(Redacción)
Ano novo, vida nova. Ou non, O Torpedo comeza a nova tempada caendo no seu primeiro encontro. Iso si, era contra o actual campión, o Asalta, e en terreo alleo.
Para complicar un pouco máis as cousas, Van Bommel foi baixa a última hora por unhas molestias musculares. Vladic non se recuperou a tempo dunha gastroenterite, mais estivo no once inicial. Á marxe de que Odonkor non podía participar unha claúsula do seu contrato de cesión que lle impide xogar contra o equipo propietario da sua ficha.
O Torpedo comeza con:
Banks
Thuram(min.45 Bilic) ,Maldini,Chivu,Cole
Emerson,Borowski,Ballack
Boniek,Vladic(min.33 Kalazde) , Dzajic
Namentres que polo Asalta xogan:
Buffon
Krol, Campbel, Milito, Puyol
Rijkaard, Humberto
Joe Cole
Maradona, Weah, Gullit
Non tardou Gullit en poñer por diante ós locais, tras golpear a Emerson e a Ballack, faise con balón a uns 25 metros e dispara contra a meta de Banks. 1-0. De novo Gullit entra coma un foguete, pero un foguete dos gordos, polo medio e chuta. O balón cólase baixo o corpo de Banks, e xa temos o 2-0. Non se durman, señores siareiros que un inexplicable pase de Thuram ó corazón da nosa área remata co 3-0. E non hai moito máis que dicir, á marxe dun bo remate do capi Dzajic que dou ó Torpedo o gol da honra, e que, como non, Gullit, anotou o definitivo 4-1 de lanzamento de falta dende a frontal da área.
O Torpedo, por pezas:
Banks: 5. Atinado nos máns a máns, mais puido facer máis nalgún dos goles.
Thuram: 3. Desafortunado no terceiro gol. Discreto en xeral.
Madini: 4. Ben ó corte, mais superado fisicamente polos rivais.
Chivu: 3. Non se lle viu. Pouco inspirado.
Cole: 6.Ben en defensa, axudando ós centrais e voluntarioso en ataque. Fixo unha gran xogada.
Emerson: 5. Discreto debut, non se fixo nunca co control do medio. Ben sacando o balón.
Borowski: 2.Lamentable. Destruiu todo o xogo que pasou por el. Intentou o remate, sen sorte.
Ballack: 2. Tiña que se-la referenza, e desentendeuse do partido.
Boniek: 6. Turrou un mundo e puido marcar nun bo remate de testa.
Vladic: -. Sustitudo á media hora, parece que non se recuperou da sua doenza
Dzajic: 7. O Mellor. Marcou un gol, desbordou pola banda e mandou perigosos centros á area rival, que non atoparon rematador.
Tamén xogaron:
Bilic: 5. Correcto. Debutou co primeiro equipo.
Kalazde: 4 Non aportou nada.
Isto é todo. Polo de agora.
7 comentarios:
Bravo!
O fodido é que eu só estou disposto a facer isto se xogo un partido por semana.
Pero moi ben, aparte a boa crónica, a análise individualizada dos xogadores é a hosita. Por certo...
Gooool, gol de Vyatcheslav Azutkin na Kopa do Pobo/Kopa LPU
Kopa do Pobo
1/32 final
Swazi 2-0 Che
1/16 final
Shakhtar 4-2 Swazi
1/8 final
Pollo - Ordem
Torpedo - Shakhtar
Xa sei que sería a ostia poñer tamén a aliñación do Asalta e tal, mais non me lembro do once que sacou.
Si, vaia erro, macho. Sen ese dato non sei como podes publicar a noticia. Por certo: GOL 100 de Swazilandia BP. Roger Milla, o 2º ante Che Marx no encontro de Kopa da Liga.
Si, vaia erro, macho. Sen ese dato non sei como podes publicar a noticia. Por certo: GOL 100 de Swazilandia BP. Roger Milla, o 2º ante Che Marx no encontro de Kopa da Liga.
RESULTADOS DA LPU:
X1
Asalta 1-0 Pollo
Shakhtar 3-3 Gloria
X2
Pollo 1-0 Shakhar
Swazi 2-1 Che
X3
Gloria 1-2 Pollo
Asalta 4-1 Torpedo
Para rapajk.
Por si te vale de algo
Buffon
Krol, Campbel, Milito, Puyol
Rijkaard Humberto
Joe Cole
Maradona, Weah, Gullit
En el descanso Salió Hector Garcia por Joe Cole
Moi bem, o jornal cheio de informaçom fresquinha!
Publicar un comentario