domingo, 20 de abril de 2008

Un inicio xa familiar

(Marko Czalic - Montreal)
Como xa saben, comezou a T5 e fíxoo, sobre todo a nivel de resultados, dun xeito moi semellante á tempada pasada. Asaltacunas lidera de novo de xeito solvente a clasificación, méritos á marxe, cun pleno de vitorias que o sitúa "fóra da lei", pois supera os coñecidos 2 puntos por partido estabelecidos no "Pacto de Korntzatr". O Pollo, pola súa banda, realizou un inicio moi esperanzador cun calendario esixente. Os seus innumerables fans agardan unha confirmación desta tendenza que, atendendo ao xogo exhibido, semella moi probable. Gloria e Shakhtar empezaron un chisco frouxos, concedendo demasiada vantaxe pola súa calidade de teóricos favoritos. Swazilandia promete, mentres Che Marx continúa iterando na busca da solución axeitada. O Torpedo, como se dixo, volveu facer gala de certa inconsistencia, pero cun só partido desputado non é doado tirar conclusións.
LPU 5
X1
Shakhtar 3-3 Gloria
Espléndido partido para iniciar a competición oficial. O Shakhtar empezou moi forte e froito do seu dominio, nunha boa xogada, Lampard anotou a pase de Zico. Porén, G&H amosou a súa pegada e en dúas xogadas virou o marcador sen esforzo. Primeiro cun córner en curto para Zambrotta que chegou a pés de Eusebio, quen aproveitou unha marcaxe levemente laxa para fusilar a Yashin. Xusto a continuación, unha xogada entre Cruyff e Seedorf concluiu cun potente disparo do último, que pasou entre 2 defensas e Yashin só puido tocar inutilmente. O Shakhtar revolveuse ante o fatalismo cun tremendo zapatazo á escadra de Zico desde uns 25 metros, e fixo xustiza ao primeiro tempo cunha excelente combinación: Shevchenko inventou un pase excelente cara a liña de fondo onde Zico, lanzado ao chan, gañou por pouco a partida a Zanetti enviando un centro atrás que Toni aproveitou para volear a gol ante un Schmeichel descolocado (3-2). Os visitantes reaxiron no 2º tempo até que Eusebio superou a Lucio e Yashin cun pase xenial que Seedorf empurrou a porta baleira. A partir de aí, cunha certa aprensión por ambas partes de verse derrotados tras amosar tanto, houbo reparto de ocasión claras para rematar nun empate xusto.
Asaltacunas 1-0 Pollo
X2
Pollo 1-0 Shakhtar
A primeira media hora arrasadora do Pollo, con 3 balóns á trabe, non variou o empate inicial. O Shakhtar equilibrou o xogo no último cuarto de hora e Shevchenko rozou o gol. O segundo tempo mantivo o equilibrio até que Koller, sorprendentemente áxil, recibiu, parou, xirou e lanzou con potencia e precisión (1-0). Nos últimos minutos, o intento de ofensiva total do Shakhtar deu por resultado dúas madeiras máis dos suecos á contra. Vitoria xusta.
Swazi 2-1 Che
Inicio de tempada en Mbabane, nun partido dominado a nivel xeral polos locais. Un bonito lanzamento axustado de Basturk deu vantaxe, que Ubembe dobrou tras do descanso. Un man a man de Henry, ben resolto polo francés, deu emoción aos instantes finais.
X3
Asaltacunas 4-1 Torpedo
Gloria 1-2 Pollo
Primeira vitoria visitante da liga, acadada por un Pollo aguerrido e valente que tivo que adiantarse por dúas veces por medio de Zlatan para superar ao seu poderoso rival. Eusebio anotou o gol local.
KOPA DO POBO / KOPA LPU
1/32 final
Swazi 2-0 Che
Reedición do partido de liga, con desenvolvemento semellante. Desta volta foi Milla o executor, sentenciando a 10 minutos do final, co gol 100 da historia de Swazi, a primeira vitoria dos africanos nunha elimiatoria kopeira.
1/16 final
Shakhtar 4-2 Swazi
Bonito espectáculo no Quebec. Aos quince minutos o dominio local reultou nun córner executado por Zico que a defensa rexeitou con apuros cara o lateral da área. Littbarski, no seu debut, recolleu, penetrou e mandou atrás onde o xove Vyatcheslav Azutkin controlou e disparou un balón que, tras petar nun defensa, acabou na porta de Julio Cesar. Despois, grande apertura de Toni á esquerda, excepcional centro do excepcional Czalic e testarazo potente de Littbarski (2-0). Swazi reaccionou dando entrada a Pele por Essien e a Toure por un mal Silvestre. A primeira aproximación africana concedeulles un córner que Pele anotou directamente, de xeito snsacional, tras rozar levemente en Igro Czalic. Shevchenko asumiu entón o mando e conseguiu un gol fantástico en xogada persoal. Pouco despois, Zico picou cara o vértice dereito da área e Shevchenko, orientado ao córner e gañando a acción a 2 defensas, centrou de primeiras ao 2º pau para que Toni cabecease de xeito inapelable. Swazi voltou ao encontro cando Kempala atopou a Pele, que desfixo a Krstajic e superou a Yashin desde fóra da área (4-2). O segundo tempo, aberto e igualado, puido gañar emoción ao final, cando Pele, sobresaliente, enviou á madeira e aínda, pouco despois, Milla marrou unha boa ocasión.

CLASIFICACIÓN LPU5

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Asaltacunas FC

2

2

0

0

5

1

6

4

2

Pollo FC

3

2

0

1

3

2

6

1

3

Swazilandia BP

1

1

0

0

2

1

3

1

4

Gloria y Honor

2

0

1

1

4

5

1

-1

5

Shakhtar de Montreal

2

0

1

1

3

4

1

-1

6

Ordem e Progresso

0

0

0

0

0

0

0

0

7

Partisano Clash

0

0

0

0

0

0

0

0

8

Che Marx Ltd.

1

0

0

1

1

2

0

-1

9

Torpedo Zagreb

1

0

0

1

1

4

0

-3

KOPA LIGA T5

1/32

Swazilandia BP

2

Che Marx Ltd.

0

1/16

Shakhtar de Montreal

4

Swazilandia BP

2

1/8

Torpedo Zagreb

Shakhtar de Montreal

Ordem e Progresso

Pollo FC

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Lo que mas me gusta de los lunes es leer la prensa deportiva

Anónimo dixo...

hehehe, xa che digo

Anónimo dixo...

Gerrard: "Somos favoritos al título de liga".

Anónimo dixo...

Yo le doy la razón a Gerrard.

Anónimo dixo...

Joer, el Gloria y el Shaktar nos vamos al pozo. Que ahora los negros meten goles y los cubanos defienden. A ver quien remonta esto.

Anónimo dixo...

Concordo. A nosa situación é desesperada, só quedan 14 xornadas. Haberá que ir a polas kopas, con Adriano e Lucio.