(Marko Czalic - Montreal)
| Shakhtar de Montreal |
Aténdenos na sede do Shakhtar o bo de Lucimar Ferreira da Silva, representante semanal dos montrealinos. Lúcio ten o día torto. Leva hora e media no posto e non deixa de dicir "puto titov, puto titov", cunha notable faciana de sono. Clásico entre os clásicos da LPU, esta besta defensiva con vocacións caótico-ofensivas foi chave en cada un dos éxitos do seu equipo, que esixe moito aos seus defensas. É, xunto a Park Ji Sung, o único "eterno" do plantel do Shakhtar.
1. Cóntenos algo sobre o seu clube que non sexa coñecido pola opinión pública.
Titov é un cabrón. Hleb, un sicópata. Clemente e Alan Moore non se coñecen persoalmente.
2. Cal é o partido da historia do clube do que garda mellores lembranzas? Poderíao comentar un pouco?
É unha pregunta moi boa, porque levamos 145 e así é doado elixir... Vou ir ao cómodo: o máis importante, o da vitoria ante Che Marx Ltd. (3-2) que nos deu a LPU6. O balón de Koller petando nos dous paus antes de entrar foi un momento tremendo. Os babudos déronnos boa dor de cabeza. Tampouco podo esquecer o do primeiro título, na K2. O hattrick de Shevchenko nos últimos 20 minutos contra o Torpedo, cando perdiamos 0-2. Pero penso que podería destacar un por cada rival, ou mesmo máis. Calquera dos 21 derbis contra o Clash; calquera dos partidos contra o Pollo; a maioría dos desputados contra Gloria ou Torpedo. Ou as vitorias ante Asaltacunas, polo felices que fan aos nenos. O partidazo de Beckham cando estreamos a Tuzaros. A derrota ante Swazi na que anotei un golazo. O día que Che Marx, colista, nos goleou na casa en plena tempada do doblete. Nos últimos tempos, cada partido contra Ordem; trabados, tensos e resoltos pola mínima. A eliminatoria de Kopa que gañamos a Análisis...
3. Lembra quen marcou o gol 100 do seu equipo? Se é así, quen foi?
Si, oh. Lévolle aquí media vida. Foi Koller, cun testarazo en prancha nun derbi contra o Clash. Logo errou un penalti, o tío. Pero gañamos 1-0.
4. Quen é o mellor xogador que pasou polo clube?
Eu. E Shevchenko, tal vez. Ultimamente flipo con Park. Está no seu mellor momento.
5. Que xogador fichado polo seu clube foi a maior decepción, a nivel individual?
Hóubolle varias. Eto'o, que lembre agora. O seu rendemento non foi malo, pero agardabamos a Shevchenko. Un problema de listón.
6. Que xogador dos que nunca estiveron no seu clube preferiría como compañeiro, futbolisticamente falando?
Se teño que elixir un, Cruyff. Como amigo prefiro a Adriano. Ninguén sabe beber como el.
7. Cal é o estilo de xogo tradicional do seu equipo? Pensan mudar algo substancial, na tempada que comeza?
O estilo tradicional é caótico ofensivo, pero os nosos éxitos chegaron nas tempadas en que conseguimos funcionar tocando en mediocampo, como este último ano. Cando se produce esa coordinación na liña de creación damos o noso máximo. En principio este ano non vai mudar nada, agás no referente a como vai interpretar Rosicky o papel que xogaba xente doutro estilo, o ano pasado.
8. Cal foi a tempada da que máis se desfrutou no entorno do equipo, até a data?
Sen dúbida, a T6. Evidentemente, o doblete da T3 fíxonos moi felices. Pero nunca o pasaramos tan ben xogando. E os seareiros pensan o mesmo.
9. Cal é a ideoloxía do seu equipo, ou a maioritaria entre os seareiros?
Suponse que somos anarquistas, pero adoitamos perdernos no hedonismo etílico.
10. Que opina do regulamento? Coñéceo? Que lle gustaría mudar?
Non opino. Sei que está aí. Todo.
11. Podería dicir os nomes dos xogadores que nunca abanoaron o clube -desde a T1-, se os hai?
Xa os dixo vostede alí arriba.
12. Expectativas propias e favoritos para a LPU7.
Individualmente beber, foder e que pase pronto esta semana. A nivel de equipo, gañar todo. Para a LPU? Coido que está á vista. O cuarteto dos Malditos, Asaltacunas e nós. Pero o prognóstico é ben fodido. Xa non quedan equipos simpáticos. Nunca descartaría a Análisis, malia o tempo perdido e que parten con desvantaxe. Os outros 4, depende deles. Eu estou preparado para enfrontarme a eles cando veñan a por todas. Agárdoos hai tempo.
Clash e Torpedo fixeron un ano excelente, na T6, e reforzáronse unha animalada. Son dous equipazos. O Gloria está moi forte tamén. Pero estou volvendo a empezar, non?
Clash e Torpedo fixeron un ano excelente, na T6, e reforzáronse unha animalada. Son dous equipazos. O Gloria está moi forte tamén. Pero estou volvendo a empezar, non?
13. Engada algo.
Viva o Quebec, as mulleres e o alcol. Vive l´anarquie! O Pollo é a hostia e Titov é un cabrón. E un santo bebedor.
1 comentario:
Voto a resposta 11.
Publicar un comentario