xoves, 7 de agosto de 2008

10 preguntas a Fabio Cannavaro (Italia - Ordem e Progresso)

(Marko Czalic - Montreal)

Hai xa tempo que non se escoitan valoracións de Dino Zoff respecto do rendemento defensivo do equipo pero, contra o que pode parecer analizando a situación clasificatoría do Ordem, os problemas dos arraianos non están na liña defensiva. Levan concedidos 23 goles na LPU, cando a media total de goles encaixados polos equipos é de 23´5. Indo totalmente contra a tradición, o que separou este ano -até o de agora- aos de 'Ginzo' de acadar mellores lugares está na cifra de goles anotados: só 16. E isto malia que tanto Sand como Bergkamp están a completar unha tempada ben valorada pola bancada limiá e son ben secundados no numérico por Gudjohnsen e Malbranque. U-lo problema? No mediocampo, sen dúbida. Na dificultade para coseguir o dominio do xogo e chegadas a un ritmo máis continuo. Na defensa do Ordem participa o equipo completo. No ataque, só uns poucos. Nesta tempada de italianización masiva do clube, consultamos cun dos líderes do vestiario -e sobre o campo- estas e outras cuestións de carácter máis morboso.

(nota de Galeano: para comprender melhor o texto substituam-se os pontos (...) por mímica).

1. Ciao, Paolo, digo Fabio, que Paolo xa non está no equipo, non é?
- Ciao...Convencerom-me para ficar numha equipa modesta coa promessa de que viria il mio fratello... Isso sim nom me prometerom por quanto tempo..Foi o último em arrivare e o primeiro em marchar...

2. E iso, como foi?
- O Zoff explicou-me que preferiu trair um calciatore attaccante já que havia muitos difensores... agora quere centrocampistas...

3. E a vostede seguro que non lle sentou alá moi ben, claro... está molesto?
- Sim, la famiglia...para um napolitano sempre é muito importante... sabe?

4. Xa vexo. E ten algunha mensaxe para a 'xunta xestora'?
- Nom, eu nom dou mensagens... o que tinha que fazer-se já esta feito... capicci?...

5. Quen cre que foi o 'cancro' do equipo este ano? Tardelli? Paolo? Un estranxeiro?
- La nostra squadra é umha grande famiglia... non siga por esse caminho... é um bocado pericoloso...

6. Vostede é un piar dentro deste equipo. É por iso que non son quen de subir máis alto? Por medo a chocar co teito?
- ha, ha... Ah, la stampa esportiva... sempre tam aguda...
Os serviços médicos da squadra receitaram-me durante um tempo hormonas do crescimento...

7. Cando?
- Nada mais chegar a Ginzo... Mas nom tiveram efecto...

8. Non diga... vaia por deus...
- Nom tem importancia... Ganhei o posto na squadra e os novos médicos som bons ragazzos...

9. Vota de menos a Messi?
- Dize-lo polo das hormonas... e por ser mais piccolo que io?... mas che cosa?.. va fan culo!... miserable!... mas tu que andas a buscar eh?... sabes com quen tu estas a parlare?... Io sono um profissionale!... Mereço respetto!..Es mezzo stupido?...

10. Si, xa o sei, pero na fala apenas se nota, que quere que lle faga?
- Ciao, buffone!... Vafan culo!!...

11. Ei, non marche. Non, nada, é por dar a nota. A ver, que pense... Títulos. Cando e como?
- Arrivedercci gracioso... Aproveita el tuo tempo, nunca se sabe...

Grazie, Fabio.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Si, grazie. Voute denunciar á asociación de imprensa por ameazas. E esa si que é unha "famiglia", no sentido siciliano do termo. Non volverás ver a luz do sol. Mascalzone.

Pasando a outra cousa, creo que a redacción ten que resolver un asuntiño da crónica de sociedade (e de "un anaco de historia" e de...) en fin, acumulando retrasos, como sempre, e esperando que veña tamén o de sempre a facer o chollo e salvarlles o pescozo. Pois van de cu.

Anónimo dixo...

Ma que cosa, non comprendes o falare italiano. O Cannavaro este é un bromista. Dígocho eu, que lle aprendín todo o que sabe.

Anónimo dixo...

Nin bromista nin hostias. Boicot a Caranavo. Boicot!

Anónimo dixo...

Que pesado está o Czalic!!

Anónimo dixo...

Taborda?

Anónimo dixo...

Si, Taborda, meu. Agora nos veñen con portugueses uruguaios. Pois van dados, porque o meu queixo é balcánico. Non poderán comigo. Son máis grande que eles. Son máis grande que a LPU. Son máis grande que a WIFA!