(Marko Czalic - Montreal)
Días de calma tensa preceden á resolución final da tempada. Co título da LPU aínda por decidir, malia a extraordinaria tempada do líder, as prazas de Kopa da Liga e os rublos aínda en xogo concitan grande parte do interese no aspecto de planificación da T5. A conformación de novos planteis e a saída de xoves valores, asuntos tan típicos destas datas, comezan a se facer notar nos corredores da WIFA.
Pero é a Kopa, ou o que queda dela, onde se centra a maior emoción. Tres clásicos desta competición, Shakhtar, P. Clash e G&H agardan polo seu acompañante nas impredicibles semifinais. Acompañante que sairá do interesantísimo duelo entre Ordem e Swazi. O vencedor non só optará ao título, non só sumará puntos para a clasificación WIFA: entrará no palmarés. Co gallo da proximidade deste enfrontamento achegámonos á figura dun dos máis carismáticos xogadores do equipo de Beckenbauer: Paul Breitner.
O afrocomunista completa a súa segunda tempada cos de Xinzo, clube ao que chegou despois de diversos rumores que, desde tempo atrás, o situaban na LPU. Xa nos afixemos a ver a súa minúscula estampa saír non poucas veces vitoriosa nas loitas de mediocampo, onde puido coñecer de preto a animais mitolóxicos como Vieira ou Rijkaard. Ademais, a súa vocación ofensiva, permitiulle recentemente converterse no autor do gol 100 da historia de Ordem (anotou o 2º no 3-1 ante Che Marx). Únese así a ilustres cengolistas como Koller (Shakhtar), Weah (Asaltacunas), Boniek (Torpedo), o magnífico Kolo Toure (Swazi), autor do gol 100 de G&H en propia porta, Trezeguet (P. Clash) ou Rooney (Pollo), ademais dos milgolistas Basturk (Swazi) e Rijkaard (Asalta), protagonistas ex-aequo do gol 1000 da WIFA e Seedorf, milgoleador da LPU.
1. Saúdos, camarada Paul. Parabéns polo gol 100. Que significou para vostede, no contexto das ideas marxistas contemporáneas?
Saudos camarada Marko. Significou a remontada perante o Che-Marx, por isso o celebrei berrando ATÉ A VICTÓRIA SEMPRE!
2. Cales son as súas comunistas perspectivas para a eliminatoria ante Swazi? É o seu peiteado un símbolo de fraternidade co rival?
Temos que vencer ao Swazilándia BP que é só outro instrumento propagandista do regime absolutista e opressor do Rei de Swazilándia. VIVA A REPÚBLICA.
De certo que o meu penteado é um símbolo de fraternidade coas raças oprimidas; a rivalidade fica nos campos de jogo. BLACK POWER!
3. Ah! Que arteiro! Non agardaba isto dun comunista. Claro que hai máis cousas inexplicables. É certo que cobrou unha barbaridade por anunciar cosméticos?
Sim, foi por rapar-me a cabeça. Por desgraça estamos imersos no sistema; sem jogar nom se cobra e sem cobrar nom há calhos, esta é a escravidom do sistema capitalista. Daquela nem imaginava que poderia jogar de por vida como clássico. Desde que cheguei a Ginzo deixei medrar o pelo outra vez, veja, veja...
4. Claro, claro. E diga, que agarda de cara ao final de tempada? Quizais que todos os equipos fiquen empatados? E como valora o traballo e expectativas do seu equipo?
Os siareiros estavam mesmo eufóricos no equador da liga, mas esta temporada estamos a fazer umha segunda volta lamentável, com todo aguardamos atingir o melhor resultado de todos os tempos na LPU e na Kopa já se verá. HÁ QUE ROE-LO!
5. Como ve aos seus compañeiros de bediobampo, Boban e Becks? E, por favor, tente cinguirse ao futbolístico, a ninguén lle interesa a ideoloxía de Franz.
Vejo-os bem, a verdade que quer que lhe diga, eu de futebol nom entendo apenas. Eu foço e chuto e salto e passo e corro e pugno.
6. Confese. Eran Baader e Meinhof simples monicreques seus, como se comenta por aí?
Só poderia responder perante o meu advogado; se tivesse.
7. E claro, sabían demasiado. Con "por aí" referíame a Bocazas. E, diga, como é o de loitar contra esas mulas que atopa polo círculo central? Pensa que a Natureza é comunista?
