venres, 29 de outubro de 2010

O Shakhtar matiza a súa postura

Cando respondemos cun "probablemente alta" á convocatoria para hoxe, contabamos, en primeiro lugar, con que se estaba a convocar a máis peña e, en segundo, con que habería sede. En calquera caso a nosa matización vai na seguinte liña. Dado que desprazarnos da cidade está a sernos complicado, dado que non hai SUACI e case non hai tempada en curso, poderiamos ser alta parcial na cidade. Pero tamén queremos urxir á WIFA e máis aos seus equipos membros a que vaian rematando a T16, que xa raia a hostia. Esforzo para o que puxemos da nosa parte, con diversas quedadas extemporáneas e outras tentativas. Así as cousas, isto é o que queda:

Kunka

Sexy Team
Torpedo

Gañador
Rif

Gañador
Asalta

e outra semifnal

CMF
Der

Kopa do Pollo

Pollo
Tuzaros

Gañador
Shakhtar

Iso é todo e non hai máis. É todo o necesario para poñer a roda a xirar de novo, sacar clasificacións, pensar nos drafts e realizar probaturas competitivas ante a inminente saída do SUACI.

A cousa é que o CMF é baixa esta semana por viaxe de noivos, así que ao que se pode aspirar é a chegar á final da Kunka por unha rama do cadro, sempre que acodan Torpedo, Tuzaros, Asalta e Rif. Na Kopa do Pollo, a conclusión depende da presenza presidencial, tuzara e a nosa propia. Como ao Pollo o tivemos en mancomún, aínda que non veña poderíase rematar a competición. Así que a nosa oferta para liquidar a nosa parte do trato de xeito definitivo é a seguinte:

Quedada de tarde no Estado Chanel de Reiquiabic (Londres), hora a confirmar por Viqui. Se se apunta o Pollo, excelente. Se non se apunta, ofrecémonos a guialo nas semifinais e que os Tuzaros o guíen na final contra nós despois de seren eliminados. Tamén nos parecería válida a presenza dun terceiro calquera en representación do presidente.

Lembramos a todos que a versión actual é a hostia. E agardamos con ansia a nova competición. Un saúdo.
.

xoves, 28 de outubro de 2010

XORNADA ADIANTADA


SEDE:

Torre Chaoui (A partir das 16:30)

LOXISTICA:

1 Play, 2 Tivis

ALTAS:

Xaktar
Túzaros
Moraleja
Rif (probable)???




Convocatoria semanal

SEDE


ALTAS


BAIXAS

xoves, 21 de outubro de 2010

Convocatoria semanal

SEDE


ALTAS
Torpedo
Asalta
Pollo

BAIXAS
Rif
Babudos
MAG

DUBIDAS
Shakhtar

luns, 18 de outubro de 2010

Datos Kopa

KOPA

1/8.Ida. Che Marx 2 - 1 Der Torpeden
Suazo(Koller);Suazo;Poborski(M'Boma)

1/8.Volta. Der Torpeden 3 - 1 Che Marx
Crouch (Lahm); Crouch (Poborski);Suazo
Prórroga: Crouch (M'Boma)



1/4.Ida. Der Torpeden 0 - 2 Shakhtar
Stoichkov;Shevchenko

1/4.Volta. Shakhtar 1 - 4 Der Torpeden
Mutu(Yaya Toure);Yaya Toure (p.p.); Crouch (M'Boma);Pellisier (M'Boma); Pellisier
CA: M'boma

