sábado, 16 de agosto de 2008

Terrorismo anarquista!

(Marko Czalic - Montreal)
Mentres algúns elevan as voces con indignación -para despois unirse ao inimigo imbatible- na busca de restricións normativas, novos regulamentos, prohibicións e burocracias varias que axuden a evitar o retorno masivo á WIFA dos cracks do absurdo, dous clubes desmárcanse desta política pola vía activa e sen acordo previo. Os rivais eternos de Caldback e Montreal, baixo a consigna tácita "Nin un rublo para o Sistema", levan ás súas costas unha marca de saqueo de rublos que bordea o imposible: ninguén, durante toda a T6 e o que levamos de T7, gañou un mísero rublo a costa de Partisano ou Shakhtar. O sistema viu desaparecer 26'5 rublos a mans destes revolucionarios en xira permanente durante pouco máis dunha tempada, e ademais deixou de gañar outros 18. O clímax chegou no duplo derbi kopeiro que os confrontou na T6, cando ambos gañaron no terreo do rival. "É moi sinxelo" -comenta Tuncay Sanli, buscando novos adeptos para a súa causa-, "se non lles gusta que isto se convirta nun circo, gañen fóra sen parar. Está na súa man". Outras fontes do Shakhtar aseguran ignorar se en Caldback persiguen os mesmos obxectivos ou se trata dunha simple casualidade pero, como di Tuncay: "un matemático do nivel de Bouba Diop podería explicarlles de xeito sinxelo que estes datos desafían por completo á casualidade; os escoceses son un pouco brutos e a súa ideoloxía peca algo de aldeanismo. Pero respectamos a súa loita, que é a nosa". Non sabemos aínda como rematará esta -polo momento- igualada loita contra os patrocinadores da LPU, insufladores de rublos para promover o "espectáculo-hamburguesa".
No puramente deportivo, todo segue igual por Montreal, aínda cunha importante baixada goleadora, tanto en prol como en contra. O Durruti segue errático, pero os mangostas sempre desembarcan sorridentes no aeroporto cando voltan de visitar un estadio estranxeiro.
X2. Shakhtar-Tuzaros
Partido duramente competido no mediocampo, no que os victorianos montaron unha profusa rede de sabotaxe derredor de Dammasson. Só unha excelente internada de Park finalizada por el mesmo aos 10 minutos do segundo tempo puido desnivelar un partido que parecía destinado ao empate (1-0).
X5. Shakhtar-Gloria
Partido perfecto dos visitantes, o primeiro equipo que conseguiu aproveitar tacticamente de xeito manifesto a defensa adiantada de Alan Moore. Milla, con desmarques, e Eusebio con 2 goles moveron o marcador dun partido até entón moi equilibrado. O Shakhtar empeorou o seu movemento de balón, o que resulta especialmente grave pare un equipo que propón todo o xogo no campo rival. Unha exquisiteza de Edu e Barbarez pechou o marcador (0-3). Nos derradeiros minutos, o Shakhtar atrasou liñas para tentar calmar a situación e conseguiu un par de leves aproximacións.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Menudo bombardeo de crónicas. Felicidades a todos, para resumir. Gran trabajo.

Debido a la ausencia del Suaci en las próximas dos semanas, se ha jugado hoy el partido Gloria-Suaci, de la jornada 6. Resultado final: 1-0. Rublos para el Trono de Rublos.

Anónimo dixo...

Gol de Eusebio.

Anónimo dixo...

Excelente, o seu último comentario.

Tocante ao primeiro, gracias. Os demais seguimos a agardar por Julio. E pola misiva narcotizante de despedida de Jorge.

Entretanto podería vostede encargar un corpo de policía privado, se quere seguir coa amasada monetaria. E cámaras de seguridade.

Algunhas informacións engadidas pola secretaría, en orde cronolóxica:

O gol 200 do Torpedo foi cousa do goleador deste equipo no partido da 4ª xornada da T6 desputado en Caldback (2-1). Na actualidade, os croatas suman xa 246 dianas. Desculpen as omisións a este respecto. Recoméndase que, no futuro, permanezan atentos á publicación dos totais goleadores dos seus equipos para preguntar polas efemérides nun período no entorno do razonable (neste caso a pescuda non foi tan difícil, pero calcular por exemplo o gol 200 de Asaltacunas (287 ao remate da T6) ou Gloria (255) resulta moi difícil. Agora que o penso, Asaltacunas FC está actualmente en 295, e Ordem e Progresso en 196. Avisado queda.

Thierry Henry anotou o gol 100 de Che Marx.

Nelson Cuevas anotou o gol 2000 da WIFA.

Ecos de sociedade

Jebewalrus, recente reimpulsor do proxecto Análisis, completou outra volta ao Sol durante a xornada do pasado venres.

Anónimo dixo...

glu, glu, glu... glu, glu.........
......................

Anónimo dixo...

Preocúpame esa última liña... a que só ten puntos... non lle pasaría nada ao Jorge, ou?

Por outra banda, que vos parecería baixar de 15 a 10 rublos a marxe sobre o último para que o beneficio sexa da metade?

Quero dicir, segundo esta proposta, todo aquel que chegue ao ecuador con 10 ou + rublos que o último da C.E. deberá devolver a fin de tempada a metade dos seus beneficios.

Anónimo dixo...

A mi no me parece mala idea. Todo lo que sea restringir algo la acumulacion de rublos en los equipos de arriba para evitar la concentración de monstruos de segunda generación me parece bien.

Además, cuanto más igualados estén los equipos, en teoría más igualada estará la liga.

Anónimo dixo...

No, si aqui la gente reacciona cuando tiene el agua al cuello. Como veais. Yo paso de proponer nada, visto cómo ha acabado mi media docena de propuestas para limitar los equipos.

Rapajk dixo...

De entrada eu non faría esa reducción de 15 a 10 porque:

- Xa se baixaron os beneficios/perdas a 1,5.

- O desta tempada foi un caso un pouco particular, xa que a xente aprendeu a rendabiliza-los rublos segundo o novo sistema, non creo que o ano que van vaia pasa-lo mesmo nin nada semellante.

- Eu agardaría. Se a finais de ano vese que é algo necesario, dacordo.

Anónimo dixo...

Pois eu propúñao precisamente -en parte- debido á redución do número de rublos a gañar/perder por partido. Agora unha distancia de 15 rublos entre dous equipos, xa de por si bastante grande, é máis grande -non a efectos de plantel, desde logo, pero si a efectos de "recuperación", tanto se baixan os de arriba como se suben os de abaixo, pois ambos procesos se darán máis a modo que antes-. A medida do 1'5 non é necesariamente perxudicial para o sistema: se un ano dá saldo negativo, o que é tan fácil -penso- como que dea positivo, baixará menos que antes.