É umha loita de onze contra onze, nom? pois já está
8. É sabido que vostede ten peiteado de negro e corazón vermello. Non pensou en ir ao Shakhtar?
Mais dumha equipa mostrou interesse, mas eu cheguei à LPU na T3, portanto nom fum eu o culpável de nom jogar no Shakhtar.
9. Agora a serio. Por que Ordem? Sabemos que non lle faltaban ofertas de clubes comunistas e non-comunistas.
Eu sempre falo a sério camarada. O OeP nom é só comunista, ademais é de aldeia, a única equipa rural da LPU. A maioria dos siareiros som labregos.
10. Expláiese. Traizón ao Torpedo. Por que e, no seu caso -xa que nunca xogou alí-, como?
Penso que foi mais bem ao contrario, eu fum o atraiçoado por nom receber nem umha oportunidade para jogar nesse emblemático clube. Suponho que de ser eu dianteiro...
54 comentarios:
Czalic, coma sempre, falas de máis. Eu nunca dixen nada de Paul Breitner.
Breitner non decepciona ós seus fans. Ben feito, Paul.
A entrevista já está ressessa.
Na Kopa ganhamos a Swazilándia 3-5 e no de volta ganhamos também 2-1 e nas meias finais perdemos contra P. Clash no estádio arraiano 1-3 e empatamos em Korntrazr; 3-3.
Na outra eliminatória entre o G€H e mais o Shakhtar empataram a 2-2 e na segunda mão impujo-se o Shakhtar em Montreal por 2-1.
Portanto, haverá repetiçom da final anarquista.
Ei, xa sei que non é o lugar, pero supoño que a Paul non lle importará que diga isto:
Por que non voltamos ao sistema +2/-1, +1/-2?
Era máis divertido e agora creo que non ten pegas. Ademais é máis compensatorio e non alcista. Obrigaranos a todos a comer a cabeza (no futuro), decidir se de verdade queremos sacar canteirán, etc. E permitirá que haxa fluctuacións reais no valor global dos equipos.
Eu creo que respecto dos rublos, unha vez arranxado o da doble caixa e suprimida a "evaporación" de rublos" é o mellor sistema e o máis interesante, pero é só unha proposta, así que opinade.
Por certo, decidades o que decidades, eu a kopa da liga deixaríaa sen rublos, pero pronunciádevos tamén nisto.
A copa da liga é lógico que nom leve rublos, já que é a partido único, e portanto, jogara-se em terreno neutral (opçom de local/visitante do jogo), nom é?
Nom sei se os partidos da copa da liga deveram contar para os canteirãos, suponho que sim, já que seria moi raro jogar mais de 2 ou 3 e se alguem faz a machada pois também merecerá o prémio de que o jogador melhore.
Eu já opinei haverá cousa de um mês que o método de -1 para todos é inflacionista, e as equipas estam inchadas abondo.
Eu de boas a primeiras deixaba o +2/-1 +1/-1, máis se temos en conta que en xeral a xente anda sen un can.
Por outra banda paréceme ben o de non gañar rublos na Kopa da Liga, pero non o de que non suban os canteiráns. Ó final ese vai se-lo seu torneo.
A Assembleia do Ordem e Progresso quer fazer pública a felicitaçom para o Asalta e os seus siareiros (se os houver entre os lectores deste jornal) polo título de liga que se confirmou no último partido da T4 jogado no estadio arraiano.
Um jogo lamentável do Ordem que foi bem aproveitado polo líder da classificaçom para ganhar pola mínima (2-3) e confirmar assim o seu domínio assovalhador nesta competiçom.
Assi mesmo, queremos somar-nos a umha nova iniciativa parida polo colectivo "Nenos de Montreal": Da-nos igual quem ganhe a liga, mas seja quem for, deverá estar por baixo dos 32 pontos (2pt./partido = média inglesa), se nom será um fracasso colectivo da WIFA.
El sistema +2/-1, +1/-2 no se abandonó sólo por los canteranos, y creo que ya está más que debatido. No voy a repetir los argumentos otra vez, que ya es cansino. Esto ya parece una manía del señor Gecho. Creo que nadie, excepto él, ha dicho una sola palabra para volver a ese sistema. No es ni compensado, ni realista. Y ahora que la gente estaba dejando de hacer cálculos para ser más barato no tengo la menor intención de volver a la misma situación que antes.En definitiva, no.
