(Redacción)
Unha vez rematado o draft, esta fin de semana semella que dará comezo a T5, cos seus primeiros encontros de liga. Boniek compareceu en rolda de prensa para falar un pouco do equipo antes de que comecen as ostias.
Xornal do Pobo: "Mister, que tal as as novas fichaxes?"
Boniek: Moi, moi ben. Ashley Cole é unha besta, con el no campo imos gañar moitísima presenza tanto no ataque como na defensa por esa banda. Emerson é máis ben unha mula parda. Non contabamos con podelo fichar, a verdade é que tivemos moita sorte. A parte diso, é unha excelente persoa, sabe transmitir perfectamente as suas opinións en cada momento, e de seguro será de moita axuda ó equipo.
Comunal FM: "Non se está a esquecer de alguén?
Non, non me esquezo. Sei de quen falas. Efectivamente, Odonkor parece que é a nova estrela do equipo. Mais tede en conta que de momento está só cedido. O que está claro é que se segue xogando así tentaremos contratalo a finais de ano. Derrotaremos ó capitalistmo coas suas mesmas armas.
Comunal FM:"Mister, nos encontros de preparación que se desputaron estes días o equipo xogou moi ben, desta volta imos tundar?
Mira, estou do "imos tundar" ata os fuciños. O que imos facer é correr, turrar, fozar e tamén tentaremos chuzar. O resto son parvadas que non aportan nada. O que imos facer é 'Futbol Socialista'
O Panfleto Radical: "Que pasa cos descartados? Pensa que non daban o nivel?"
Sócrates si, a súa marcha foi unha decisión difícil, mais o primeiro é o ben común. Mitea pois, home, a verdade é que marcou unha época dende o banco, no campo non se pode dici-lo mesmo.
Xornal do Pobo: "E o capi Dragan? De verdade vai ser suplente?"
Depende del mesmo, aquí que foze, xoga, e o que non, pois aire.
Xornal do Pobo: "Algo que dicir para os siareiros, Míster"
Si. Olliño co Torpedo este ano. Non teremos piedade. Apoiarnos ou caede.
38 comentarios:
Daquela Emerson ficou livre?
Ou chegastes a um acordo entre vos os dous? (ao fim vas-te aliar cos neo-liberais)
Esta notícia quer dizer que o Gloria fichou algo mais?
Queremos saber!!
É moi doado, explícocho eu. Fixeron trampa.
O que se chama "un draft privado", non sei se me entendes. Non me esperaba isto dun comunista enfermizo como Boniek. Ao final é todo pose. Ao Sir, nada máis que felicitalo. Unha pena para el que non se aplique o do carisma, xa que esta operación irregular teríalle dado moitos puntos.
Polo demais, a rolda de prensa moi boa, pero xa digo, isto foi un tongo dos gordos. Por se non se me entende, había 4 equipos con dereito a escoller a Emerson antes que o Torpedo. 2 deles tiñan que facer a reserva de rublos antes de saber que G&H o desbotaba, mais outros dous podíana facer xa tendo en conta iso. Aparte o feito de que inda que o Torpedo puidera fichar Emerson podía ter perdido a Ashley Cole, por exemplo. En fin, non quero dar nomes, que tampouco quero insultar demais, pero isto lémbrame o xeito de actuar doutros presidentes doutras ligas doutros mundos. Eu propoño que ambos comecen a LPU5 con -5 puntos por mercadeo irregular. Bueno, o Torpedo con -10, se quere seguir sendo considerado un clube do pobo (e así e todo...).
Que vergoña!
Que aldraxe!
Eu bórrome.
¡Bravo! Y rebravo.
