(Marko Czalic - Montreal)
X12. Shakhtar - Tuzaros
Un partido de lixeiro dominio local puña fin a unha longa xeira de resultados negativos no Durruti. O marcador fixo xustiza ao maior número de ocasións dos non-canadianos (2-0).
X14. Shakhtar - Asalta
Até seis goleadores diferentes na sublimación do fútbol de ataque ideado por Clemente e, ademais, os montrealinos conseguían o gol 2000 da historia das competicións de clubes da WIFA, aínda que unha dúbida nas contas impídenos polo de agora adxudicalo con certeza a un xogador en concreto (7-1).
1/2 Kopa. Volta. Shakhtar - Asalta
Outra vez o Durruti como inimigo. Os quebequenses comezaban coa vantaxe de 1-2 conquerida en Madrid. Moore explicaba o acntecido ao remate: "A Kopa é unha competición moi difícil. Funciona como unha goma elástica, porque as eliminatorias son moi longas. Podes empezar moi ben e baixar logo o ritmo e, cando queres volver ao partido, xa non atopas o punto. No partido de volta faltounos interese na especulación e cometemos erros pontuais moi graves. Isto, ante un equipo sistemático que se nutre das contras é moi perigoso, case suicida. Puidemos pechar a eliminatoria na ida e non o fixemos. De todos os xeitos, con erros e todo, o factor decisivo foi a sorte". Emlyn Hughes tiña outras opinións: "Sempre preferimos contar co noso mediocampo. É unha mágoa cando se ausentan en bloque. Co 0-2 a cousa estaba moi negra. Equilibramos o partido co 1-2, pero era un empate ficticio. O seu seguinte gol pesaba valía máis que o noso e iso foi o que máis pesou". Ao final, 2-4.
X16. Shakhtar - P. Clash
Un partido que se presumía tremendamente intenso e abofé que o foi. Un derbi por todo o alto e con todos os condimentos. O Shakhtar comezou mellor e un bo córner de Berti foi cabeceado impecablemente á escadra por Rainer Bonhof, traspasando a presión aos apedreados visitantes. A loita pola LPU6 vivía un dos seus clímax e durante o primeiro tempo do 21º derbi anarquista o vento soprou de costas para os de Montreal. Un erro no saque de Toldo permitiu que a presión de Park e Hleb rematase co balón nos pes do bielorruso, que se escorou cara a esquerda e serviu o centro. Koller rematou dun xeito tan doado como incómodo. O Shakhtar superara ao seu rival en xogo e goles no primeiro acto (2-0). Pero os trocos tácticos os escoceses deron froitos e contra o minuto 55 Gilardino, en acción que repetiría, baixou até a liña de medios dos rivais para servir unha boa apertura a Stoichkov. Os defensas que saíran en persecución do violinista rectificaron tarde ante o centro do búlgaro, que foi cabeceado por Barry Ferguson entrando desde a segunda liña para batir a un desamparado Niemi. O partido do escocés, todo corazón, foi para enmarcar. Pasaron os minutos con igualdade no xogo. A presión no centro do campo dos visitantes equilibrara as cousas e pechaba as opcións dun estrañamente desafortunado Tuncay. No minuto 78 Gilardino repetiu movemento e Stoichkov e Boban, de xeito tremendamente académico, pecharon a xogada (2-2). O empate era un resultado válido para ambos, pero un gol facía unha diferenza descomunal. A agresividade puido ao medo e o Shakhtar, sentindo o empate como derrota ante o desenvolvemento que tivera o partido, buscou tomar de novo a dianteira. Un testarazo de Koller que superou a Toldo foi detido por un defensa xunto ao pau e finalmente foi despexado con apuros. Era o turno do Clash. Cando o partido xa agoniaba, unha entrada de Ribery pola dereita conduciu a un centro moi longo e intelixente ao segundo pau. Stoichkov gañou a acción por alto a Hughes servindo cara o centro da área e o omnipresente Ferguson, gañando a acción a unha defensa descorazonada, rematou de primeiras coa esquerda rebasando a saída desesperada Niemi. O balón tardou unha eternidade en caer e cando rematou de debuxar a parábola un suspiro percorreu a bancada. Marchara fóra por centímetros, deixando aos dous equipos un sabor agridoce e a Pollo e Torpedo, esfregando as mans.