Por cierto, me parece que el sistema actual de compra de canteranos también necesita rublos. ¿Vamos a volver otra vez al sistema que beneficia muchísimo más a los de menor valor mientras que los que valen más no tienen un duro para comprar canteranos? En fin. No veo la diferencia con respecto a la situación por la que abandonamos el sistema.
a diferença é que agora aos canteirans nom se lhes pode meter rublos, nom?
Por lo que veo, hay una intención en el ambiente de no querer entender lo que se dice. Haré un último esfuerzo. ¿Cual es la lógica de poder gastarme 1 rublo en canteranos y otro equipo 7 u 8, con la sola diferencia de que uno vale mucho y otro poco? Lo caros seguirán pasándolas putas para llegar con positivos a final de temporada y eso les impedirá fichar canteranos en posición de igualdad con nadie. Y, como he dicho, no se abandonó el sistema sólo por los canteranos. El hecho de que un equipo gane rublos con un margen cuatro veces superior a otro creo que también es algo a tener en cuenta. Así como que los de arriba no tengan margen económico como no sea echar jugadores: incluso si logran acabar la liga con uno o dos rublos no da ni para canteranos ni para na nada. Si no se quiere ver, que no se vea. Haced un esfuerzo, por favor, y dejad de tocar las pelotas.
a minha intençom nom é tocar-che as pelotas, suponho que a tua tampouco será tocar-me as minhas.
Te equivocas.
Vou obviar as respostas aos ataques e a valoración sobre os mesmos. Custa un pouco, pero como a miña proposta era para mellorar e corrixir un problema e sendo consciente de que podería acadar respaldo suficiente para ser aprobada, vou seguir nesa liña. o que busco non é aprobar cousas por maioría -na medida do posible- senón acadar unanimidade, así que o que propoño é isto. -0,5 por empatar na casa. Para todos. Corríxese o alcismo (en parte) pero para todos igual, e a "vantaxe" dos de abaixo segue sendo mínima (menor incluso).
Respecto da Kopa da Liga, por min dacordo: non aos rublos, si aos canteiráns.
Eso ya me parece un poco más justo ¿verdad que no costaba tanto? Pero creo que antes de empezar a darle patadas a la economía de la gente se debería pensar hasta qué punto es alcista el sistema. Si un buen porcentaje de los rublos gastados van a ser "no útiles", es decir, que no suben el valor por ser rublos invertidos en jugadores por encima de 18, más clásicos u hordas de canteranos, a lo mejor el sistema no es alcista en absoluto, aunque lo parezca a primera vista.
"¿verdad que no costaba tanto?"
...
En fin. Entre xente intelixente sobran comentarios. Vou arriscar e non facelos. En parte porque supoño que é o clásico comentario putilla do sir a ver se me reventan as pelotas.
Non dou patadas á economía. Penseino un pouco, efectivamente. Procedendo con orde, non inventamos os sumidoiros de rublos porque o sistema fose alcista. Fixémolo para evitar que un equipo en proceso continuo de beneficio disparase a súa diferenza con respecto ao resto. O sistema en que se impuxeron eses "sumidoiros" non era alcista. O razonamento era: a media é cero, pero os 3 + pobres non baixan, polo que a media é algo maior que cero. Se impoñemos restriccións á eficiencia dos cartos dos máis ricos (en realidade restriccións para todos que tenden a afectar principalmente aos ricos) devolvemos a media ao entorno de cero. O que acotece agora é que o sistema si é alcista, pero os rublos (os de todos) en exceso vanse en parte por estes sumidoiros => todos, ou a maior parte, estamos na situación do que o sistema anterior estabelecía como "ricos". É dicir, que igual o resultado da tempada é cero, pero equilíbrase a base de que o 80% de nós gastemos en luxos. Analizando todas as tempadas anteriores, o número de empates é duns 15-20 por tempada. Isto deixa o sistema entre -7,5 e -10. O número de vitorias locais de equipos pobres é de, aproximadamente, 16 (contando liga e kopa). Isto da unha bagaxe de 18-10 (caso de moitos empates) = +8. Non é dramaticamente alto e mantense a posibilidade interesante de que en determinadas tempadas o cómputo xeral sexa negativo (por exemplo, anos con moitos empates ou maioría ampla de vitorias visitantes ou ambos). Creo que a disipación de rublos, de existir, debe tender a que o sistema teña perdas, non a que mitigue beneficios. A base de poñernos as cousas doadas estámonos complicando (os cartos valen case sempre menos que os xogadores => poucas transferencias; o mercado está copado en grande parte (segue a haber bos xogadores, pero decidimos por preferencia, non por mellora). A min particularmente mólame que teñamos as cousas algo difíciles, que realmente haxa que tomar decisións. Pero á marxe da miña opinión, creo que obxectivamente da máis versatilidade un sistema teoricamente equilibrado no seu conxunto que un alcista de seu.