Como?!?!
o prisi: a min que mo expliquen o venres
unha político: é difícil destacar nestes tempos. Aquí o máis parvo...
o secretario: demito
emerson: ugh?
sócrates: eu non sei nada
boniek: comunistas si, pero a vaquiña polo que vale
czalic: vou sacar un informe que vos ides cagar. Este ano gaño o Pulitzer 3 veces
un mafioso siciliano: teño medo
un mafioso calabrés: xa che digo
duque de feria: ah, pero... ¿se puede hacer eso?
che marx ltd.: no cabe mayor síntesis de nuestra confusa ideología. Nos rebelaremos ante ello.
análisis matemático: nos la suda
boban: prometo non voltar nunca a ese niñi de víboras. O Torpedo pervertiuse.
un empresario: boniek é un exemplo de adaptación á modernidade. Propoño a creación do Máster Zbigniew, que será obrigatorio para traballar (con contrato)
a nai de emerson: o meu rapaz é o máis listo e o máis guapo
zico: sócrates sempre tendeu a pasarse de listo
un transeúnte: a miña carteira! Onde está??
asociación de prensa: gracias! A pretempada adoita ser tan dura...
un transexual: comprendo ao Torpedo.
un moderado: quizais teñen unha boa explicación. Agardemos a que se pronuncien.
un radical: lume. LUME!!
un representante relixioso: viñemos a este mundo a sufror, o feito, feito está, poñede a outra fazula...
un sismógrafo: -------------/\-----
un comunista: un que?
peter petrelli: no puedo viajar en el tiempo y arreglarlo porque la serie sería estúpida todo el rato. Por lo demás, podría hacerlo.
el coche fantástico: y os merecéis que hagamos la 3ª
un funambulista de Zagreb: como? Que Boniek fixo queeeeee....?
un observador imparcial: JAJAJAJAJAJAJA
un observador da ONU: más diakiris!
ETC.
maricas...
pero que fixestes? Trocar a Emerson por Sócrates ou foi unha operación dentro do draft?
Relendo a entrevista, Boniek tunda bastante, Mágoa que sexa un marrulleiro cabrón.
Pero que pasa?? Dejad de atacar la libre empresa y los planes quinquenales. Ya no sabeis lo que quereis. Y no vamos a comentar los endeudamientos predraft con hipotecas basura. Endeudamientos dentro de endeudamientos. El que quiera algo, que espabile.
demagogo: é unha maneira moi boa de axilizar os drafts.
handicap: daquela, como foi o conto? Emerson por Sócrates?
Colegio de Médicos: Anunciamos a nosa decisión irrevocable de retirarlle a licencia a Sócrates.
Ecoloxista: Emerson non pode ser considerado responsable de nada, nunca.
Lendoiro: Queremos transparencia!
Que se publiquen as contas!
que volte Mitea!
Es un placer hacer tratos con el señor Dzajic. Es todo un caballero.
A costa de que el Asaltacunas sea más odiado digo lo siguiente.
Si sólo se trata de un cambio Emerson por Sócrates (es lo que entiendo), no veo nada malo porque creo que en ningún lugar ni momento se ha dicho cuando se pueden realizar dichos cambios (que por cierto ya ha habido unos cuantos a lo largo de las cuatro temoradas)
El efecto es lo mismo que si se hiciese justo antes del draft (jugadores cambian de equipo sin pasar por la etapa libre) y evitando así que otros se adelante.
Creo que la inmensa mayoría, por no decir todos, hemos hecho cambios de jugador por jugador sin dejarlos libres antes.
isso mesmo é o que levo perguntando eu toda a manhá.
Eeee... Claro, claro señor duque. O problema está en que non é iso.
Sócrates non está en G&H. Lume, LUME.
Lume ao duque tamén, por cómplice e encubridor. Cando se entere o presidente...
Insisto, en todo caso, en felicitar a Sir Nigel pola súa coherencia. Esta é unha guerra contra os conversos. Se non, lean isto: "Comunista renegado máis ben, que agora é o Che Marx S.A. Tede conta, que esta xente logo ainda son peores que os fachas de toda a ida.". Rapajk dixit.
si socrates no esta en GH entonces si que me pierdo.
Complice e encubridor umhh? Pues va a ser que, de esta vez, no.
Y con respoecto al presidente mejor que no diga nada por cohecho y cosas similares, porque creo que fue el el que compro a Koller a un precio mucho mas alto para devaluar el valor de su equipo (lo cual no es antirreglamentario)
Ah, pérdese vostede! Típico dos encubridores. Unha troliña por aquí, outra por alá e... por onde ía? Pos voulle explicar por onde vai, cabaleiro: vostede mesmo o acaba de dicir; "o presi mellor que cale, que fixo algo non-antirregulamentario". Isto xa cheira. Aquí para ter dereito a falar é obrigado cometer irregulariedes? Impugno a T4 na súa totalidade por trampa gorda. Que escándalo!
