 
Última xornada de liga, co título en xogo. O Shakhtar, líder, recibe ao colista das mínimas derrotas, Che Marx, coa necesidade de gañar -se ben un empate lle dá tamén amplas opcións- para asegurar o título. Un título que fraguou lonxe do Durruti e que os partidos na casa puxeron en serio perigo. Estamos na fin da tempada con máis alternativas; Pollo FC abandonou a loita polo trunfo xusto antes da liña. Torpedo Zagreb e Partisano Clash aínda poden acadar o éxito. Ao pouco de comezar, o Shakhtar dilapida unha clara ocasión, pero o fútbol non o fai sofrer: o córner é botado por Titov e cabeceado por Ignashevitch. Gol ruso (1-0). Os cubanos, porén, non viñeron pasear nin moito menos. Están a preparar moi a serio a T7; queren cambiar a historia. A ribeira do San Lourenzo parece un bo sitio para comezar: Bican inicia na banda esquerda un eslalon imparable cara o corazón da área e cede a Munitis, que golpea ao primeiro toque só para atopar o pau e a liña de fondo, con Niemi batido. Aparentemente, só un susto. O medo que lle toca pasar ao campión... pero, pouco despois, o propio "mortadela" Munitis creba a toda a defensa entrando pola dereita e encara a Niemi disposto a recuperar o que lle escapara. O cántabro asegura o lanzamento cara o segundo pau e Niemi non pode facer nada máis que mirar como o balón volve golpear no poste para caer paseniñamente nas súas mans. A situación está clara: o Shakhtar xa non controla o partido en absoluto. Por iso, cando pouco despois Ernesto, emulando aos seus compañeiros, cruza con forza e habilidade a zaga quebequense e deixa o balón atrás, cara Munitis, ninguén está sorprendido. Munitis, a porta baleira, tenta golpear no pau longueiro para completar o seu hat-trick de postes, pero erra por moi pouco (1-1). O Shakhtar recomponse levemente e Koller recibe un balón en posición de clara vantaxe, habilitado polo despiste de Ulises, que non tirou o fóra de xogo. O seu remate baixo peta en defensa e porteiro antes de subir ao marcador, permitindo aos seus chegar ao descanso tocando a copa. Pero Che non entregou o partido. Unha falta a prol dos babudos no 65 é sacada intelixentemente por Ernesto a Bican que, tras movemento espectacular, fusila a Niemi.
Cando entramos nos últimos 20 minutos a liga pende dun fío. Tanto Torpedo como Partisano merecen que sexa así. E o Shakhtar? O Shakhtar consigue con dificultade manter a calma e elaborar unha boa xogada entre a tupida defensa rival. É o minuto 75 cando Titov non acada un remate claro na área pequena, xunto ao pau dereito; pero Gilberto colle o balón pasado, dentro da área e mantén a calma. Busca a Tuncay no lateral. Tuncay centra á primeira e Park, como Titov antes, non chega. Pero no segundo pau, sen oposición, aparece Koller para meter a biqueira da bota. O balón golpea os dous paus de Munitis antes de se converter no 3-2 definitivo.
No estadio comeza a festa, que se extenderá a toda a cidade á velocidade á que arde o alcol. O caos en Montreal lembra ás festas de hai 3 anos. Non é para menos.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Me recuerda la narración de la batalla de Nördlingen. Muy bueno.

Anónimo dixo...

parabens, mais que me fode. deu paos a quen os tiña que dar nas xornadas decisivas. por iso é o campión. o pollo perdeu contra os dous anarquistas, o torpedo contra o clash cando tiña a liga a prol seu, e o clash non foi quen de gañar ao shaktar para devolverlle a moneda da ida. é o que hai.

parabens shaktar!

Anónimo dixo...

Gracias!

Anónimo dixo...

Aproveito este breve inciso para dar os meus parabens o Shaktar.