sábado, 29 de novembro de 2008
Outra volta en Montreal
Concluiu a primeira volta da T8 no Etade Durruti. Aínda que non tanto como outras tempadas, o certo é que o Shakhtar mantén a súa tradicional dificultade para gañar na casa, algo que congrega máis público do esperado. Os seguidores deste clube son especialmente felices visitando o seu estadio cando non saben que resultado agardar. E, hoxe por hoxe, iso é algo que teñen garantido. Seis partidos desputaron os montrealinos como locatarios nesta primeira metade da tempada -réstanlles, pois, 5 de LPU- e, como sempre, deberán confiar nos resultados que poidan obter fóra do Quebec ante Babudos e Clash para definir os seus obxectivos reais de cara á segunda volta.
X1. Shakhtar-MAG
Partido inaugural da LPU8, intenso e desputado. Aos 65 minutos, Rosicky, que semella máis afinado que na T7 -a paciencia con el resultou acertada- provocou unha falta. Mutu, a reincorporación estrela desta tempada, executou con mestría para desfacer o empate. Poucos minutos despois, o romanés rematou coas esperanzas de igualada do reencarnado Swazi cunha espléndida xogada individual que el mesmo finalizou (2-0).
X6. Shakhtar-Asalta
As defensas impuxéronse aos ataques, por regra xeral. E houbo un tempo para cada equipo. Queren máis tópicos? O encontro no que se xuntan 12 títulos non deu, en suma, a talla do que se debe esperar deste partido. Asaltacunas comezou mellor e o inspiradísimo Diego Milito gañou a acción a un pobre Grygera (Maldini é baixa unha e outra vez) para bater doadamente a Niemi. O Shakhtar non pasou máis apuros serios exceptuando a súa incapacidade para combinar, ante a continua anticipación das liñas de contención arxentinas. No segundo tempo, a mellora defensiva dos locatarios traduciuse nun xogo algo máis cómodo para eles e algo máis a contrapé para os visitantes. Ante o frouxo partido de Owen, foi unha boa combinación entre Heinrich e Mutu -tras un roubo do primeiro na liña de medios rival- sorprendentemente finalizada polo propio alemán, a que decidiu a sorte do partido (1-1).
X2. Shakhtar-Rif
Nun duelo de goleadores, Güiza abriu sorprendentemente o marcador para os rastafaris, a sensación do campionato. No segundo tempo, Vialli colocou desde a frontal un excelente remate que supuña o gol 400 para o Shakhtar. Os mangostas colleron entón o control do partido, pero un erro de Ignashevich foi aproveitado por Güiza, novamente, con enorme precisión. O Shakhtar loitou até o final por non ver torcido o seu camiño e Vialli marchou só cara a porta no minuto 90. Yobo sacou o sacho e viu o cartón vermello directo, que podía pagar a pena se salvaba o resultado. O Shakhtar tirou de precisión e, coa baixa de Mutu, Arshavin executou o lanzamento que o porteiro enviou ao recuncho. De novo Arshavin se responsabilizou do balón parado e Vialli anticipouse con forza no primeiro pau para igualar o partido e a Güiza (2-2).
X8. Shakhtar-Análisis
Malia un arranque dominador dos procesadores, a partir do minuto 10, aproximadamente, viuse un bo partido do Shakhtar no que se adiantou con gol de Owen e non pasou apuros até que decidiu sentencialo por medio de Mutu, xa preto do final. A partir de aí, Marcelinho recurtou a diferenza e os rusistas pasaron algunhas dificultades para preservar o trunfo (2-1).
X4. Shakhtar-Torpedo
Este será un dos mellores partidos da presente liga. Un encontro serio, mais de xogo fluído, combinación e grande emoción. Mutu adiantou aos seus cun remate dentro da área antes de que Dzajic collera o mando das operacións. O Torpedo tirou do serbio unha e outra vez para desnivelar, aos puntos, o primeiro período en favor dos nosos. No marcador, empate a 1 tras o magnífico disparo de Van Bommel, que anotaba o gol 300 do Torpedo. O segundo tempo viu reaxir a un Shakhtar tremendamente inspirado que atinou a adiantarse de novo a 12 minutos do final nunha boa xogada na que Mutu asistiu para que Vialli convertese con contundencia. Pero o Torpedo non se rendeu e, contra a fin do partido, atopou un desaxuste na defensa locataria para que Dzajic, moi seguro, encarase e resolvese. Excelente encontro (2-2).
X10. Shakhtar-Ordem
Por dicilo vulgarmente, unha inxustiza. Pero é o que hai neste deporte e a este nivel. Espléndido primeiro tempo dos locais, do que é difícil lembrar algo que non sexan remates e máis remates sobre a porta de Cech. Remates errados, quérese dicir. Coa convición de que máis non podían facer que seguir igual, os locatarios atoparon un rival máis resistente no inicio do segundo tempo. O Ordem avisou cunha boa chegada e a calidade de Bergkamp e Solskjaer permitiulle anotar nas dúas seguintes. Os de Xinzo aproveitaran o seu momento. De aí até o final, con Park e Arshavin hiperactivos, reproduciuse o escenario da primeira parte. Só o ruso foi quen de bater finalmente a Cech, pero xa no minuto 92, na enésima oportunidade, no que pareceu unha broma do destino. Os puntos voaron de Montreal, alonxando polo de agora ao Shakhtar das posicións cabeceiras (1-2).
