mércores, 6 de agosto de 2008

10 preguntas a Pedro Munitis (España - Che Marx Ltd.)

(Marko Czalic - Montreal)
Pedro Munitis debutaba este ano nas competicións de clubes da WIFA coa ilusión dun xuvenil. A españolización de Asaltacunas FC e o axuste do mercado de prezos dábanlle por fin a oportunidade de probar a súa valía no máximo nivel, cando menos no referente a clubes: Munitis foi internacional coa súa selección en varios períodos interrompidos. Ao longo da tempada, o pequeno estremo esquerdo foi o suplente habitual de Reyes nos pedofáns, e malia participar só de cando en vez logrou anotar un tanto en Kopa, ademais de dar unha asistencia na liga. Achegándose ao remate da tempada coa sensación de ter cumprido no seu rol individual dentro da maquinaria colectiva e con esperanzas aínda de poder desputar a final de Kopa, chegou o sorprendente traspaso do cántabro ao Torpedo Zagreb, trocado por Fran. Probablemente, confusión aparte, o rapaz tentou valorar pros e contras dun destino sobre o que non tiña moita marxe de decisión: abandonaba un clube do seu país para viaxar ao leste comunista; deixaba un equipo cun extraordinario palmarés por outro que o tiña por estrear. Pero as vantaxes, carisma aparte, eran evidentes: deixaba a loita pola Kopa para meterse na loita pola LPU; convertíase no mellor volante esquerdo dun conxunto que acumula por esa banda tal tradición, tales nomes, que o simple reto basta para encher a carreira dun futbolista. E, ademais, escapaba do rango de influencia dos equipos mercantilistas. Non corría o risco de que se repetise unha situación como a vivida. Disposto a asumir un compromiso colectivo, máis que nunca; disposto a morrer polo Estado; disposto a dalo todo, Munitis colleu os billetes e dirixiuse ao aeroporto. Corenta e cinco minutos máis tarde embarcaba cara unha zona indeterminada, no cordal de Sierra Maestra, en Cuba, convertido en babudo. O soño de xogar no noso lendario Torpedo esvaera. Pero unha nova perspectiva se abría. Nunha decisión tremendamente polémica, Boniek xogou a tres bandas para conseguir a Ashley Cole, e Munitis, confuso como nunca, dirixíase a outro grande reto: axudar a Che Marx a saír das fonduras da selva.


1. Boas, Pedro. Diga, como se sente?
Boas Marco. Pois a verdade e que un pouco mareado con tanto viaxe. Teña vostede en conta que fai dous días estaba tranquilamente na miña casiña de Santander, coidando da miña plantación de Melóns, e en tan pouco tempo pasei de ser Comunista de pro a ser Comunista Empresarial. Supoño que o cansanzo está explicado polo 'jet lag' dende a dereita á esquerda, hehehe. Pero en fín, parafraseando ao meu vello, 'Jodido pero Contento'

2. Xa, pero dá a impresión de que os clubes lle outorgan máis valor como obxecto que como futbolista... De verás lle deu a vostede isa impresión?
Pois a verdade....non entendo o porqué, JA. (Notouse moito que pretendía ser sarcástico?)

3. Que lembranzas leva da súa etapa no Torpedo?
Oh bon, a verdade e que en Zagreb haille cousas ben fermosas.....as pistas do aeroporto, as azafatas de Zagreb Airlines, e o que me deixou fondamente impactado foi a tenda Dutti Free que tiñan alí...iso si que eran prezos e non os da tenda do meu barrio.

4. Está contento de rematar por fin nun clube con verdadeiras convicións políticas?
Pois mire, si. Chegados a este momento da miña existencia penso que non podería estar en mellor lugar que este. As vistas en Sierra Maestra sonlle impresionantes, os lugareños sonlle do mais simpatico e a idea de Comunismo Empresarial é, sen dúbida, un grande atractivo deste clube......vamos, que iso de ser guay porque o pobo o merece todo está moi ben, e mais cando logo a tua conta corrente vai crecendo desa maneira, hehehe.

5. Que lle dixo o Bican? Que se agarda de vostede en Cuba?
A verdade e que o míster inda non falou comigo. O outro día, no entrenamento, achegueime a él a saudalo e mirou cara o Comandante Guevara cunha cara un tanto estraña. Dixo non sei que de encargar uns zapatos de cemento. Supoño que debe ser un agasallo tradicional da zona que se lle da aos recén chegados.

6. Non lle pasou pola imaxinación... é dicir, non quero ser malévolo, pero non pensa que quizais -só quizais- o Che Marx tampouco está interesado nos seus servizos e que so tentou sacar tallada da operación para vendelo logo a vostede como mortadela?
Como? Pero....vostede sabe algo ao respecto? A min non me dixeron nada, a verdade. E penso que sen dúbida eu sería o primeiro en enterarme, porque un clube serio coma este non andaría con trapalladas dese estilo.

7. Non... eu non sei nada, só é unha hipótese. E diga, quere mandar algunha mensaxe a Boniek?
Ben, ao Boniek a verdade e que nin cheguei a coñecelo, así que supoño que a mensaxe sería simplemente BOS DÏAS e MOITO GUSTO EN COÑECELO.

8. Algunha para o Duque?
Home, ao cabr...digo ao Sr. Duque si que o coñecín. E a verdade e que sempre me pareceu un tipo raro. Xa sabe, iso de andar espiando aos xogadores cando acaba de rematar o partido e estamos nas duchas nunca me pareceu do todo ben. Mais era un tipo simpatico sempre que non houbera rapaziños diante. Cando os había quería ser demasiado simpático. Penso que xa me entende.

9. A serio, pensa vostede que despois de todo isto volverá pisar un campo como profesional?
Home, a verdade e que non queda moito para que acabe a tempada, pero espero poder contar con algunha oportunidade de demostrar a miña valía. Vamos, que a ver se dunha maldita vez algúen me deixa xogar un fodido partido enteiro, sabe?

10. Boa sorte, crack. Seguro que estes non o han traizoar. O comunismo empresarial é unha das creacións máis puras e fermosas da humanidade. Non cre?
Efectivamente. Como xa lle dixen antes, sen dúbida isto de pensar no pobo e cobrar coma Crstiano Ronaldo é unha boa cousa. Así todo o mundo fica contento, heheheh. En fin, moitas grazas pola entrevista Marco. E un saudo a todos os lectores (cando dis que sae isto? é para avisar á miña nai, que non se cría que fora ser o entrevistado, hehehe. E que sempre me dí que nunca chegarei a nada nisto do futbol. Que mellor me iría sendo pescador ou algo así, que é un traballo máis honrado).

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Vaia ho, mandeino duplicado. Síntoo.

Anónimo dixo...

Ahora ya tenemos un nuevo rango de moneda: el munitis (6 rublos).

Anónimo dixo...

Mi equipo vale 17 munitis.

Anónimo dixo...

Oh, que bo! OK, pois o Shakhtar vale 17 munitis e 5 rublos. Así que case un munitis por xogador.

Anónimo dixo...

VENDO FORD FIESTA.
CON TODOS LOS EXTRAS Y POCOS KILÓMETROS POR SÓLO 300 MUNITIS.
INTERESADOS LLAMAR AL
555-MUNITIS-99