sábado, 16 de outubro de 2010

Fazaña e inxustiza

Chegou o valente Shakhtar a Zagreb para o confrontar ao Der Torpeden, orgulloso e eufórico vencedor do Che Marx na prórroga dos oitavos de final. E, nunha actuación moi meritoria, obtivo un xusto 0-2 gracias a Stoichkov e Shevchenko que mesmo chegou a facer aos rusistas pensar nas semifinais. Máis cando, chegando ao descanso do encontro de volta, no Durruti das desgracias, Yaya Toure atopou un oco para Mutu, que tivo o tino de superar a Pletikosa para establecer o 1-0, 3-0 no global. Pero a alegría dura pouco na casa do feble. Malia que os mangostas probaron e probaron a Pleti ao longo do partido (7 paradas do xigante croata, algunhas incribles) o segundo tempo comezou con gol de Yaya Toure na propia porta aos poucos minutos. O marfileño adiantouse a Yashin, Skrtel e Gallas nunha xogada sen participación croata. A partir de aí notáronse as diferenzas de calidade: seguinte chegada e golazo de vaselina de Crouch. Na próxima, impresionante volea de zurda de Pellisier. Con 1-3 e Mboma de organizador-pasador, o Der amarraba o pase e o Shakhtar volcouse con heroísmo sobre o inexpugnable Pletikosa, xerándose unha contra da que non saíron indemnes ao atopar Pellisier un rexeitamento na área para anotar o 1-4 definitivo. Media hora e tres oportunidades de gol abondaron ao Der para facer 4 tantos e desfacer as ilusións dun Shakhtar que chegou a pensar na clasificación. O fútbol é cruel e a moeda cae sempre do mesmo lado, como se fose un xogo trucado.

Montreal xa soña coa milagre na final da Kopa do Pollo, último encontro da tempada. Mentres, os sorrisos no bando de Zagreb quedaron xiados ao coñecer que o seu rival en semifinais será o Couto Mixto Fútbol. Para un peixe grande, sempre aparece un maior.
.

xoves, 14 de outubro de 2010

Convocatoria semanal

SEDE
O Estadio do Pobo está dispoñible. Supoño que preferirán unha sede na Coruña, pero que o saiban. (2 teles, 0 plais)
A Playa del Matadero tamén. (2 teles, 0 plais)
Torre de Chaoui (2 teles, 1 plai) - Improbable, agardando datos

ALTAS
Torpedo
Shakhtar (probable)
MAG
Rif
Asalta (Das 23:00 en diante)

BAIXAS
Pollo
Túzaros

NON SE SABE NADA
Ordem
Babudos

mércores, 13 de outubro de 2010

O Shakhtar volta á competición pola porta grande

Despois dun longuísimo parón, o Shakhtar tornou heroicamente ás competicións oficiais da WIFA. Primeiro para confrontar -tras superar nun grupo doado a Rif, Asaltacunas, Torpedo e Pollo- ao temible HSS nas semifinais da KP16. Co estadio ateigado, os pitufos do Asaltacunas plantaron unha sólida e solidaria defensa de 5, con 2 ou 3 axudantes na liña de destrución e dúas balas arriba. O Shakhtar controlou o xogo sen criterio, como tendo esquecido en qué consistía o invento. Ao longo do partido, os quebequeses dispuxeron dalgunhas ocasións máis que o rival, o cal resulta moi meritorio considerando as diferenzas de calidade entre uns e outros. No minuto 90 o marcador sinalaba un xusto 0-0 que a piques estivo de quebrar, poucos minutos antes, o dianteiro Luque, do HSS, que nunha acción vertixinosa controlou e enviou un terrible disparo ao poste, desde longa distancia. A prórroga discorreu máis ou menos igual, co dominio tan épico como tímido do Shakhtar. Até que, no derradeiro minuto, un erro en cadea da defensa non-canadiana acompañou a decididísima internada hispánica por banda esquerda: man a man, disparo axustado, gol case cantado e man salvadora de Yashin. Penaltis. E Shevchenko tirou fóra, pero Yashin detivo o seguinte. Así que a cousa, mal que ben, chegou con 3-3 ao quinto, cando Stankovic apuntou con decisión ao corpo de Palop, algo descentrado, e atinoulle. O porteiro, así e todo, botouse cara atrás ao recibir o impacto, rexeitando o esférico cara atrás e cara arriba e logrando o gol. Empatou o HSS, marcou Yaya Toure o 5-4 e o seguinte penalti foi fóra. Así, o Shakhtar facía historia ao vencer con dramatismo ao esixente HSS. Os de Montreal suman 16 finais en 16 tempadas e, cando menos por iso, poden estar contentos.