Última hora! Clasificación automática
|
| CLASIFICACIÓN LPU8 | X | G | E | P | F | C | P | D | R |
| 1 | Gloria y Honor | 11 | 7 | 3 | 1 | 18 | 7 | 24 | 11 | 3,0 |
| 2 | Asaltacunas FC | 11 | 6 | 4 | 1 | 17 | 10 | 22 | 7 | 4,5 |
| 3 | CG Fillos do Rif | 10 | 5 | 2 | 3 | 12 | 11 | 17 | 1 | 6,0 |
| 4 | Shakhtar de Montreal | 9 | 4 | 3 | 2 | 18 | 11 | 15 | 7 | 2,5 |
| 5 | Partisano Clash | 8 | 4 | 3 | 1 | 11 | 7 | 15 | 4 | 1,5 |
| 6 | Torpedo Zagreb | 9 | 4 | 2 | 3 | 12 | 8 | 14 | 4 | 1,5 |
| 7 | Análisis Matemático | 11 | 4 | 1 | 6 | 20 | 20 | 13 | 0 | 4,5 |
| 8 | Pollo FC | 10 | 2 | 5 | 3 | 12 | 19 | 11 | -7 | -3,0 |
| 9 | Monte Alto Gunners | 7 | 2 | 2 | 3 | 11 | 14 | 8 | -3 | 1,5 |
| 10 | Babudos FC | 10 | 2 | 2 | 6 | 7 | 13 | 8 | -6 | -3,0 |
| 11 | Ordem e Progresso | 8 | 1 | 1 | 6 | 8 | 16 | 4 | -8 | -3,0 |
| 12 | Túzaros de Reiquiabic | 8 | 0 | 2 | 6 | 6 | 16 | 2 | -10 | -4,5 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
martes, 25 de novembro de 2008
Grabado en Piedra

Unificación?
Semella que vai haber arrexuntamento:
Castelo
Gloria
Torpedo
Clash
Tuzaros
Análisis
Pollo
Rif
Babudos
Asalta
Baixas
Ordem
Shakhtar
MAG
Gracias pola súa profesionalidade. Un saúdo.
Actualización. Vai por ti, Sebastian!
|
| CLASIFICACIÓN LPU8 | X | G | E | P | F | C | P | D | R |
| 1 | Partisano Clash | 8 | 4 | 3 | 1 | 11 | 7 | 15 | 4 | 2,0 |
| 2 | Shakhtar de Montreal | 7 | 4 | 2 | 1 | 15 | 7 | 14 | 8 | 5,0 |
| 3 | Gloria y Honor | 7 | 4 | 2 | 1 | 14 | 7 | 14 | 7 | 2,0 |
| 4 | Asaltacunas FC | 6 | 4 | 2 | 0 | 10 | 6 | 14 | 4 | 2,0 |
| 5 | CG Fillos do Rif | 9 | 4 | 2 | 3 | 11 | 11 | 14 | 0 | 6,0 |
| 6 | Torpedo Zagreb | 5 | 3 | 1 | 1 | 8 | 3 | 10 | 5 | 4,0 |
| 7 | Monte Alto Gunners | 7 | 2 | 2 | 3 | 11 | 14 | 8 | -3 | 2,0 |
| 8 | Análisis Matemático | 7 | 2 | 1 | 4 | 13 | 15 | 7 | -2 | 0,0 |
| 9 | Babudos FC | 6 | 1 | 1 | 4 | 5 | 9 | 4 | -4 | -2,0 |
| 10 | Pollo FC | 5 | 0 | 3 | 2 | 3 | 9 | 3 | -6 | -4,0 |
| 11 | Túzaros de Reiquiabic | 8 | 0 | 2 | 6 | 6 | 16 | 2 | -10 | -6,0 |
| 12 | Ordem e Progresso | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 6 | 1 | -3 | 0,0 |
|
|
|
| LIGA | |
|
|
| G |
| P |
| 1 | D. Milito | 6 | Boniek | 3 |
| 2 | Eusebio | 5 | Carew | 3 |
| 3 | Kaka | 5 | Deisler | 3 |
| 4 | Carew | 4 | Agüero | 2 |
| 5 | Mutu | 4 | Arshavin | 2 |
| 6 | Romario | 4 | Berbatov | 2 |
| 7 | Anelka | 3 | Grosso | 2 |
| 8 | B. Ferguson | 3 | Hugo Sánchez | 2 |
| 9 | Berbatov | 3 | M. Petrov | 2 |
| 10 | Burruchaga | 3 | Okocha | 2 |
| 11 | Deisler | 3 | Seedorf | 2 |
| 12 | Hugo Sánchez | 3 | Stoichkov | 2 |
| 13 | Klose | 3 |
|
|
| 14 | Vialli | 3 |
|
|
| 15 | Zamorano | 3 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| AT. TOTAL | AT |
|
|
|
|
| (PTOS) |
| CA |
| 1 | Carew | 10 | De Rossi | 2 |
| 2 | Deisler | 9 |
| PRIM |
| 3 | Berbatov | 7 |
|
|
| 4 | D. Milito | 7 | Chivu | 5 |
| 5 | Eusebio | 7 | S. Ramos | 5 |
| 6 | Hugo Sánchez | 7 | Yobo | 5 |
| 7 | Kaka | 7 |
|
|
| 8 | Stoichkov | 7 |
|
|
| 9 | M. Petrov | 6 |
|
|
| 10 | Mutu | 6 |
|
|
| 11 | Boniek | 5 |
|
|
| 12 | Zamorano | 5 | ||