Parece que últimamente el secretario se aburre. ¿Que tal un debate sobre los canteranos?
O secretario demitiu como resultado das súas escuras xestións. E non tente desviar o tema, amigo. Está ben claro o que trata de agachar. Mágoa que Emerson non sexa plegable. Agora que, se quere simultanear cun debate sobre canteiráns, por min non se prive.
É curioso ver como os culpables do complot saltan uns en defensa dos outros.
handicap: Se nom entendim mal o G$H trocou a Sócrates por 6 rublos, e em que os gastou? ou estam num fondo de investimento?
staatsekretär: eu demito também.
Getxo dixit:
'Por se non se me entende, había 4 equipos con dereito a escoller a Emerson antes que o Torpedo. 2 deles tiñan que facer a reserva de rublos antes de saber que G&H o desbotaba, mais outros dous podíana facer xa tendo en conta iso.'
E ten razón, raios e tronos. O que pasou foi que:
-'Vou botar a Emerson e coller outro xogador'
-'Ostia, pois déixamo probar que igual o collo eu'
.......
- 'Como tunda! pois nada boto a Sócrates e e collo a Emerson'
Bah...! Se o explicades xa non ten graza. Eu era por tocar o carallo, máis que nada. Eu non ía fichar a Emerson e supoño que o Pollo tampouco, que ten CCDs a barrer (e que, ademais, este ano, optou por reforzarse con moito siso). E somos os principais perxudicados. Así que esquecédeo. E, para outra vez, no canto de explicalo, fai demagoxia, que é máis divertido.
Pues nada, devuélveme a Emerson.
TRAICIÓN¡¡¡¡¡.
O Torpedo que fala moito dos demáis, pero logo anda traizoando aos comunistas de pro, honrados e xenerosos, que somentes queren botar abaixo o sistema capitalista que está a acabar co ser humano...e inda por riba de facer estas cousas, andan poñendo a parir ao verdadeiro adalide do comunismo da LPU..o grande CHE MARX LTD.......señores do Torpedo, que será o seguinte? Tarxetas de empresa pra todos? e logo coche de emrpesa tamén? ABAIXO OS CAPITALISTAS....MORTE AO TRAIDOR.....ABAIXO OS FALSOS DE PENSAMENTO E OS POBRES DE VALENTÍA PARA LOITAR CONTRA O SISTEMA DE MANEIRA HONROSA......QUE VAI SER O SEGUINTE? EH? DEIXAR QUE FAGAN UN PARQUE DE ATRACCIÓNS ADICADO A MARX E ENGELLS NO CENTRO DE ZAGREB?
A Sir Nigel: Dese tema falamos o venres.
Ó afeccionado alporizado: Aí, o Che Marx LTD é o verdadeiro socialismo, como non non decatamos antes.
En xeral: O capitalismo teme a chegada da hora do proletariado e por iso perde o seu tempo en propaganda anti-Torpedo. Ficade tranquilos, non vades conseguir desestabiliza-la causa do Pobo.
Ó meu amigo Stalin tamén o acusaban sen fundamento, e asi lles foi.
QUERO FACERVOS UNHA REVELACIÓN....NO MOMENTO EN QUE SATURNO ENTRE NA CASA DE XÚPITER, MARTE ACADE O SUMUM NA GALAXIA ALPHA CENTAURY E CAREW ACADE PORFIN CHGAR MÁIS ALÓ DE ORIÓN, NES PRECISO INSTANTE DE CONXUNCIÓN, O MUNDO VAI IMPLOSIONAR, OS EQUIPOS QUEDARÁN DESERTOS A TODOS XOGAREMOS CON PLAYERS (PÍDOME O 253, O 247, O 135E O 1111)
Ei, meu, atópaste mal? Queres que te vaiamos recoller?
Publicar un comentario