martes, 5 de agosto de 2008

10 preguntas a -Zbigniew 'O Roxo', 'El Polaco'- Boniek (Polonia, anos 70/80 - Torpedo Zagreb)

(Marko Czalic - Montreal)
Coa caída da castaña comeza tamén o período 'Marko entrevista a discreción'. E quen mellor que Boniek para falar do apertado final de liga que se apresenta. A sentada do Roxo no banco de adestrador do épico Torpedo resultou nunha sólida mellora do equipo ao longo das dúas últimas tempadas. Certo que perderon o punto de tolemia que os facía temibles en Kopa, cando as decisións de Mitea resultaban imposibles de interpretar, pero xa na LPU5 amosaron que estabamos por fin ante o Torpedo que sempre debemos ver. Esta tempada é a da confirmación, claramente. E o equipo anda a loitar moi en serio por se converter no cuarto campión de liga da historia da WIFA. Non perdan esta magnífica entrevista:
1. Zbigniew, que?
Grande pregunta, mais eu mellor faríalla a Banks, penso que a podería responder mellor.

2. Como vai o tema 'callos'?
Moi ben, este ano estamos comendo callos a fartar. O que agardamos é chegar ó postre para comer filloas. Que Banks, por certo, trainas moi boas. Creo que llas fai a súa avoa. Mais isto non é tan doado, primeiro imos tentar que non se escapen os callos. De filloas polo momento nada.

3. Explíquenos o seu método. Que mudou desde os tempos de Mitea?
Mitea é un bo rapaz, mais os seus coñecementos tácticos andan un pouquiño frouxos. E meu método é moi sinxelo: 'Aprezo a vosa opinión, mais aquí mando eu e vades xogar deste xeito'.

4. Que opina dos que o acusan de mercantilista e traidor?
Que non me coñecen. Dubido que haxa alguén que pense así.

5. Si, home, polo tema de "ficho a Fran e o vendo para fichar a Munitis que sen sequera voar a Zabreb e transferido a cambio de Cole..."
Éche ben doado, ás veces é mellor vencer ó capitalismo coas súas mesmas armas. Dóelles máis. Lembre tamén que Fran foi fichado para cumprir unha labor no terreo de xogo, cousa que non fixo, así que o mellor para o todos, o ben común, é que marche. Amáis diso se podemos traer de volta a Cole, tanto mellor.

6. Está seguro?
Si. Nunca hai que ter piedade co imperialismo.

7. Para que?
Como que para que? Pois para que o Pobo poda erguerse e deixar de ser unha vítima do liberalismo, das multinacionais e toda esa merda. A revolución mundial ten que comezar no terreo de xogo. Fútbol socialista, coma dicía o meu mestre, Gustav Sebes.


8. Quen vai gañar a LPU6 e cal dos seus rivais o preocupa máis?
Aposte polo Torpedo, por unha vez vou parafrasear a Mitea 'Imos tundar'.

9. Voltarán Ballack e Dzajic?
Snif, snif. Home, esa pregúnta aféctame un pouco porque aínda que non llo pareza, sonlle un pouco sentido. Botámolos de menos. Si que volverán algún día,si. Mais non esta tempada. Dependerá de como nos vaian as cousas no futuro.

10. Cre que é imprescindible un novo dianteiro centro para a tempada entrante?
Non. Xa temos ó xogador que precisabamos, Ivan Vladic, un rapaz duro que sobrevivíu á guerra dos Balcáns comendo ratos e culebras. Por outra banda, eu non estou dacordo ca antiga filosofía de mudar de dianteiro centro cada media tempada. Haberá algún reforzo, eso si.

Graciñas, home de Estado.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Boniek no será chino, verdad? Lo digo por esa mezcla de ideologías. De todos modos, suerte en la liga. Mejor que ganen los comunistas, que al menos son gente de orden, que no esos anarquistas de bomba con mecha.

Anónimo dixo...

Eso de que teneis delantero para la temporada que viene, ejem.

Todavía el torpedo tiene que poner la chequera para renovar a ese comedor de ratas, ya que hay algunos equipos que le ofrecen gatos y conejos para comer en vez de gusanos.

A ver si lo de CR7 se va a quedar en una miniserie al lado del "culebron" vladic