(Marko Czalic - Montreal)
Chéganos por fin a resposta á entrevista de presentación de tempada dos responsables de Ordem e Progresso. Só o equipo africano dos Ubembe vai responder despois dos arraianos, probablemente porque son negros. E. Galeano achegou persoalmente o noso cuestionario ao bo de Dino Zoff e isto foi o que atopou.
Ordem e Progresso
Con media tempada de retraso, chega a presentaçom do Ordem e Progresso nesta T7. Hoje, achegamo-nos até a casa de Zoff, onde sacha patacas e coida umha hortinha para matar o tempo livre, "ademais no magosto vou ás castanhas" nos comenta. Falamos de jeito relaxado co técnico do Ordem, mentres ele, acompanhado polo seu cão de palheiro "Troski", roça o monte comum para fazer-lhe a cama aos coelhos na corte, "e mais para que nom arda" sublinha ele, "que os incéndios no vrão som-che a desgraça mais grande desta terrinha".
1. Cóntenos algo sobre o seu clube que non sexa coñecido pola opinión pública.
Se quadra a gente nom sabe que, desde que se retirou o Beckenbauer retirou-se com ele o dorsal número 5 do Ordem. Foi-che mui emotivo, si ho!
2. Cal é o partido da historia do clube do que garda mellores lembranzas? Poderíao comentar un pouco?
Eu nom lhe levo aquí desde sempre, mas creio que aquí tem-se sofrido mais que outra cousa. Home, conseguimos em vários partidos que o rival nom anotara, mesmo nalgum quedamos a zeros.
3. Lembra quen marcou o gol 100 do seu equipo? Se é así, quen foi?
Meteu-no Breitner, creio, já lhe digo que eu cheguei na T4. O 200 meteu-no Sand o outro dia, e nom che nos serviu de muito, nom ho! que perdemos contra o Análisis na Kopa do Pollo.
4. Quen é o mellor xogador que pasou polo clube?
Os 18 que tenho agora. Todos os que estam aqui som cos que tenho que trabalhar e portanto, para mim som os melhores do mundo. Já me encargarei eu de exprimi-los bem, dea-o por feito.
5. Que xogador fichado polo seu clube foi a maior decepción, a nivel individual?
Tardelli, recomendei-no eu, e deixou-me quedar mal perante a torcida. Esta temporada os da Assembleia fizerom-lhe-me caso a Franz para a planificaçom. O Beckenbauer as vezes passa-se por aquí para falar com nós, entende-che muito do choio este do futebol, sabe?
6. Que xogador dos que nunca estiveron no seu clube preferiría como compañeiro, futbolisticamente falando?
Home, já sei por onde vas, pilhabám. Home, para mim seria um honor estar baixo a trave do OeP num jogo oficial. E quem sabe? nom?
7. Cal é o estilo de xogo tradicional do seu equipo? Pensan mudar algo substancial, na tempada que comeza?
Eu só garanto, trabalho, trabalho e trabalho, o resto já se verá. Em qualquer caso a gente fala do catenaccio mecánico, mas todo isso nom som mais que andrómenas.
8. Cal foi a tempada da que máis se desfrutou no entorno do equipo, até a data?
Já lhe digo que aquí só estamos para sofrer. O clube está em crise permanentemente. Esta T7 ainda a imos levando mas manhã ao melhor é diferente.
9. Cal é a ideoloxía do seu equipo, ou a maioritaria entre os seareiros?
10. Que opina do regulamento? Coñéceo? Que lle gustaría mudar?
Eu se me quitas das pitas, e mais do trabalho cos futebolistas já nom sei que dizer-che. Melhor pergunta-lhe a Breitner que está no sindicato, esse sabe-che latim, comprende?
11. Podería dicir os nomes dos xogadores que nunca abandonaron o clube -desde a T1-, se os hai?
Som Cech, e Materazzi, mas volverom agora algúns dos pioneiros, Gio e mais Essien estiverom entre os primeiros 18. Ademais de Breitner, que apesar de chegar depois, também é histórico ao seu jeito, claro, ele sempre faz todo ao seu jeito, nunca se lhe pode dizer nada a el, claro, também é que che trabalha mui bem o rapaz, sabe? É como um mais, mas cum génio! estes alemans! isso si, um fenómeno dentro e fora do campo, entende?
