(Redacción)
Segundo encontro do Torpedo este ano, e primeira e inmerecida vitoria. A visita ó estadio do Che Marx Ltd. rematou un resultado proveitoso, mais a calidade do xogo do noso conxunto deixou un pouco que desxear.
O Torpedo salta ó céspede con:
Banks
Thuram(Bilic, min 45),Maldini,Chivu, Cole
Emerson,Ballack (Odonkor, min 52), Van Bommel
Boniek, Vladic, Dzajic
O encontro comeza cun dominio repartido entre os dous equipos, e ben cediño, unha boa xogada dos Babudos pola dereita, é culminada nun centro ó segundo pao que Eto'o remata de xeito tan imprevisto coma xenial. Non hai moita máis que contar ata o descanso, excepto un man a man que Vladic desperdicia, asi coma duas boas intervencións de Banks en sendos ataques do rival.
Os anos non perdoan, e un Thuram baldado deixa o seu posto á nova promesa do Torpedo, Bilic, que se mostrou moi seguro en tarefas defensivas, aínda que desacertado nos seus centros á área rival. 'The Painter', nas berzas unha vez máis, tamén foise ó vestiario antes de tema, dando entrada a Odonkor, que axudou no ataque co seu fútbol sincero.
As cousas non pintaban moi ben, xa que o Che non estaba deixando moitos espazos na defensa mais aínda así, van Bommel saca petróleo un rexeite na frontal e cun disparo ben centradiño acada o empate. Ningún dos equipos se conforma co empate e o que pintaba claro era que aquel que tivera mellor acerto na definición ía quedar cos tres puntos. O capi Dzajic, que anda feito un 'killer' sacou proveito dunha boa xogada pola dereita cun axustado chut coa dereita que remata no fondo das mallas (moi ben) defendidas por Castro, a nova promesa da canteira dos Babudos.
O Torpedo, por pezas:
Banks: 8. Moi seguro, excepcional dos derradeiros intres.
Thuram: 7. Traballador. Chegou esgotado ó descanso.
Maldini: 7. Ben ó corte.
Chivu: 6. Algún despiste. Ben en xeral.
Cole: 5. Irregular, correu sen moito xeito, pero fixo boas axudas ós centrais.
Emerson : 7.Seguro e efectivo no corte. Rematou un córner.
Ballack : 2. Na berza. Pois si que...
van Bommel: 9. O Mellor. Turrou un mundo, chegou arriba e por riba marcou.
Boniek: 7.Traballador, xogou no medio campo, sacando moi ben o balón.
Vladic: 4. Regular, non se lle viu moito, ainda que fixo algunha cousa de mérito.
Dzajic: 8. Moi ben, tanto no desborde coma na área. Marcou outra vez.
Odonkor: 6. Honesto.
Bilic: 7. Moi ben en defensa. Non se prodigou no ataque. Mellor así.
6 comentarios:
joer, brutal, macho. Concordo con Ube, isto é o que mola dos luns.
Esto me parece genial.
No estaría mal que esto lo pudiesemos hacer todos, dentro de las posibilidades.
Eso sí, centralizado a traves de una persona que se encargaría de redactar algo así como lo que hace rapajc, mandandole todos la informacion al correo para no bloquear el blog.
Aunque solo sea lo de las notas, y desues el comentario del partido que cada uno lo haga o no.
Sería como hacer la ficha del partido que aparece en el marca, y después si cada uno quiere hacer un comentario a mayores, pues perfecto.
si, é moi boa ideia, sobre todo para esses dias nos que dezimos, venha! acabamos a liga! que total só faltam noventa partidos.
Ou contratamos taquigrafos ou jogamos os partidos de un en un hehehe
eee...
Por certo, parabéns polos 3 puntos. E a ver cando é o día que o Che gaña inxustamente.
que xa lle toca
Publicar un comentario