(Redacción)
O Torpedo xogou onte á noitiña un amigable contra un coñecido inimigo da LPU, o G&H, que tivo coma feito curioso que o míster Boniek estivo do lado dos rivais. En troques, no Torpedo, xogou un rapaz, nova fichaxe dos capitalistas que, polo que se viu no campo, non apunta moitas condicións para triunfar no mundo do fútbol. Este cativo di vir de Mozambique aínda que ten pasaporte portugués. Anotou un gol a porta baleira e foi o único que fixo en 90 minutos.
Pola súa banda Boniek adicouse a amosar as feblezas defensivas do noso equipo, facendo tolear a Tudor e compañía, e só puido ser detido por Banks, formidable unha vez máis, aínda que se tratara dun amigable.
Hoxe á mañá o adestrador torpedil púxolles ós "muchachos" o vídeo do encontro, tras poñer a caldo a toda a defensa, ordeou unha cuádruple sesión de traballo para todo o equipo. Stankovic, dun natural espabilado, replicou que el si xogara moi ben, e obtivo coma agasallo extra axudar nas reparacións da autovía Zagreb-Dubrovnik, cousa que, polo que sabemos, está a levar con resignación. "E inda por riba ten razón", comentou mentres cargaba con saco de cemento ás costas.
No tocante ós encontros oficiais, hai que falar dun bo comezo de liga, malia un empate na casa contra o sempre difícil Pollo F.C.
Torpedo Zagreb 2 - 2 Pollo F.C.
Desputadísimo encontro no Estadio do Pobo, onde os locais foron que de remontar un 0-1 obra de Larsson. O ariete sueco anotou un magnífico tanto tras fusilar a Banks dende un metro de distancia.
Tocaba turrar outra vez, e un fermoso pase de 'Super' Schneider é recollido por Vladic, para, tirándose ó chán, poñer a igualada no marcador. Ós poucos, van Bommel desfaise dos seus marcadores pola banda esquerda e pásalle o balón a Boniek, que dispara. O esférico tropeza nas pernas de Rapaic, despistando a Maier e poñendo ó Torpedo en vantaxe no marcador.
Preto do remate do encontro, xogada para a pólemica. Ljunberg lévase por diante a Stankovic cunha entrada brutal na frontal da nosa área e recolle o balón. Fai un bo pase a Zlatan ó punto de penalti, é, segundo o colexiado, é derrubado por Kalazde. As discusións sobre se o xeorxiano chegou ó balón ou non continuaron ó longo de varios minutos, mais ninguén nos salvou dos segundo tanto, obra dun inimigo non identificado.
Así chegou o remate do encontro, con bastante polémica e algún enfrentamento nas bancadas entre siareiros dun e doutro conxunto.
Torpedo Zagreb 2 - 1 Swazilandia F.C.
Primeira vitoria na casa do equipo do Pobo, que se adiantaron no marcador nun saque dende o recuncho de 'Super' Schneider que Boniek rematou sen oposición. Pouco despois Vladic facía o segundo, e tocou replegarse atras e tentar de saíres á contra.
O Swazi atacou sen tregua no segundo tempo, máis so foron quen de anotar a falta de 10 minutos para o final. O gol, tras un rexeite, obra da nova fichaxe dos africanos, Diego Milito.
O encontro non tivo moita historia, xa que o inimigo estivo falto de sorte arriba e os 'muchachos' tampouco foron quen de facer ningunha xogada á contra que puidese dar unha maior vantaxe ó noso clube.
Primeira vitoria na casa, e con eso, chega.
2 comentarios:
Y el 1-3 que nos endosaron, no se olvide. Nosotros no lo hacemos.
En primeiro lugar, bravo pola redacción. Tendo en conta que o partido era a porta pechada, a información non pode ser máis precisa. Unha lección de xornalismo do de verdade. Sen importarlles o feito de que probablemente Boniek os acusara de alta traizón e todos os bolseiros serán por fin executados. A ver se así me toca cubrir por fin as crónicas do Torpedo. Vai frío, por aquí.
E é unha mágoa, porque os rapaces empezaban a aprender o oficio. O de Stankovic é dunha calidade incuantificable. E que sería das crónicas do Torpedo sen os inimigos non identificados?
Publicar un comentario