luns, 18 de agosto de 2008

Chega a T7! (V)

(Marko Czalic - Montreal)

Che Marx Ltd.

E agora, os babudos, un dos equipos con máis carisma do Universo, da man do sempre conciso Castro, o benxamín do equipo.
1. Cóntenos algo sobre o seu clube que non sexa coñecido pola opinión pública. Boas tardes. Desde esta oportunidade de participares na apresentación da T7, eu Fidel Castro, no nome do Che Marx Ltd. e no meu proprio, quero agradecer a todos os nosos seareiros que nos apoien tantísmo a pesareos dos resultados non tan bos como desexaríamos que vimos tendo ultimamente. A verdade e que hai algo que non saben ese siareiros, que é que este ano o equipo ven coa idea de chegar a loitar por estar nos postos medio-altos da táboa. Temos a intención de loitar cada balón, de correr cada banda e de partir todalas pernas que faga falta para acadar ao fín algo grande para este equipo.
2. Cal é o partido da historia do clube do que garda mellores lembranzas? Poderíao comentar un pouco? Home, a verdade e que eu non levo aqui tantos anos, mais penso que para mín sería o partido do meu debut na pasada tempada. Se non lembro mal foi ante o Gloria & Honor, e a pesares da derrota por 2 1 penso que merecimos máis do que conseguimos nese encontro. Pero en fín, a tempada anterior sofrimos moito co mal da derrota pola mínima, e nesta comezamos un pouco igual. A ver se somos quen de romperen ese maleficio que nos persegue.
3. Lembra quen marcou o gol 100 do seu equipo? Se é así, quen foi? Si claro. Foi Thierry Henry. A tempada pasada.
4. Quen é o mellor xogador que pasou polo clube? Pois a verdade e que pasaron moitos e moi bos xogadores por este clube. O propio Henry do que falei antes, ou Eto'o, Rio Ferdinand, Nesta, Toninho Cerezo é un grande entre os grandes.....moitos e moi bos como lle digo. E mire as bestas que chegaron agora con Stam ou Shevchenko á cabez. Pero penso que todos estarán dacordo comigo en dicir que o mellor de todos foi, é e será sempre o mister, BICAN (sempre con permiso de Garrincha, que estaría case ao nivel de Pepi en canto a cal foi o mellor xogador en pasar por este clube).
5. Que xogador fichado polo seu clube foi a maior decepción, a nivel individual? Pois a decires verdade non creo que tiveramos unha grande decepción con nengún. Houbo algún xogador que non acabou de fraguar como puido ser o caso de Batistuta ou de Best, mais non porque eles non foran quen de facer as cousas, senón penso que mais ben porque o estilo de xogo do eqiupo non era o que máis se amoldaba ás suas características.
6. Que xogador dos que nunca estiveron no seu clube preferiría como compañeiro, futbolisticamente falando? Pois a verdade e que ai moitos xogadores interesantes, mais a iso debería contestar o corpo técnico e o Comandante Guevara. Eu penso que xogadores coma Koller, ou Banks, ou Kalusha, e tantos outros nunca serán despreciados en calquera equipo no que xoguen. E si é no Che Marx pois mellor que mellor.
7. Cal é o estilo de xogo tradicional do seu equipo? Pensan mudar algo substancial, na tempada que comeza? Sen dúbida temos un estilo de xogo moi particular. Somos un dos equipos máis verticais da LPU. Non soemos perder o tempo en marear ao contrario a toques, senón mais ben o matamos a base de músculo, velocidade e acerto rematador cando o temos. Supoño que esa parte do chollo a temos xa bastante asumida, pero o que necesitamos é mellorar un pouquiño máis na defensa, que está a ser a nosa grande batalla dende hai varias tempadas. Se conseguimos reducir o número de goles que recibimos ao longo da tempada e temos unha pouca máis de sorte que na tempada anterior penso que seremos quen de facer un bo campionato.
8. Cal foi a tempada da que máis se desfrutou no entorno do equipo, até a data? Home, a verdade e que cando acabas sistemáticamente de último na Liga todalas tempadas son moi complicadas. Supoño que a T5 foi das boas porque comezamos a ver un pouco o camiño que tiñamos que seguir, pero penso que a mellor tempada do Che Marx e coa que máis imos desfrutar aínda non chegou. Espero que sexa esta que acaba de escomezar.
9. Cal é a ideoloxía do seu equipo, ou a maioritaria entre os seareiros? Pois coma ben sabe básicamente somos un equipo baseado na figura do Comunismo Empresarial. Un novo concepto que está a causar furor entre os brokers de Wall Street e nas principais empresas a nivel internacional. Estamos comezando a cambiar o sistema dende dentro do proprio sistema.
10. Que opina do regulamento? Coñéceo? Que lle gustaría mudar? Pois a verdade e que ando un pouco liado co regulamente, porque ten tantas e tantas cousas e tantos e tantos cambios cada tempada que non creo que ningúen na WIFA o saiba de memoria. Pero bueno, dentro do caso ainda nos imos desenvolvendo bastante ben.
11. Podería dicir os nomes dos xogadores que nunca abanoaron o clube -desde a T1-, se os hai? Pois penso que soamente ULISES DE LA CRUZ. Creo que é o único que sobrevive da primeira tempada do Che Marx na LPU.
12. Expectativas propias e favoritos para a LPU7. As expectativas pasan por mellorar sustancialmente os resultados de tempadas anteriores. E en canto a favoritos, pois a verdade e que penso que esta vai ser a tempada máis igualada de todas, así que non teño claro nengún favorito. Supoño que o principal é o Shaktar sobre todo porque é o actual campión. Mais o resto de aspirantes que a tempada anterior estiveron a loitar a morte con el ate o final reforzaron moi ben os seus planteis, caso de P. Clash ou de Torpedo. Non sei dicirlle exactamente quen pode ser o grande favorito.
13. Engada algo. Pois nada. Que moitas grazas por esta oportunidade e que observen ben os partidos do Che Marx esta tempada, porque temos intención de facer moitas desfeitas por todos os campos da LPU.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Voto a 9, aínda que hai varias que están moi ben, como a 12.