Pois o Torpedo gañou a Kunka, si señor. Hai que foderse, pero fíxoo. E xa ten todos os títulos, agás a recente Superkopa. Non somos nada. Camiñou polo aramio na semifinal ante o Shakhtar e contou cun colega en Neuer, e cun gran Dalglish, na final contra o meritorio River. Loor ao Pobo! E ao Partido.
A Kopa do Pollo foi para Asaltacunas, que grazas a este título convírtese no equipo máis laureado da historia da WIFA, con 18 trofeus en total (ou así). Derrotou a uns desafortunados Babudos, que na final pagaron a sorte coa que contaran para eliminar aos Túzaros. Unha risa, iso: o Asalta está sempre no lugar indicado, cando che remata a sorte. Virtude ducal.
E a Superkopa completou o palmarés do Shakhtar, cun 4-1 sobre Asaltacunas que pecha un 15-3 no global da tempada, para indignación de Maksim Shatskikh: "Estamos ata as pelotas de dúas cousas: de perdermos ligas por menos de 3 puntos -e van 7- por culpa dos Babudos e de que gañar ao Asalta non sirva para gañar a liga, porque eles gañan todo o demais. Eu, persoalmente, rompo relacións cos restantes clubes ata que esta tendenza se revirta minimamente. Ou, se non, que nos deixen gañar tamén a nós. Gracias. Chao. Iso."
Ah, si. E a LPU. Que o Asaltacunas gañou por 9ª vez, realizando un espectacular tramo final de competición, que o levou ao máis alto vitoria a vitoria, cun par de empates por aí soltos. Mediu moi ben, como sempre, e soubo ser máis sólido que os seus rivais de verbena. O equipo gañador dos gañadores, o campión milimétrico, constante, poderoso e eficaz.
Os ducais arrasaron individualmente, como corresponde a un equipo con ideas tan claras e estruturadas: Cech (19/18), Given; Eto'o (14), Shevsebio; Weah, Dzajic (11) e AT (34). Honra ao Rif, que logrou o Primitivo desde a casa, cun sobrio Naybet (9).
Dignos finais de tempada en liga de Pollo (4º, 29) e Rif (6º, 25).
Capítulo aparte merecen os Túzaros de Reiquiabic. Tendo en conta o brutal esforzo e o inxente traballo que custou aos restantes adestradores da WIFA deixalos sen opción a ningún título, un dá en pensar que estaban a facer unha formidable tempada. Mesmo se diría que é un pouco máis que raro que marchen de baleiro. Custou máis aló das 4 da mañá asegurarse de que non gañarían nada, e iso que o rendemento foi pésimo. Sempre nos quedará a dúbida de se era este un equipo destinado á lenda.
Saúdos a Ordem e MAG.
Así que toca draft. A poñerse. Creo que o levaba Viqui, non? Pois Justin Biever non pode. Tócalle a outro. Que lea as normas que deu Viqui no seu día, que as faga súas e que as impoña. E que avise de prazos e tal. É rollo seu. Gracias a todos os voluntarios. Lamentablemente, só un poderá levar a honra de organizalo. Adiante!
.