Despois chegaron os Babudos na eliminatoria de oitavos de final da Kunka. O Durruti presentaba un bo aspecto e o xogo foi algo máis vivo e interesante. Viuse a varios xogadores correr co balón, nunha e noutra dirección, distancias medias de 70 metros a uns 60 km/h. Nunha desas, Stoichkov chuzou. Despois Garrincha fixo algo parecido, apoiándose en Rooney. O segundo tempo dominouno máis ben o Shakhtar, que encaixou o gol da derrota nunha contra letal nos intres finais. 1-2. Tocaba remontar en Sierra Maestra, e Stoichkov chuzou dous goles nos primeiros 15 minutos (o segundo, todo hai que dicilo, de fermosa factura colectiva). A partir de aí, os Babudos dominaron e crearon ocasións infructosas durante os seguintes 45 minutos e, cando xa chegaban á desesperación, unha contra estúpida do Shakhtar rematou no 0-3 que case decidía definitivamente o duelo. Outro gol tonto de Stoichkov e un máis normal para rematar, puxeron fin a unha eliminatoria que concluiu con 18 disparos a gol por bando e o lóxico resultado de 6 a 2.

O Shakhtar está imparable, iso está claro. Ou, cando menos, é un supervivinte, afirmación totalmente vantaxista á vista dos resultados. Porque outras veces perde e non sobrevive.
.

venres, 8 de outubro de 2010

Como anda a cousa na WIFA?

Análise do estado da situación da WIFA. Tras un longo período de parón, provocado pola suma de moitos motivos pero, esencialmente, polas complicacións sistemáticas de comparecencia de Shakhtar, Tuzaros e Ordem. achegámonos por fin á finalización da T16. A LPU16 está rematada e a súa clasificación final, pendente de publicación. Ninguén ignora que o Asaltacunas foi o campión, unha vez máis, pero quizais alguén xa o esquecera. A Kopa presenta este cadro. A Kopa do Pollo, como a LPU, ten os resultados e as clasificacións por actualizar. Pero o cadro restante da mesma é ben sinxelo:

Semifinais

Shakhtar - HSS
Tuzaros - Pollo

O Shakhtar, como limitante habitual nas últmas datas, volve a ofrecerse para concertar cita con representantes de Babudos e HSS ao longo da ponte. A presenza do Torpedo e o CMF sería tamén útil e moi ben recibida. O Shakhtar non propón data nin lugar, pero fará o posible por adaptarse aos propostos polos seus rivais, preferblemente en horario diurno. Tamén se desexa expoñer desde aquí a posibilidade de organizar unha xuntanza estraordinaria, con todos os equipos posibles, antes da fnalización da citada ponte, comezada coas festas kinitas e que concluirá con celebración do asaltacunismo.

En canto conclúa a tempada -modélica no eu momento, caótica e deslabazada no desenlace-, todas as clasificacións serán actualizadas, económica incluída.

A competición pitufa, pola súa banda, presenta o problema de que se bota en falta a publicación dos resultados de, cando menos, un torneo, gañado polos Netos do Rif. Polo demais, hai tempo que require dunha actualización clasificatoria. Como avance, pódese dicir que Bloco, Netos, HSS e Durrutinhos compiten aínda pola cabeza, cos rivais a grande distancia. Crese que o Bloco é o líder, pero ignórase se en solitario.

T17

Con independenza da maioritaria euforia que provocou a lectura inicial do novo convenio, foron xurdindo desde diversas fontes algunhas cuestións que pasamos a expor. Esperamos que queden resoltas o máis pronto posible de tal maneira que, tan pronto remate a T16 e o SUACI fique adaptado ao novo convenio (traballo xa en curso, informan en Monte Alto), poda dar comezo a agardada e prometedora T17.

1) Posibilidade de baixar os equipos a 100 rublos.

Si: MAG
Non: Rif, Torpedo, Asalta
Abstencíon: Tuzaros, Shakhtar

2) Posibilidade de igualar equipos, independente da anterior.

Si: Rif, Shakhtar, MAG
Non: Torpedo
Abstencíon: Asalta, Tuzaros

3) Posibilidade de modificar o sistema económico, se se igualan equipos. Obxectivo: reprimir a acusadísima tendenza, malia as continuas melloras do sistema económico, de que os mellores adestradores conten con moi superiores planteis.

