(Marko Czalic - Montreal)
A tempada 5 da WIFA xa está en marcha. E, malia que acaba de poñerse a andar, atopámonos en vésperas dunha xornada crucial, máis que polo carácter de decisiva que poda ter, que non chega a tanto, si polo grao en que pode marcar o desenvolvemento da LPU5 ou, se se prefire, a súa liña dramática. Asaltacunas FC comezou con forza e outros 3 equipos -Pollo FC, Partisano Clash e Swazilandia BP- teñen tamén motivos de optimismo. Pero se a tempada vai ser unha experiencia nova ou se o "Pacto de Korntzatr" vai saltar polo ar nada máis ser asinado vai depender fundamentalmente do encontro de segunda xornada P. Clash-Asaltacunas. Se vencen os visitantes atoparémonos rapidamente en situacións análogas a outras xa coñecidas, cos do Duque tirando para adiante e o resto discutindo por ver quen os persegue. Se, pola contra, gañan os locais, estaremos ante o inicio de tempada máis aberto que se lembra -e lémbranse todos-; até o equipo con peor comezo terá motivos para a esperanza. A LPU está máis igualada que nunca no nivel de xogo e é tarefa de cada un dos equipos permitir que esta igualdade se reflicta na clasificación. Ánimo, partisanos! Vencede para que podamos pronto volcar as nosas suspicacias en vós! Por Bolelavsky, carallo!! (por certo, que será del?)
Por Montreal a cousa anda máis tranquila do que se podía agardar para os resultados obtidos nas dúas primeiras xornadas. O xogo do Shakhtar, quitando a primeira media hora no campo do intratable Pollo FC, está a ser máis vistoso que nunca antes. Hai máis variantes, máis alternativas en ataque, máis ocos en defensa... Máis de todo! E o que lle gosta a este equipo e, sobre todo, aos seus seareiros, é "moito do que sexa". E están a ter moito de todo. De feito están a ter 'a esgalla'. Unha cousa que ten moi divertidos aos quebequeses é que o equipo leva 7 goles e ten 6 goleadores. Pero a esta xente parécelle divertida calquera cousa alén do número 3. Así que, como a Kopa do Pobo lles está a resultar emocionante á vez que lles parece curta, empezouse a escoitar un ruxe-ruxe que podería ter o seu reflexo no apartado regulamentario: opinan que, dado que a Kopa do Pobo vai dar puntos para a clasificación WIFA a campión e subcampión (só 2 e 1) e que un dos finalistas sae directamente dunha semifinal entre 1º e 3º da LPU anterior (polo que xa recibiron puntos WIFA), chegaron á conclusión de que, unha vez rematada a KP, os equipos eliminados polo campión deberían irse enfrontando entre si, pola orde en que foron eliminados, até que o último deles rete ao derrotado na final pola honra do subcampionato -e polo punto WIFA correspondente-. Isto permitiría que calquera equipo da WIFA puidese ser campión e calquera outro subcampión, mentres que agora mesmo unha das prazas pertence automaticamente ao 1º ou 3º da LPU pasada. Veremos que se opina desta iniciativa no resto do mundo.
11 comentarios:
Yo propongo jugar partidos sin motivo alguno. Unos 15 por persona y día, todos los días. Mira si habrá estadísticas ahi.
Non quero fastidiar, pero sería preferible xogar 16, porque iso nos permitiría xogar LPUs enteiras e humildemente considero que sería un caos ir deixando unha xornada solta por día. Pero a túa proposta non é inviable. Estou convencido de que é perfectamente posible xogar unha LPU enteira en 12 horas. (36 partidos en cada plei, a 3 partidos por hora). Nin sequera é preciso forzar demasiado, como se ve.
Outra soluçom é que a taça do povo nom outorgue pontos para a classificaçom da WIFA.
Ou que so recebam pontos os clubes que ganhem 2 partidos por ediçom.
Por exemplo pontuar por cada 2 partidos ganhados, ou pontuar por cada partido ganhado sem contar o primeiro.