Meu deus bendito. Hai un boulevard Shevchenko en Montreal. Isto tíñao que dicir. Creo que vou chorar.
No acabo de entender muy bien lo que dices, pero vale. Aun así, el problema sigue ahi. ponemos aun más pérdidas por empate se darán más diferencias a final de temporada. Unos ganan 2 en muchas ocasiones, otros 1. Si al empatar también se pierde unos tendrán más ventaja que otros. Hay algo que hay que recordar de una vez: más barato no significa que sea un equipo que gana menos partidos. Creo que continuamente piensas los cambios haciendo ese paralelismo, y es falso. Este año ganó la liga de calle el que empezó siendo el 2º equipo más barato, y si subió en el ranking fue por decisión propia como él mismo dijo, por fichar un par de jugadores en lugar de gastarlo en canteranos (cosa que se podrá hacer también, de otra forma, en la siguiente temporada). Y a continuación venían todos los demás equipos igualadísimos, ricos y pobres por igual. Con resultados parecidos, unos ganarían con ese sistema bastante más que otros. No creo que sea buena idea incluir más pérdidas y volver a aumentar la diferencia de ganancias, empezando otra vez la carrera por ser más barato.
Resumiendo, que no creo que sea buena idea aumentar las pérdidas, es más, yo volvería al sistema 1-1 si los demás estuviesen de acuerdo (claro que no he removido las aguas, no como hacen otros; mi ya legendario sentido de la mesura ha dejado en evidencia otra vez a los demagogos).
Una solución sería, volviendo al sistema 1-1, crear tal cantidad de posibles inversiones que no fuera posible usarlas todas, dando a los equipos posibilidad de "especializarse", eliminando así muchos de los problemas que surgen de tener equipos más o menos ricos. Es decir, añadir a las actuales inversiones en canteranos y jugadores muchas más. Simplificar el sistema, poniendo de nuevo el 1-1 sin más recuentos de quien es más o menos barato (excepto a mediados de temporada para ver quien no pierde). Este sistema de abrir las posibles inversiones al infinito y más allá lo he usado en varios de los juegos que he diseñado y funciona. En realidad, funciona muy bien.
Eu sigo sin verlle tanto problema a que o sistema sexa alcista. De calquera xeito sería cousa de votalo. De boas a primeiras o +2/+1 da actualidade eu non o tocaba.
Por outra banda, o de ter moitas posibilidades en que gastar rublos está ben como idea, pero a efectos prácticos non creo que o xogo dea para tanto. Igual ando con pouca imaxinación, mais aparte de fichar xogadores e canteiráns en que máis se poderían gasta-los rublos?. Eso si, se alguén ten algunha idea, por favor, adiante.
Yo puestos a elegir tampoco tocaba nada. Si hay que tocar, lo último que haría sería volver a aumentar las posibles pérdidas.
Pois nom se toca e já está, por mim nom há nengum problema.
De feito eu sempre ando dizendo que umha das cousas que há que fazer é deixar um método para ver como evolue antes de tirar conclusons.
Assim quando remate a T5 ou a T6 os que tenham razom podem-lhe tomar o pelo aos outros.
De certo que nom sei porque o Getxo se surpreende de que haja umha rua dedicada a Sevchenko em Montreal, suponho que ademais será umha importante.
O realmente curioso seria que houvesse umha em Malmö.
Concordo con Rapajk no último asunto. Entendo e non dubido do exitoso do sistema de Sir Nigel, pero aquí estamos ante un xogo unidimensional, ou asimilable a un unidimensional. Ao final todo o que non son pelexas (partidos) tradúcese unicamente en ter o mellor equipo, xa sexa por ter + xogadores, + clásicos ou mellores canteiráns. Para o cal se empregan os rublos. Así que non creo que haxa moito por onde ir nese sentido (quero dicir que si se pode ir, pero poñendo para gasto de rublos cousas seudoabsurdas que non supoñan melloras reais do equipo, o cal non é desexable, penso eu). Respecto do que di Sir Nigel dos canteiráns, penso que o mellor é limitar a inversión. Poderase poñer entre 3 e 6 rublos (o que dá para elixir entre 1 ou entre 4 xogadores). Deste xeito evitamos que alguén os tire por deporte, ou que gaste neles até que obteña o xogador bo da posición que quere, porque se estamos a iso mellor deixamos que a xente a escolla.