Si: Shakhtar, MAG
Non: Rif, Torpedo
Abstencíon: Asalta, Tuzaros

4) Proposta concreta para o anterior: cada equipo, agás os 3 máis ricos, poderá decidir, a principio de tempada, que porcentaxe de beneficios/perdas por partidos quere que lle sexa aplicado. Isto é: se un equipo sospeita que vai perder moitos cartos, poderá escoller que os seus resultados vaian ao 40%. Deste xeito, se finalmente obtén un balanzo de +5 en partidos, quedaralle reducido a +2. O mesmo no caso de que tivese, como agardaba, perdas, que pasarían de -5 a -2. Evidentemente, pódese votar que si á pregunta 3 e que non a esta.

Si: Shakhtar
Non: Torpedo, Rif, MAG
Abstencíon: Asalta, Tuzaros

5) Posibilidade, en calquera dos casos, de reducir a diferenza entre o clube máis rico e o máis pobre dos 20 rublos actuais a 15.

Si: Rif, Torpedo, MAG
Non: -
Abstencíon: Asalta, Tuzaros, Shakhtar

6) Posibilidade de reducir esa diferenza a 10.

Si: MAG
Non: Torpedo, Rif
Abstencíon: Asalta, Tuzaros, Shakhtar

7) NEW! Valor fixo para os equipos (con ou sen pequenos incentivos por logros)

Si: Asalta, MAG, Torpedo (só se se igualan porque blablabla)
Non: Rif
Abstencíon: Shakhtar

BEN SEI QUE HAI ALGUNHAS PROPOSTAS MÁIS, PERO AGRADECERÍA QUE SE ME LEMBRASEN POR ESCRITO. COMO, POR OUTRA BANDA, PARECE QUE A XENTE COMEZA A POÑER CLÁUSULAS NOS VOTOS QUE DEPENDEN DA CRONOLOXÍA DA VOTACIÓN, IGUAL É MELLOR FALALO. A MIN DÁMEVOS O MESMO, É SÓ UNHA IDEA. EU SIGO CONTANDO VOTOS.

Desculpen as omisións doutras propostas xa feitas e non recollidas no presente documento. Por favor, síntanse convidados a lembrárnolas e tamén a propoñer outras novas, tanto na liña das existentes como en calquera outra. Todas as propostas serán recollidas coa maor puntualidade posible.

Grazas pola súa atención.

Atentamente

A secretaría da WIFA ao completo, de regreso de Honolulú.
.

xoves, 7 de outubro de 2010

Convocatoria semanal

Tal como está a cousa semella que a liga/copa en curso vai para largo, mais iso non impide xogar a un xogo de fútbol.

SEDE


ALTAS
Torpedo
Asalta (se é cedo, disque que entra a traballar o sábado ás 7)

BAIXAS

mércores, 6 de outubro de 2010

Crítica de ficción

O rádar é anano. A valoración dos xogadores no menú de tácticas é anana tamén. Non se ve. Non se sabe cando ten un o equipo ao ataque, porque tampouco se ve e o cansanzo dos xogadores é tamén un misterio porque... tampouco se ve. Facer un regate correndo equivale a unha maratón; o autor do mesmo túmbase cando o acaba, bebe e, con frecuencia, é trasladado en helicóptero ao hospital. Os tiros son moi frouxos ou van a burgos con nada e os centros, cuestionables. Non mola nada o movemento de cámara, particularmente ridículo no saque de centro. Localizar a un xogador para rexistralo é máis difícil, e isto non é trivial: xa non che din en que equipo está cando o buscas na selección, seica. As cubertas do Estadio Konami son pouco cribles. Iso, un destes días, cae: un voladizo de considerables dimensións apoiado duns pauciños que fan tamén de apoio aos tirantes...

Este crítico aínda non tivo tempo para acceder a outros datos tales como o menú de tácticas, a carallada esa dos regates pesonalizados e outros aspectos esenciais. Só sabe, neste campo, que as novas complexidades introducidas poden facer os partidos contra o MAG un suplicio dos autténticos.

O demais, todo ben; aparentemente. Xa veremos. 5,95/7.
.

venres, 1 de outubro de 2010

Convocatoria

A darlle caña ó novo Will, que semella que promete moito.

Sede:

Arraiano ou Chaoui?


Altas:
Torpedo

Baixas:
Shakhtar
MAG
Túzaros
Asalta
Pollo

Dúbidas:
Rif (di que ten gripe oiches)

É importante que algún dos que estades na Coruña vos acheguedes a coller o xogo comunal a casa de Dani.