(Marko Czalic - Montreal)
O Shakhtar está a facer unha extraordinaria tempada sobre o céspede; unha aproximación ao fútbol total, co colectivo como base. Trece goleadores e once pasadores dun total de 16 xogadores de campo avalan a aposta de Moore-Clemente polo equipo. Malia o extraordinario ambiente que reina en Montreal pola volta dos seus ao primeiro plano, o certo e que a nivel de títulos a cousa segue estancada. Dúas boas competicións kopeiras, nas que o Shakhtar eliminou un tras doutro a todos os seus rivais na loita pola LPU foron truncadas por Asaltacunas moi preto do final. Os mangostas encaran as últimas xornadas da liga coa fin de unir outra LPU ao seu palmarés e pechar 3 anos "en branco", desde a T3 do doblete. Pero os seus 3 rivais para o título, Torpedo, Pollo e P. Clash son 3 grandes competidores que aínda non gañaron ningunha LPU e han apretar os dentes até o último minuto.
Enfrontámonos hoxe a Alexander "Útil" Hleb, unha das revelacións da tempada. É o atacante total dos seus, se ben por moi estreita marxe, e deu un rendemento moi alto, sobre todo considerando que el descoñecía o significado do termo. Así gañou o seu alcume, que pasea orgulloso polas rúas de Montreal, onde a xente o para para lle dicir cousas en inglés e francés; cousas que el non entende.
1. Hola. Dunha vez por todas e, por quitar a cuestión do medio, como se pronuncia o seu nome?
Alexander.
2. Ah, si?
Si. Non é tan difícil. Practicamente en todas as linguas de Europa hai un nome semellante.
3. Vale, comprendo. É certo o que se di de vostede?
Non.
4. Xa, xa... pero eu referíame a... (o entrevistador fai un significativo aceno)
Ah! Si, iso ten parte de certo.
5. Oh! Vaia... Coff, coff (bebo) ... E como é ser bielorruso?
Pois é como ser ruso, pero máis. HAHAHAHA Ai... HAHAHA Non, ho! Era unha broma. Ademais Mostovoi xa demostrou que iso era imposible. Mostovoi, Karpin e Gagarin. HAHAHA Que graza! Non, agora a serio. Non é como ser ruso, pero máis. É como ser ruso, simplemente.
6. Podo marchar?
Son 10 preguntas.
7. Vaime matar?
Non... que barbaridade! Vaia, non creo... Tería que meter moito a zoca nas 3 preguntas que restan. E non o vai facer, verdade?
8. Pois... é que non sei como se mete a pata con vostede... Pode darme algunha pista?
Ah, non. Xogo limpo. Prefiro que sexa unha sorpresa. Pero non se preocupe, elle ben doado de conseguir.
9. Como ve a liga?
Que?
10. Que lle parece o seu alcume, "Útil"?
Home moito non. Xa teño un nome e total serven para o mesmo.
E dez!
3 comentarios:
Sir David Attenborough nos los explica:
http://www.youtube.com/watch?v=usJIAtgLojw
Pois eu nin coa explicación de Sir David. Curioso tipo o Hleb este.
Creo que a explicación dos sires é polo do fútbol total. É outro xeito de velo. Bonhof mesmo sae favorecido. Polo demais, 'Útil' actúa so.
Publicar un comentario