12. Expectativas propias e favoritos para a LPU7.
Home, já sabe, com ir tirando. O objectivo ao começo é sempre a permanência, e melhor que isso, pois o que venha! O Partisano esta-che bem, nom esta? Assí a todo hai-che muita igualdade e até o final nunca se sabe.
13. Engada algo.
Mire, agora de paso que voltamos, passamos a recolher as vacas que já lhe som horas, e despois vou-che dar um saquinho de patacas, que como estas nom as topas no supermercado, e umhas leituginhas. E de aquí nom marchas sem cear, nom ho! Que tenho uns chouriços da matança, que já verá...
18 comentarios:
Semella que os porteiros máis clásicos teñen unha particular querencia pola terra -pola nosa-. Non era o Banks un retranqueiro?
si, a bom seguro que o Banks e o Zoff se levam bem, deixando a um lado a rivalidade desportiva, claro.
Bueno, esto sí que tiene gracia. Dos seguidas. No es porque tenga especial interés en que salga de nuevo Berbatov a colación, pero es que esto tiene paralelismos insospechados. ¡Cuántas almas cándidas! ¡Qué bonito!
Almas cándidas?
Berbatov?
Jorge Bear?
Chamai-me como queirais, mas eu cada vez entendo menos.
Ya lo entenderá.
Se entendo ben o de Berbatov, que non tomei moita molestia, debe de referirse a que, infiro, nalgún momento declarou proceder dalgún lugar que a opinión pública descoñecía que tivese relación con el. Aínda sendo así -xa aclaro que é unha hipótese, pois eu non me lembro-, sacalo agora segue sendo totalmente gratuito. O teu con Berbatov, Nigel, non baixa de obsesión desque apareceu na WIFA. Por que? Iso xa non o sei. Pero resulta altamente cómica, a túa fixación.
HAHAHAHA. Creo que aun no pillasteis el chiste.
Ah, ese! Home, eu se queres cóntoo.
Tambien tiene bastante gracia que me hable de fijaciones un maníaco del control atascado en la fase anal. Pero es que la vida tiene un sentido del humor que supera a cualquier máquina de lanzar tartas.
De todos os xeitos, seguindo o teu propio paralelismo, será un chiste breve con final non satisfactorio para ti e probablemente acabe sendo mellor para a vítima do chiste, que acabará por ter un dragón onde tiña un humano. Pero xa digo, é o teu paralelismo, non o meu.
"maníaco del control" jajajaja
a mensaxe era de autoparodia non?
incluíndo o de acusar aos demais daquilo do que un mesmo é paradigma, non?
en fin... alucinante
e que maneira de perder as formas, ademais
Sí, es que me lei los comentarios de la noticia anterior y pensé que estaba permitido.
Acabo de encontrar la mejor respuesta de la Historia. A la pregunta ¿Qué harías si se fuera a acabar el mundo y te quedaran 5 minutos de vida?:
I would hang myself with my belt and masturbate just to see if it really feels better that way. I've always been too chicken to try but with only five minutes left why not?
Oh!
En calquera caso, é unha crítica ao presidente?
Poderías citar ao autor?
Dejando aparte que parece que cada cosa que digo son críticas, por lo que parece, pues no, no puedo citar al autor. En todo caso, podría indicar su nick, pero no creo que eso fuera muy útil para hacerle una estatua.
Se llama Sir Saladin. He, he... el humor de mis colegas.
O da crítica era un chiste. Polo de "chicken", xa sabes ("Polo de chicken": isto lémbrame ao de "Canta SingStar").
Por certo, alguén sabe se ten que ser necesariamente cun cinto? É que eu probei cos cordóns dos zapatos e pichí-pichá. Algo mellora, si, pero non tanto e ademais case teño un accidente.
Así que diso falan nas xuntanzas de sires, eh? Pillabáns...
Un retraqueiro? Quen, eu?
Publicar un comentario