xoves, 24 de abril de 2008

A Ordem sen defensa

P. Clash alcanza o liderato na X1 cunha exhibicion dos seus mediapuntas

redaccion interna P. Clash


O Ordem e Progresso comeza con mal pé a súa andadura na T5. Onte recibía ao actual campeón de Kopa (P. Clash) co que perdeu por 1-4. En 40 minutos o partido estaba máis que sentenciado. Susaeta abriu o marcador, tras un mal despexe da defense que Gerrard puxo na área para o basco/scottish. O 0-2, foi obra do propio Gerrard ao picar fenomenalmente o balón á saida do porteiro, tras roubarlle a carteira por turnos a tres defensas rivais. O Ordem veuse co partido costa arriba. E o P. Clash aproveitou a febleza das súa defensa para que en dos xogadas persoais de Kaká e Berbatov, Stoichkov e o propio Kaká sentenciaran o partido aos 40 minutos. Os catro mediapuntas do P. Clash puxeron os goles. No Ordem so destacaron as internadas de Messi e Drogba que nunca atoparon rematador ante a portería do debutante novo basco do Clash "Zamora". O Clash sorprendeu no seu xogo. Stoichkov apenas interviu en ataque. Esta vez o Partisano entrou polo centro e se acaso con internadas do xa completo Markel Susaeta pola dereita. No segundo tempo ambos equipos mereceron un par de goles. Mais tan só subiu ao marcador o da honra para o Ordem. Sold Fish. O pescado estaba vendido.
O Partisano afronta con boa disposición o partido da X2 contra o outro campión, o da liga, Asaltacunas. O Ordem, tentará reerguerse ante o feliz Torpedo.

Berbatov: "Non doe tanto non marcar cando o fan todos os teus compañeiros. Ou sí".


Os mellores de cada quen:

-Messi. Correu e creo perigo pero estivo sempre só.

-Gerrard. Interviu nos dous goles que abriron a goleada. Moita presenza en ataque na primeira e en defensa na segunda.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Tremendo, 10 partidos, 10 crónicas (maiores ou menores). Pero aviso: a tempada ten 95 partidos oficiais.