luns, 31 de marzo de 2008

10 preguntas a Ivan Vladic

(Redacción)

Os redactores do xornal non paran. En exclusiva temos a primeira entrevista coa xove promesa do Torpedo, Ivan Vladic, que ven de gañar o Mundial Sub-21, amáis de ser unha das estrelas do torneo, con sete goles e duas asistencias.

1.-Boa tarde, Ivan, como vai a cousa?
Ben. Gañamos o Mundial. Mal. Non gañamos a LPU. Mal. Nin a Kopa.

2.-Parace que xa se aclimatou ó equipo, a sua progresión é sorprendente.
Sí. É certo. Os números falan.

3.-Como compaxina estudiar co fútbol?
Eu non estudio. Deixeino en cuarto.

4.-Comprendo. Unha infacia difícil, quizáis?
Crecín entre balas. E minas. Eles eran duros. Eu tiña que selo aínda máis.

5.-Que pensa do novo adestrador? Vai facer do Torpedo unha escadra que poida competir pola LPU?
Máis lle vale. Teño fe nel. Veloz coma o vento.

6.-Vai ser titular o ano que ven?
Si. E a miña obriga. E chuzar.

7.-Que hai de certo no que din que viviu nunva cova os anos da guerra e que comeu ratos e culebras para sobrevivir?
Todo

8.-Pode dicir algo gracioso?
Podo. Ainda que non o pareza.

9.-Que opina do xogo duro que practican algúns equipos?
Hai que afacerse. Ou eles ou nós.

10.-Ata logo, Ivan, que che cunda.
Abur.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Hostia, un espartano stajanovista. Este rapaz promete.

Anónimo dixo...

Tiene una filosofía que le permitiría adaptarse con facilidad al G&H.

Anónimo dixo...

Su filosofía como bien decía promete, pero, teniendo en cuenta la posicion en la que juega, ¿Cuanto le durará este joven al Torpedo?