(Marko Czalic - Montreal)
Hai pouco máis dunha tempada, a WIFA sorprendíanos cunha campaña cómico-agresiva sen precedentes. A estampida de estrelas daba paso a unha "nova era" na que o fútbol sería protagonista por riba dos futbolistas. Despois de que unha das mellores tempadas da WIFA dese a razón aos seus impulsores e mentres medio mundo se pregunta se aínda queda algo daquela filosofía, é tempo de lembrar que foi dos protagonistas daquela espectacular e millonaria pegada de carteis.
Zeljko Kalac
O australiano tivo un fugaz paso pola LPU. No ecuador foi reemprazado por Jussi Jääskeläinen. Á pregunta de se voltará algún día, a resposta é non. Non se sabe nada del e coméntase que foi "executado" pola fauna fluvial do San Lourenzo. Non se adaptou ao Quebec, malia gastar idénticas dimensións que Jan Koller. Nin chegou a debutar. Non foi el mesmo, nin foi nada.
Giuseppe Favalli
Simpático como poucos, "O Mago" executou con tanta discreción como perfección o seu truco favorito: "Onde estou?", e desapareceu sen deixar rastro; mais só para reaparecer coma 2º adestrador do Torpedo Zagreb.
Oleg Gusiev
Semella que o truco de Favalli gañou espectaculariedade arrastrando con el a varios personaxes anónimos. Os goles de gusiev permanecerán virtuais para sempre.
Francesco Coco
"Now I am here!" era a frase elixida para acompañar a foto promocional de Coco. Sen saír de Queen, agora toca "Now I am there!".
Tobias Linderoth
Sueco entre suecos, Linderoth voltou á súa tradición nacional, a sesta -neste caso hibernación-, sen gañar sequera un cartón amarelo, algo ben doado no Pollo. De feito, de todos os entrevistados por Czalic cara á fin da T6, foi o único que nin sequera respondeu.
Javier Mascherano
Un dos grandes trunfadores. Recomposto do seu choque con Amavisca, foi un dos poucos xogadores mediáticos que conseguiu mover de 0 algunha das súas estatísticas: conseguiu un cartón vermello directo. Suficiente, a xuízo do seu clube, para conservalo no equipo. E, ademais, blindado.
Marcos Senna
Senna anunciaba que, como indica o seu apelido, el tiña o control. E todo parecía indicar que era certo. Discreto, silencioso, escuro, contaba inicialmente no plantel do Asalta para a T7. A irrupción do "fenómeno Hugo" incluiuno no truco de Favalli.
Djimi Traore
O seu anonimato era tal cando chegou que "o trasno da imprenta" imprimiu o seu nome nos carteis como Armand, no canto de Djimi. Algunhas frases do tipo "no es tan malo" precederon a súa impoluta saída da LPU. Non levou consigo a cabeza de ningún inimigo. Nin sequera un dedo.
John Paintsil
A grande estrela do decágono máxico. Unha asistencia, un gol en propia meta, presencia mediática, agresividade, rumores de relacións zoofílicas con Vicky e unha renovación. O seu prosemitismo é digno de servir de exemplo. Segue a vivir sen complexos e foi un dos 3 únicos renovados do equipo máis rico.
Anthony Van den Borre
Falar de Van den Borre e non falar é case o mesmo. A WIFA publicou unha foto súa da que non tiña os dereitos. Tampouco sumou nada para a estatística. E ademais prognosticaba "Alá vou!". Errou até iso. O belga é un dos 3 supervivintes cara a T7.
Non está mal: entre os 10 deron unha asistencia, meteron un gol en propia meta e sofreron unha expulsión. Pero non perdamos a esperanza. Chega unha nova xeración. Veremos se conseguen superar o acadado por estes.
NOMES A SEGUIR
Luciano Zauri: de momento, unha incógnita. A sombra de Kalac é alongada (moito). O ecuador está á volta da esquina.
Vedran Corluka: o substituto natural de Favalli aínda debe probar que tamén ten maxia.
Joao Moutinho: se logra resistir o forte vento de Caldback, é un favorito para o éxito.
Tim Howard: exótico. Xa estaba na liga, pero non repararamos nel. Só o veremos se Brutus se encarga de César.
Nicolae Mitea: pouco que dicir; de sobras coñecido. Pasen e vexan. Este ano vai tundar.
Jeremie Janot: este Spiderman anónimo é unha das grandes promesas. As baixas de Cech serán motivo de festa.
Manuel Almunia: outro porteiro. Un accidente de Acuña pódenos descubrir a este talento en bruto.
Ali Al Habsi: é omaní.
John Paintsil: Tuzaros presenta o mesmo candidato. Non dubiden. É o seu home.
Micah Richards: Van den Borre segue. Pero Micah é Micah. Pronto entenderán.
Jarda Simr: A revelación do draft. Aviso. NUNCA viron nada igual.
Esperemos que non decepcionen. Ademais este ano son 11.
2 comentarios:
Un gran trabajo: pero más que escribir el artículo, el trabajo debe haber sido hacer un seguimiento de estos seres.
La liga ya no será la de antes, pero todavía hay incógnitas. Muchas de ellas lo seguirán siendo para siempre.
Bueno, é certo que xa non son o que eran, exactamente; pero tampouco había o ano pasado ninguén do nivel de Simr. Confiemos neles. Igual acaban gañando o posto.
A ver, esa enquisa.
Publicar un comentario