Respecto do que di Sir Nigel de "claro que no he removido las aguas, no como hacen otros; mi ya legendario sentido de la mesura ha dejado en evidencia otra vez a los demagogos", deixo este espazo para que el mesmo escriba o insulto que máis lle goste, adicado a si mesmo:
Tocante ao do alcismo, este ano imos por +26, pero nos 5 partidos que quedan haberá variacións. O resultado final vai estar entre +23 e +33. A min paréceme unha burrada por todo o exposto previamente. Como non entendo por que Rapajk non lle ve problema, non llo podo explicar.
En relación a que os pobres gañan tanto como os ricos, todo é falso. É falso que eu parta de que os pobres gañan menos. A min iso dame igual. Eu parto de dar aos equipos a posibilidade de equilibrar o seu potencial. Se alguén nos gaña cun equipo máis barato, ben por el. Pero tamén é falso que os pobres gañen tanto como os ricos. A WIFA réxese dun xeito bastante estable pola seguinte lei: vitoria rico=50%, empate=20%, vitoria pobre=30%
Nin un so destes datos foi inventado. Agora, co sistema:
+2/-0,5/-1
+1/-0.5/-1
Se supoñemos que ambos teñen igual probabilidade de vitoria, a esperanza matemática do máis pobre, que xogará sempre baixo o 1º réxime, será de será de 0,17 rublos por partido e a do máis rico de -0,17 rublos por partido. Os do resto irán no medio. Pero o que vai pasar en realidade será o seguinte:
Equipo máis pobre: 2*0,3-0,5*0,2-1*0,5=0 rublos por partido (asignando os valores baseados na experiencia).
Equipo máis rico: 1*0,5-0,5*0,2-1*0,3=+0,1 rublos por partido.
E todos os demais van no medio. É dicir, que a vantaxe que concede ser máis rico (baseándome na experincia estatística) e moi lixeiramente superior -practicamente idéntica- á vantaxe que dá aos pobres o sistema que acabo de propoñer.
Así as cousas, o que o faga mellor do que é habitual para o seu posto na C.E., subirá. O que o faga peor do que até agora se fixo no seu posto, baixará.
Este ano rematou a tempada e algúns mesmo fichamos e investimos en canteiráns ao longo da mesma. Resultado:
Che -4,4 (aínda non rematou)
Swazi -0,5 (non os ten que baixar)
E o resto andamos entre +1,5 e +5,7. A min paréceme aberrante.
Bueno, yo no sé el caso de los demás. En el mío (y quedé de segundo, o eso parece) es que sólo perdí un partido en casa. Invertí muy poco en el canterano (quizá dos rublos, invertiré más el año que viene en sacar otro o en jugadores). A pesar de eso estoy con +4,5, que creo que no es tanto para mi posición en la liga. Si para los demás se ha dado el caso de que han ganado en casa, pueden darse burradas. Y para burrada, la de Chema, claro, que revienta todas las estadísticas. Pero eso no lo iba a arreglar tu otro sistema.
Además compara todo lo que hemos ganado con el valor de equipos. Todo eso que falta, que supongo que será casi todo, porque no he visto que los equipos suban tanto, son rublos que se han ido por el retrete por una razón un otra. Y ocurrirá lo mismo con los que tienen ahora: más canteranos.
É um pouco sospeitosa a frase de Getxo: "Nin un so destes datos foi inventado." se fazemos caso as interpretacións de Czalic, que quer dicer que hai veces que se inventa datos?.
Exixo unha comisión de investigación que depure responsabilidades.
Non vexo problema se alguén ten rublos e quere mellora-las tiradas, por qué hai que limitarllo. Tamén vos digo que non me parece que compense gastar por exemplo 6 rublos en canteiráns, pero bueno.
Propuesta para mayor número de gastos:
Limitar la media que puede salir en las características a un par de cifras por encima o por debajo de la media.