|
| CLASIFICACIÓN LPU6 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| X | G | E | P | F | C | P | D |
| 1 | Shakhtar de Montreal | 15 | 8 | 5 | 2 | 36 | 18 | 29 | 18 |
| 2 | Torpedo Zagreb | 15 | 8 | 4 | 3 | 33 | 19 | 28 | 14 |
| 3 | Partisano Clash | 14 | 6 | 6 | 2 | 22 | 12 | 24 | 10 |
| 4 | Pollo FC | 13 | 6 | 6 | 1 | 26 | 19 | 24 | 7 |
| 5 | Gloria y Honor | 17 | 5 | 9 | 3 | 23 | 23 | 24 | 0 |
| 6 | Asaltacunas FC | 16 | 5 | 5 | 6 | 32 | 35 | 20 | -3 |
| 7 | Swazilandia MN | 16 | 4 | 7 | 5 | 25 | 22 | 19 | 3 |
| 8 | Ordem e Progresso | 13 | 2 | 7 | 4 | 16 | 23 | 13 | -7 |
| 9 | Tuzaros de Reiquiabic | 14 | 1 | 5 | 8 | 7 | 27 | 8 | -20 |
| 10 | Che Marx Ltd. | 15 | 1 | 2 | 12 | 22 | 44 | 5 | -22 |
.
15 comentarios:
Arde Roma, dice aqui el Julio.
Por cierto, a Yaya Toure le habíamos puesto CCD y en el SUACI todavía no está cambiado. Creo que no subirá de precio, pero por si acaso.
Me quieren robar. Yaya Toure mide 1,87, cuando en la Wiki dice claramente 1,91.
O meu é peor, porque o de Toure pode ser que medrara, nom?
Pero Jenas mide 1,73 e se miras a Wiki ou na página da premier só chega ao 1,65. 8 cm de mais!!
Eso no es un futbolista, es un bonsai. Deben de haberlo podado.
os repruebo. por una vez richard está con czalic. me parece deshonroso para LA HISTORIA de la LPU y de la WIFA los comentarios que han seguido a tan gran partido, y sobre todo, a tan sublime crónica.
parabens marko
Graciñas, meu.
Miren, yo he visto el partido, y ha tenido los comentarios que se merece. Dejen de columpiarse, que ya no están en edad.
Isso vos passa por jogardes no meio da semana.
Ademais que os resultados e mais a crónica do partido deixaram-me sem palavras.
Que se pode dizer? Nom há mais que mirar para a classificação para ficar pampo, sobre todo no meu caso, que tenho certa facilidade.
Tuzaros -5 (-5) /126/ -121-
Ordem -1 (-1) /114/ -113-
Asalta +2 (+5) /108/ -110-
Torpedo +2 (+5) /108/ -110-
Shakhtar +1 (+1) /106/ -107-
P. Clash 0 (+3) /105/ -105-
Pollo +3 (+5) /102/ -105-
Swazi +1 (+3) /104/ -105-
G&H -1 (+2) /103/ -103-
Che Marx -11 (-13) /113/ -102-
O primeiro número representa os cartos de cada clube en caixa. O (segundo), o que levan gañado ou perdido polos partidos da casa, sen considerar negociacións. O /terceiro/ representa o valor actual dos planteis. O -cuarto- representa a clasificación económica actual ou, dito doutro xeito, o valor que tería cada plantel se a tempada rematase agora. O valor medio da última columna é de 108'1, o que implica que, de rematar así as cousas, Che Marx Ltd. podería inscribir só 17 xogadores (se quere) para a T7, dado que está a máis dun munitis da media.
Ademais, observando como quedaría a C.E., sería bo tomar dunha vez unha decisión no referente aos desempates da mesma, coa fin de evitar chegar ao ecuador da T7 coa cuestión sen resolver. A secretaría pensa que o criterio máis lóxico sería: empate na 3ª posición => todos sufren a restrición; empate na 8ª posición => todos aproveitan a vantaxe de non baixar.
O partido que tivo os comentarios que merecía foi o outro. O que se cronifica e aplaude foi a hostia. Non se me flipe, sir.
Precisamente por se xogar a mediados de semana ten máis sentido a crónica, non si, h?
Hay una cosa que no comprendo de la clasificación económica. Yo acabé la primera ronda valiendo 102, no 103. No puedo haber subido uno más. Si valgo 103 podré hacer un fichaje estrella.
Penso que é polo caso Edu. Pode ser?
Sí, debió de ser eso. A hacer cuentas otra vez. Maldita sea.
Si, que molesto. Outro rublo!
Publicar un comentario