Eu digo que a diferencia da Kopa da Liga coa outra está precisamente en que hai que "clasificarse". Senón, é coma xogar duas Kopas iguais.
Los que estan por encima del pueblo, no son pueblo, son nobleza.
Los que estan por debajo del pueblo,no son pueblo, son esclavos.
Así que los partidos deberian jugarse de ultimo a primero y de primero a ultimo y encontrarse en el medio con el pueblo.
Pele I, Rey de Swazilandia
¿Cuantos puntos WIFA da la Copa de la Liga?
¿Y si le damos puntos wifa solo al vencedor, mas un plus por partido ganado?
Desmentido del Real Decreto
Su Majestad Pele I, se desvincula totalmente de las declaraciones hechas en este post. Desde la casa real se están llevando a cabo investigaciones para capturar al culpable y llevarlo ante la real justicia.
C.R.S.
Este Pelé primeiro di unha cousa, logo di outra... Os monarcas sonche así, por eso son 'prescindibles'.
Eu deixaba a Kopa da Liga como está agora.
De facto as minhas propostas vam no caminho de manter o sistema da taça do povo, por dous motivos:
1, A competiçom já começou, portanto, só seriam possíveis cámbios tendo em conta as eliminatórias já disputadas nesta primeira ediçom. Outra cousa é para a vindoura T6.
2, Parece que o problema é pola pontuaçom WIFA nom polo sistema em si.
Enquanto à pontuaçom WIFA que outorga cada umha das competiçons oficiais, isso leva-o o secretário em persoa.
Preferiría non ter que explicar o complexo sistema de puntuación WIFA pois, de facelo, corre o risco de "democratizarse". Pero como non son un dirixente comunista e, polo tanto, non sei o que é mellor para o pobo, a miña conciencia di:
- Actualmente danse 10 puntos ao campión da LPU, 9 ao 2º, 8 ao 3º... e 2 ao 9º.
- Actualmente danse 5 puntos ao campión da Kopa, 4 ao 2º, 3 aos semifinalistas, 2 aos cuartofinalistas que superaran a previa e 1 ao resto (eliminados en primeira rolda)
- A miña intención era dar funcións anecdóticas, respecto da clasificación WIFA, á Kopa do Liga. Pero para min está claro que, por baixa que sexa, debe ter unha puntuación. A razón é que a clasificación WIFA pretende reflectir o nivel amosado polos equipos ao longo das competicións oficiais, non asignar puntuacións, digamos, "ao chou". O gañador da Kopa da Liga é un campión e demostrou algo, e isto debe reflectirse. Orixinariamente pensei en outorgar 2 puntos ao campión e 1 ao subcampión, deixando 0 para o resto para mitigar o efecto de "quen empeza desde máis atrás". Se queredes deixámolo así, retirando a proposta de repesca. Entendo as outras propostas que relacionan número de vitorias con puntos WIFA, pero o problema é que esta é, insisto, unha competición secundaria. Se damos puntos por vitorias podería darse o caso, un supoñer, de que o colista dun ano gañara a KL e isto lle fixera sumar tantos puntos como ao campión da LPU. E isto non pode ser. Ninguén lle quita o tremendo mérito de gañala e para el son os 2 puntos, pero en ningún caso é o mesmo que ser campión de liga. A clasificación WIFA non é unha feira de a ver quen fai máis puntos; é un reflexo do nivel histórico dos equipos.
Antes de empezar a meter democracia por aquí, tede conta de que esta clasificación está pensada para evitar "redundancias" co palmarés, sendo máis unha clasificación da "regulariedade do nivel competitivo" dos equipos. A ninguén escapa que o palmarés é a clasificación fundamental, pois non en van compítese polos títulos, pero esta clasificación WIFA fornécenos doutra visión e permítenos ver onde estamos cada un, conxunturas resultadistas á marxe. Por estas razóns non se ponderan máis favorablemente os postos de honra: 1 posto mellor, 1 punto máis. E creo que está a funcionar ben.
Publicar un comentario