Limitar, como dice Gerxo, el número de canteranos, para que no se haga un número infinito de tiradas.
Permitir gastar un rublo para que en una de ellas se limiten las posibles posiciones que le salen al jugador (como defensa, centro, etc). Esto se puede hacer en todas los posibles canteranos.
Permitir gastar un rublo en que una de las características se haga con una media más alta. Esto se puede hacer en todas los posibles canteranos, con un máximo de, por ejemplo, tres.
Se admiten más posibilidades.
Esto permite gastar más en canteranos, es útil y no mejora sensiblemente la media de éstos.
Como eu, no meu papel de demagogo, non emprego frases como "a xente non me quere entender", nin sequera cando é obvio que é así, o único que podo dicir é que o que dis xa está respondido no comentario anterior. Debíchete despistar.
A respecto de que ti teñas +4,5, que sexa pouco ou moito non é valorativo, senón científico. Se a expectativa é de +1000 é pouco. Se é de 0, entón é moito. A min paréceme que é bastante (asumindo e aceptando que na nosa intención estaba limitar o beneficio dos máis ricos e considerando que gañache 5 partidos na casa esta tempada, dun total de 10 xogados).
Como outras veces, non se trata de discutir o puntual -non é que te acuse de facelo, falo tamén por min-, se non de decidir o que queremos e aplicar o sistema que se adapte a iso a nivel xeral, asumindo logo que se alguén o fai moi ben ou moi mal, a desviación vai ser alta, pero niso consiste, non?
O que quero dicir é que se non partimos das mesmas premisas iniciais nunca habemos estar dacordo no axuste numérico.
Eu parto de que a xente tenda a gañar/perder 0 e de que o sistema compense aos pobres o seu costume de perder + do que gañan á vez que lles deixa aberta a opción de deixaren de ser pobres. Creo que o Sir e o Rapajk non parten do mesmo, pois a ningún dos dous parece importarlles que o normal, para cada un dos equipos, sexa gañar 3 rublos a final de tempada. Se isto é un sentir xeral non ten sentido que eu propoña solucións ao que para vós non é un problema. Se o fago é porque eu consideraba un feito que chegaramos ao acordo, ao principio da T3, de que a posibilidade de gañar/perder rublos debía ser idéntica.
Parécenme ben as propostas do Sir de gasto extra en canteiráns, agás a última, porque marca unha grande diferenza entre porteiros e defensas (para estes sería moi válido) do que cos outros.
Independentemente de que apliquemos isto, que por min si, sigo pensando que o punto de vista é diferente. Velaquí como eu o vexo:
Sir Nigel: "como sobran rublos, permitamos o tuneado de canteiráns".
Getxo: "impidamos que sobren rublos. Se así e todo alguén se forra, pode investir en canteira e no tuneado. Se alguén non se forrou pero quere investir en canteira e no tuneado, entón terá que facer renuncias. Por exemplo, eu rematro a tempada en +0 e quero sacar canteirán que sexa CCD e o mellor posible. Se me importa o suficiente, ao mellor renuncio a Batistuta e con iso meto 4 rublos para elixir entre 2 canteiráns e dou extra para que ambos sexan CCD. Se non me importa tanto, quedo con Batistuta. Non fixen méritos, non vou sobrado, non o fago."
NOTA: a explicación da visión de Getxo é máis ampla porque o coñezo máis e non podo poñer palabras falsas na súa boca.
Esta non é máis que outra forma de dicir o de antes. Que non estamos a partir do mesmo.
Veamos: Si la gente en general debe ganar/perder 0 y los pobres deben tender a ganar más, me parece que la X de la ecuación resultante es que los ricos perderán. No estoy de acuerdo en absoluto en que eso deba ocurrir como sistema, y menos al nivel que ocurre con el +2/-1, +1/-2, que es brutal. Cuando estuve de acuerdo con equilibrar las cosas era para que no hubiera grandes diferencias, no porque hubiera aceptado que los ricos debieran perder rublos por el hecho de serlo, como sistema. En el sistema actual las cosas se equilibran y la inflación no es ni mucho menos grave. Vuelva a mirar cuantos rublos ganado los equipos y cuanto han subido su precio, y verá que la cosa no es para tanto.
Si quiere acabar con la inflación use el sistema +1/-1 para todo el mundo, con la red de seguridad de que los 3 últimos no pierden.
