Desta volta recuperámo-la nova da presentación deste 'Best-Seller' do 2007. Bo proveito!
Aproveite o verán para culturizarse
(Redacción)
O Xornal do Pobo ten a honra de presentar a primeira incursión do multidisciplinar Ballack na literatura co seu libro de poemas "Así que era así". Algúns críticos refírense a el coma "Pondaliño", aínda que a maioría xa falan de Pondal coma "Ballaquiño". De calquera xeito, a Editorial Estatal ofrécelles esta obra que é merecedora de entrar en tódolos fogares. En exclusiva algúns inesquecibles fragmentos:
'Así que era así,
Eu andaba errado e
non era quen de saber
que era así'
'Forte eu chutei
coa porta non atinei
aínda por riba esvarei
os cadrís esmaguei'
'Empecei a xirar
co balon controlado
Cando voltei a mirar
xa mo tiñan roubado'
3 comentarios:
Sergio (el del depor) lloró durante horas cuando leyo esos versos...
Un genio. Lectura obligada en todos los colegios concertados, de esos que no tienen negros, no le digo más.
grande sección, grande elección
Publicar un comentario