martes, 19 de agosto de 2008

Chega a T7! (VIII)

(Marko Czalic - Montreal)

Torpedo Zagreb

Boniek, máis lider que nunca, preséntase voluntario para contestar ás preguntas de Czalic. Quen mellor que o que decide os destinos de todos nós.

1. Cóntenos algo sobre o seu clube que non sexa coñecido pola opinión pública.
O que non é coñecido pola opinión pública é porque o Comité para Coñecemento Público das Cousas (C.C.P.C) non o considerou axeitado. Polo tanto, non hai máis que dicir.

2. Cal é o partido da historia do clube do que garda mellores lembranzas? Poderíao comentar un pouco?
Tal vez o mellor encontro que xogou o noso equipo foi hai dúas tempadas, na casa do Asaltacunas de Gullit, Rijkaard e toda a tropa. Fumos alí a polos tres puntos e barremos ó inimigo de campo. 2-4, se mal non lembro. Fixemos un grande xogo de equipo, e especialmente o mediocampo, con van Bommel á cabeza.

3. Lembra quen marcou o gol 100 do seu equipo? Se é así, quen foi?
Fun eu. Pasoume Dragan 'Botámolo de menos' Dzajic. Un bo centro seu dende a esquerda que rematei sen piedade.

4. Quen é o mellor xogador que pasou polo clube?
Pode que Banks. Pero non me descarte a min, nin a Dragan. Puskás, Boban, Maldini, Chivu, Emerson... En certo sentido, 'The Painter' tamén...

5. Que xogador fichado polo seu clube foi a maior decepción, a nivel individual?
Mitea. Xogaba coma adestraba. Un caos.

6. Que xogador dos que nunca estiveron no seu clube preferiría como compañeiro, futbolisticamente falando?
Encantaríame ter connosco a Weah, mais con Vladic aquí penso que non precisamos dos seus servicios. Así que vouche dicir Tostao, sería a reostia telo xogando en Zagreb.

7. Cal é o estilo de xogo tradicional do seu equipo? Pensan mudar algo substancial, na tempada que comeza?
O estilo é o 'Futbol Socialista'. Tocamos o balón, tocamos, fozamos, tocamos, tocamos, fozamos... Non, por qué iamos trocar nada?

8. Cal foi a tempada da que máis se desfrutou no entorno do equipo, até a data?
A anterior. Fixemos un ano moi bó na liga. A ver que tal o facemos nesta.

9. Cal é a ideoloxía do seu equipo, ou a maioritaria entre os seareiros?
Comunismo radical ortodoxo. Non me pregunte cousas que xa sabe e ten publicado vostede mesmo.

10. Que opina do regulamento? Coñéceo? Que lle gustaría mudar?
Si, claro que coñezo o regulamento. Eu faría moitas modificacións. Para comezar, nada de rublos. O troco sería a base. Tamén eliminaría os roubos, claramente imperialistas. Tódolos xogadores deberían pertencer ó Estado.

11. Podería dicir os nomes dos xogadores que nunca abanoaron o clube -desde a T1-, se os hai?
Dende o comezo, Robert Kovac, Kiraly e mais eu. E Kalazde, se mal non lembro. Tudor estivo dende o comezo mais perdeuse media tempada hai uns anos. Banks chegou no draft de inverno da T1.

12. Expectativas propias e favoritos para a LPU7.
Este ano imos gañar algo. Aínda que sexa á Chave, mais imos vencer nun torneo. Ou se non todos a pasar sen callos.

13. Engada algo.
Como non. Favalli non foi ó río coma dicía certo sector da prensa. De feito actualmente é o segundo adestrador do Torpedo.

12 comentarios:

Anónimo dixo...

A 9? A 10? A 3? A 4? A 1? Difícil. Escollo a 1.

Anónimo dixo...

Gran Boniek. Un gran líder socialista, si no fuera porque los socialistas no necesitan líderes. Esto confunde un poco, pero no tanto como la doctrina del Che Marx, claro.

Anónimo dixo...

Non entendo que é o que o confunde da nosa doctrina Sir Nigel. Se quere informarse obre o tema estaremos encantados de enviarlle o último discurso de Fidel ante máis de 50000 persoas a pasada semana para que vai entendendo algo mellor.
E para que se vaia facendo unha idea, aquí lle deixo este link.

http://www.youtube.com/watch?v=OfMvvGw4lIs

Anónimo dixo...

Comandante, votou vostede a Lucio (que non era candidato) para o OIL. Pretendía votar a Luisao? Foi un erro? Acláreo. Graciñas.

Anónimo dixo...

Vaya, otro que se confunde...

Anónimo dixo...

Efectivamente foi un erro. O voto era para Luisao.
Mil desculpas.

Anónimo dixo...

Ahora digo yo...y si jugamos al Subbúteo? Es más sencillo, ves lo jugadores en 3D, los porteros no cantan ópera. Pensadlo seriamente.

Anónimo dixo...

si, y mola pintar los jugadores con los colores de tu equipo con unas acuarelas que hay. podiamos hacer el subuteo, pero de la wifa, eso si. seguiría funcionando el suaci, la pagina y todo igual. los rublos y cada jugador con el nombre pintado en la camiseta. que quieres a cruyff? paga sus rubloss y tendrán un excelente jugador de subuteo exactamento como los demas. pero eso si, creo que deberiamos bajar los rublos por victoria y derrota a 1,324555585 o como minimo a 1,32731. que decis?

Anónimo dixo...

1,32731 vale. O outro paréceme demasiado baixar. Eu o problema que vexo co Subbúteo é sempre o mesmo: non avanzan nada no motor gráfico. Os xogadores que non levan o balón, parece que estean parados. Vantaxes: no campo das regras segue a darnos bastante marxe para todo tipo de disputas encarnizadas e innecesarias. Iso si, se finalmente pasamos ao Subbúteo esixo que se me deixe facer a Koller utilizando un click de playmobil y media bola de billar como base.

Anónimo dixo...

Por certo, que fermosos colores adquiriu todo o mundo agás Torpedo e Asaltacunas. Que axiña se ve o favoritismo da redacción.

Respecto a "OLLO! Hai que quitarlle fotos a tódolos canteiráns", polo menos poodo informar da suba de Castro, que consisitiu en 11 puntos que foron todos a parar á aceleración 51->62, así que unha foto que aforramos.

Anónimo dixo...

Sí, los colores ganan con el tiempo. Sería un buen tema para un artículo de Reverte.

Anónimo dixo...

hehehe

Pois si, podía molar bastante.

Porque antes esto no pasaba; con Franco quiero decir, por si algún metrosexual todavía estaba dudando. Pero en esta España cainita de Acoruñas, Yeidas y Donhostias...