Y sí me parece normal que los equipos (todos) PUEDAN ganar 3 rublos por temporada. Al fin y al cabo esos rublos no subirán 3 la media del equipo. No es para tanto. Es lo mínimo para sacar un canterano o ahorrar para un posible fichaje. Ya se perderán rublos en caprichos (pregunte a Mitea), más canteranos o lo que sea.
Aí, que se saia á luz tódolos datos que se inventa este Czalic do carallo
Cito, pero non a mala fe. E que se non me perdo, e a última vez que respondín ían 6 mensaxes no medio.
"Veamos: Si la gente en general debe ganar/perder 0 y los pobres deben tender a ganar más..."
Non dixen isto. Dixen que a xente en xeral debe tender a gañar 0, pobres incluidos. Que os pobres teñen, só en base aos rublos asignados a vitoria/derrota, maiores perspectivas de beneficio, pero que isto é falso cando se analiza a tendencia dos pobres a gañar, mesmo este ano con P. Clash e Asalta entre os pobres, que está na orde do 30%. Así que metendo TODO na ecuación, a tendenza é a descrita: os ricos, en base a como se veñen comportando todos os equipos até o de agora, obterían unha media de un kopec por partido. Os pobres, obterían 0. Non me parece mal esta lixeira "vantaxe" dos ricos, pois non en van, gañar ten o seu mérito así e todo e porque, ademais, as desviacións da media tenden a ser algo máis favorables aos pobres. En suma, o resultado máis probable do sistema é que a clasificación económica permaneza constante, deixando espazo para que un pobre que o fai moi ben cambie de status, estando máis controlado o risco (existente, como é obvio) para os ricos.
"En el sistema actual las cosas se equilibran y la inflación no es ni mucho menos grave. Vuelva a mirar cuantos rublos ganado los equipos y cuanto han subido su precio, y verá que la cosa no es para tanto."
Que a inflación non sexa grave é valorativo. Os equipos non soben moito de valor porque están no puto umbral do infinito. O que é seguro é que así non van baixar (a nivel colectivo, quero dicir, e apenas a nivel individual). Así e todo, o meu subiu 3 rublos e inda teño 2 no peto. O de Txema, por aí (se non me trabuco) e non sei se algún máis. A min a inflación, insisto, paréceme "grave" no sentido en que convirte "nunha carallada" o sistema económico. Pouco menos que quen non saque canteirán será porque ten un plan maléfico de orde superior. Eu non persigo que os pobres se fodan e non podan sacar canteirán. O que persio e que se poda sacar se hai éxito económico ou se hai clara vocación de sacaalo, renunciando a outras cousas.
"Si quiere acabar con la inflación use el sistema +1/-1 para todo el mundo, con la red de seguridad de que los 3 últimos no pierden."
O problema dese sistema é o seguinte: como en cada partido o rico gaña un 50% das veces e o pobre un 30% e como os 3 + pobres non baixan, a dinámica sería esta, simplificando:
Os 4 primeiros valen 80
O seguinte, 75
Os últimos 72,71,70,69
Os de abaixo perden 4 rublos, os de arriba gáñanos, o do medio queda no medio.
Resultado
Os 4 primeiros valen 84
O seguinte, 75
Os últimos 71,70,69,68 (xa que os 3 últimos non baixan)
Seguindo así (o que en realidade se agravaría a máis velocidade, ao empeorar os de abaixo):
Os 4 primeiros valen 88
O seguinte, 75
Os últimos 70,69,68,67
Os 4 primeiros valen 92
O seguinte, 75
Os últimos 69,68,67,66
ETC
Xa sei que os rublos dos de arriba se disiparían, pero en cousas que lles dan vantaxe (+ xogadores, + clásicos, + canteiráns -o que é unha vantaxe no sentido de que o fan porque queren facelo)
Czalic non inventa, crea. O xornalismo ben practicado é unha arte.
Mira que eres pesao. Podemos tirarnos horas mirando cifras. No veo que el sistema que dices sea mejor que este. Todo es cuestión de a donde se quiera llegar. Yo seguiría con el actual. Y la verdad es que no se ha escuchado ninguna queja.
