luns, 1 de setembro de 2008

Favalli: Novas do Torpedo

(Redacción)

Giuseppe Favalli, segundo adestrador do noso clube, falou cosnnosco hoxe á tardiña sobre a actualidade do Torpedo.

Boas, Don Giuseppe. Graciñas polo seu tempo.
'Bona sera', non hai de que, graciñas a vós.

Como vai a cousa?
Bastante ben, terceiros na LPU e con opcións nas Kopas. O míster está a insistir moito en que o clube ten que seguir crecendo e o mellor xeito sería gañar un título. A LPU son palabras maoires polo momento, ainda que aí estamos, asi que o obxectivo é ir a por algunha das Kopas, segundo nos dixo.

Non se moleste, mais... aquí faise o que di Boniek, que función ten vostede?
Bueno, a miña labor é moi importante, xa que como el non confía nas grabacións programadas, teño que grabar os encontros en DVD para revisalos despois.
Sei que hai xente que di que eso non é traballar. Non teñen nin idea. Hai que darlle ó botón axeitado no momento axeitado. Non é coma sachar. Cando sachas non hai que ter en conta o intre nin a pulsación. De calquera xeito estás críticas veñen de fóra, dos inimigos do Pobo. Eiquí todos aprecian o meu traballo.

Comprendo, bota de menos a Italia?
Ahh, 'la grande Italia'. Non crea. Alí andan as cousas moi mal, mire a quen temos de presidente. Mellor aquí. E cando quero ver á familia nunha carreiriña de can xa estou alá.

Haberá novidades no draft de inverno?
De certo que si. Non quero adiantar nada, mais seguramente vira á escadra un xogador italiano chamado Bruno Conti, zurdo e veloz. Mais, como xa dixen, prefiro non dar datos ata que estea todo feito. Asi de paso dámoslle unha sorpresa ós nosos siareiros.

Pois nada, graciñas e sorte.
De nada, deica logo! (...)

Ei, onde foi? Don Giuseppe? Se o tiña diante miña agora mesmo...

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Gran Favalli. Pura magia.

Anónimo dixo...

Estame gostando esta neotradición de ocultar as intencións cara o draft. Certo é que o seu clube xa tiña tradición en ocultar fichaxes e intercambios, pero así e todo esta nova práctica é interesante. A ver se cunde o exemplo.