(Marko Czalic - Montreal)
O xornalismo deportivo vive estes días fondamente preocupado, deprimido, pola misteriosa desaparición de Richard Bolelavsky. O compañeiro encargado de cubrir as informacións sobre o Partisano Clash neste e noutros medios deportivos deixounos por sinistra herdanza, como unha mensaxe no baleiro, un manuscrito manchado con sangue (probablemente seu) e bastante deteriorado, antes de desaparecer, tal como indican as pistas, secuestrado. Nestes momentos de inquedanza recoñecemos o seu pobre estilo literario, a súa confusa ortografía e o feble trasfondo das súas verbas no pequeno pedazo de papel aparecido como único rastro da súa derradeira estadía en Korntzatr, nunha das rúas anexas ao estadio municipal. Era un pésimo xornalista e un pésimo amigo, pero, eh!, era un colega e un amigo. Así que ánimo Richard, agardamos verte pronto de novo. Aquí teñen os fragmentos rescatados da súa última crónica, a modo de homenaxe dun nº 1 a outro (a outro número, quero dicir). Desculpen a letra:
"Escribo desde un banco a orillas del lago Watlee, en respuesta a diversas... (ilexible) ...pues no está en mi ánimo (...) de las cuáles guardo extraordinario recuerdo. Hace algún tiempo (...) desde un hipódromo de ...atr (probablemente Korntzatr), localidad designada durante la T2 para albergar la final de la K4 (...) quisieron ver en esto una pista inequívoca de la procedencia del P. Clash (...) ...idad no se trataba más que de un viaje inspirador (...) analizar la actualidad del equipo desde el lugar en que, según sentir generalizado entre la afición, éste entrará por fin en la Historia en calidad de Campeón. Lo más importante es dejar constancia desde ahora de que (............) o helados de kiwi, lo cual constituye, si se me permite, una aberración gastronómica. En cuanto a las pomposamente denominadas "nubes de caramelo" (...) Stiochkov o Susaeta (...) Stoichkov (...) Stoichkov y gol de (...) Hristo Stochkov (...) la cerveza ha subido escandalosamente (...) ahora debo dirigirme con urgencia a (Allback? Kalbak? Calback? Murcia?) para comprar el periódico y realizar una llamada (...) y luego emprenderé viaje de regreso a (...) ..lavsky, desde el lago Watlee".
Permítanme humildemente derramar unhas bágoas tras desta emocionalmente penosa transcripción.
NOTA: debido a que Bolelavsky escribe como un neno de 5 anos e á grande cantidade de nenos de 5 anos que hai no mundo, deséxase facer constar que algúns fragmentos poderían, finalmente, resultar apócrifos.
Pero a vida segue
Si, así é. Pasemos, xa que logo, a cuestións algo máis alegres. Estandartes negroavermellados asucan desde hoxe á mañá os ventos de Korntzatr para presenciar a cuarta final de Kopa do Shakhtar. Tras dunha tempada irregular na LPU merecidamente acadada polo moi detestado Asaltacunas FC, o principal interese dos siareiros céntrase no 14º clásico anarqkista, na posibilidade do 3º trunfo kopeiro dos non-canadianos do Quebec e, sobre todas as cousas, no retorno do Leviatán dos 72 goles. Shevchenko declarou: "agora si que se van enterar". "Aprendín moito da miña estadía en Che Marx. Cousas nas que nunca pensara, como o valor do colectivo. Fíxese, senón, no mal que lle foi ao Shakhtar sen min. Cando a un colectivo lle quitas un individuo, pódese afundir". Engade ademais que o seu regreso "foi unha decisión consensuada: eles baixaron os pantalóns e eu estiven dacordo" e "gañei moito en humildade". Andriy ten constantemente nos beizos o concepto da "empresa comunista", mentres Baresi, ás súas costas, indica á súa opinión ao respecto cun movemento circular do seu índice derredor da sen dereita. "Vou facer visitable o meu pin-ball, por un módico prezo". E que ten iso de comunista? "Pois o nome. Asociar 'empresa comunista' a 'Shevchenko' é boa publicidade para o comunismo. E os iogures, vou regalar iogures non caducados aos que nos visiten. Iso é moi comunista, non como eses decadentes postres lácteos".
Unha última cousa. Parece que o Shakhtar prepara para o draft unha forte aposta polo carisma e a clase. "Pensaban que viran goles de rebote? Agarde e descubrirán un universo novo", asegura Potemk. En fin, xa está aí a T5. Pero antes, os postos da kopa da iga están que arden. E o branco, o vermello e o negro mesturaranse na mítica Korntzatr para loitar por unha Kopa no enésimo duelo fratricida.
A R. Bolelavsky, onde queira que estea.
13 comentarios:
Para ajudar a resolver parte do misterio, já adianto que o carisma é enorme:
Ȝetland: Para sabermos mais:
https://secure.wikimedia.org/wikipedia/en/wiki/Shetland
https://secure.wikimedia.org/wikipedia/en/wiki/Flag_of_Shetland
Nom nos pode surpreender o conflito com a Noruega.
Interessane tambem as peculiaridade linguísticas.
Enquanto ao clima:
"Number of days a year with rain or showers 285 days."
Parabens pola victória na final.
Eee... Gracias?
Espero que lo de la felicitacion haya sido un error. Si no sería mucha mala leche
Todo esto no son más que cortinas de humo. Explique de una vez cómo compran a los árbitros, admitan que la tecnología espacial soviética les ha dado la posibilidad de introducir un nuevo tipo de balón dirigido por radiocontrol, hablen de sus extorsiones y chantajes. Y ahora secuestros...
a felicitaçom era para os de Shetland, que forom os ganhadores, nom?
Que nos roban!! Devuélvannos a Carew!
Carew acaba de meter um gol
Goooool! Goooooooool de Carew! Goooool!!!!
Todas as hipóteses conspiranoicas de Sir Nigel deron en ser certas nesta ocasión. De todos é coñecida a forte implantación do anarquismo de postal entre os soviets.
Seguimos con iso. Candidatos do Shakhtar ao OIL T4:
Defensas: Sagnol
Medios: Gilberto Silva, Lampard, Zico, Ronaldinho
Dianteiros: Nihat
A secretaría sufrirá unha leve demora na publicación das clasificacións individuais de final de tempada como resultado da falta dos datos relativos aos 5 últimos encontros da mesma. Desculpen as molestias.
NOTA: se alguén se presta a achegarnos os datos via Internet, estes son os encontros requiridos:
X17
Che Marx 1-2 P. Clash
Torpedo 2-1 G&H
X18
P. Clash 3-5 Ordem
Pollo 1-1 Torpedo
Kopa - Final
P. Clash 2-1 Shakhtar
Gracias
A respecto do P. Clash 3-5 Ordem, só me lembro dos goleadores do Ordem: Van Nistelrooy (2), Boban (2) e Messi; recordo também 2 passes: Miccoli, Messi. E o primeiro tanto do partdio foi de Berbatov. Nom sei que mais falta, com partidos assim é complicado.
Gracias polo esforzo, pero se non teño todos os datos prefiro non engadir cousa.
Publicar un comentario