Si, son pesao. Outras veces tocoulle a outro. Eu si vexo que o sistema é mellor. E si que hai queixas, a miña. Se non me trabuco, tamén a de Hándicap. Non sei exactamente como tomarme a negación da existencia de queixas cando estas son tan evidentes e veñen de min. Normalmente, é posible que por descoñecemento ou por falta de tempo, pouco máis de 4 persoas son susceptibles de protestar. O resto asumen situacións dadas até que se xera un debate. 2 de 4 non está tan mal. E, voltando ao xa falado máis veces, non se trata de que me gosta máis, senón do que é mellor. Levo todo o tempo dicindo que as diferenzas están no punto de partida. Se vos da exactamente igual que nunca se baixe, que os equipos anden por sempre nestes reximes e que ningún xogador bo volva quedar libre xamais excepto por capricho do propietario, por min vale, non me vou tirar dunha ponte. Pero quero ter claro que é iso o que queredes, porque se non, non entendo nada.
E non estou a facer números ao chou, eh! Creo que están ben explicados, e que veñen ao caso.
Mira pollo, tú no te quejas, tú eres un pesao. Y no se trata de que me guste que se gane continuamente, es que creo que lo que propones es un truño. Propón algo mejor y te haremos caso.
Fuck yourself from behind, stupid and slow white man.
Mira, no quiero herir tus sentimientos, pero tú eres blanco.
Espero que vaias ao inferno por dicíresme iso. Ou que che traian carbón.
buf, eu paso de ler todo isto,xa mo contarán o venres...
A min que non me pregunten nada, que xa teño posto o flotador gluglugllll
A ver, eu non considero que sexa grave que os equipos ó final da tempada teñan un balance de +3 rublos porque:
- Efectivamente, non tódolos rublos se invirten ben. E sei do que falo.
- Esa media alcista vai compensada polo anterior, tamén porque un xogador 19 xa vale máis que o propio xogador en si, un 5º clásico pois non o queiras saber, o de sacar varias fichas de canteiráns...
- O de soltar xogadores tochos pois que queres que che diga, penso que a maioría dos equipos vanse desfacer de xogadores de perfil medio/baixo (para a LPU) que dos cracks. Eses non creo que vaian mudar de clube a non ser que o responsable do mesmo decida vendelos, polos motivos que sexan.
Pensas que se o Pollo queda en -10 vai soltar a Zlatan ou a Rooney? Digo o Pollo por dicir un, eu diría o mesmo de Boniek, tamén podemos falar de Maradona, Gerrard, Franz, Milla, Eusebio, Ronaldinho...
Resumindo:
1. Non propoño un sistema mellor porque non o hai. O que acabo de propoñer é perfecto.
2. Non espero que ninguén se desfaga do seu xogador máis emblemático. Pero convirás comigo en que se hai que baixar, algo hai que botar. E o que botas é válido para a LPU. Non en van xogaba nela. Por outra banda, deixando a opción de baixar, a medio prazo calquera situación é posible.
3. Parece claro que vos importa un carallo que o sistema actual sexa lixo. Estandarizades os extras como dereitos adquiridos e a vivir. Máis claro do que antes non o podo dicir.
Pois nada, así queda. Se algún día vos parece aburrido ou lle vedes algún defecto vídesme contar, que teño curiosidade. A todo isto, para que carallo lles baixamos aos canteiráns? Total...
Non quero que se interprete mal o sentido e o ton das miñas palabras, por iren estas por escrito. Non estou molesto, é que penso que sodes mamóns. Espero que agora estea claro.
Deverias assinar como Getulio Venus quando te nos pões lapidário.
El anarkista nazi ucranio-canadiense pseudonegro tiene razón, el sistema es un truño. Hagámosle caso a él, que sabe qué es mejor para nosotros, que vivimos en la ignorancia. Al que nos la metió doblada con los canteranos y estuvo dos meses diciendo que no los veía tan buenos. Y el que estuvo cuatro meses diciendo que esta versión no era tan mala. Hagámosle caso, a ver qué pasa.
Se pretendes que responda a tal cantidade de basura vas listo. Sodes mamóns. Punto.
Por certo, Getulio I, "o Lapidador", soa bastante ben.
Por la velocidad a la que ha DIlapidado su credibilidad?
Nom é o mesmo lapidário que lapidador.
Como o que sofre as consequências das prácticas inquisidoras som eu, preferiria que nom desses ideias.
Gracias pola aclaración lingüística, mais era consciente. O alcume "o lapidario" resulta un algo feble para un emperador, de aí a variación.
http://www.youtube.com/watch?v=hEBTy_dmgjI
Si, resulta edificante velo de cando en vez.
Publicar un comentario