(Redacción)
Obra de Marko Czalic, e traducido mediante unha páxina web destas gratuitas, aí está para todos vostedes a crónica do II Mundial da Wifa. Bo Proveito.
Aquí o Marko Czalic, que non ten sentido do humor, pasou a noite na hemeroteca buscando recortes sobre o mundial de Xuño de 2001, II Campionato Mundial da WIFA. Isto foi o que atopou.
Obra de Marko Czalic, e traducido mediante unha páxina web destas gratuitas, aí está para todos vostedes a crónica do II Mundial da Wifa. Bo Proveito.
Aquí o Marko Czalic, que non ten sentido do humor, pasou a noite na hemeroteca buscando recortes sobre o mundial de Xuño de 2001, II Campionato Mundial da WIFA. Isto foi o que atopou.
"Hace mucho, mucho tiempo, en una galaxia muy, muy lejana..."
O Mundial de Xuño 2001
Atópanse na fase final deste II Campionato Mundial da WIFA as seleccións de España, actual campiona do mundo baixo as ordes de Clemente;Croacia, subcampiona; Arxentina, conducida por un grupo de friquis que se fan chamar "informáticos"; a sorprendente Xamaica, adestrada polo lendario aínda-non-xogador zambiano Kalusha Bwalya e a Holanda do novo Nigel de Wendenal, de quen se comenta que está a piques de recibir unha chamada da Raíña para ser nomeado Sir.Noutra parte do cadro, Arxentina parace matemáticamente máis forte que os seus rivais. Con Xamaica aínda na loita, e Holanda prácticamente K.O., os albicelestes precisan soamente batir ós de Nigel de Wendenal para acada-la sua primeira final. Ó descanso o pronóstico cúmprese: 3-0. Mais os de Davids van lograr unha proeza inesperada que pasará á historia. Segundo van caendo goles na meta albiceleste, medra o nerviosismo dos sudamericanos, ós que xa non lles saen as contas. Ó rematares o encontro (3-3) para sorpresa de todos. A meritoria Xamaica de Burtone, Rickets e Wheatmore (si, o xigante das botas vermellas) está na final.
A final preséntase coma un novo recital dos balcánicos, dos que se agardan non menos de 4 goles para proclamárense campións do mundo por vez primeira. mais o espíritu do Bobsleigh acompaña ós xamaicanos. O espíritu, porque Bwalya ordeou executar ó equipo enteiro tras fracasares na conquista do ouro olímpico.
Xamaica anota e pecha o encontro. Croacia queda de súpeto desposeída da súa fluidez habitual e un non-Jarni obtén o traballado empate. Mais o testarazo posterior de Burtone remata polo de agora co soño croata e convírtese no seu propio 'maracanazo'. Canto terá que agardar esta xeración para obter unha copa que en xusticia é súa? O tempo nolo dirá. Entrementres, loor a Xamaica. Xamaica é o Campión. Vémonos en Xullo.
8 comentarios:
"friquis DOS ÁBACOS que se fan chamar informáticos". DOS ÁBACOS!
Pero quen coño transcribe estas cousas pordeurbendito.
'e traducido mediante unha páxina web destas gratuitas'
Aconsellámoslle que lea todo o artigo e non só que lle cadre.
Deixa-mo a mim.
Excusas de mal perdedor. Os tradutores son penosos, si, pero a supresión de dúas palabras non é algo que teñan por costume. Putos bolseiros.
Em qualquer caso, a crónica é muito interessante para as novas geraçons que nom vivemos esses momentos tam importantes do nosso deporte.
Hostia, así que o colega Castro vale 2 rublos... Ben polo Che.
Vaya, que tiempos. Recuerdo el partido contra Argentina con cariño. Cumplimos totalmente nuestros objetivos en aquel mundial.
Si, como se dicía, foi a primeira maldade do Sir dentro da WIFA. Dá medo pensar no novos que eramos. E inxenuos. Logo a lista de maldades medrou e medrou e medrou. Shevchenko tamén lembra con agarimo o primeiro gol que meteu, con 5 anos, na escola de alto rendemento de Chernobyl. E lémbrao por motivos moi semellantes aos do Sir.
Publicar un comentario