venres, 4 de xaneiro de 2008
Unha grave avaría do bus do Torpedo pon en duda a sua participación na xornada de hoxe
(Redacción)
O autobús do Torpedo non anda. Despois dunha semana na que os desprazamentos ó campo de adestramento se tiveron que facer camiñando polo medio do monte, a cousa non semella mellorar. O sindicato de mecánicos declarou que "Todo o mundo tranquilo, xa case está", nembargantes a inquedanza entre os xogadores medra segundo pasan as horas.
Por outra banda, Boniek afirmou que "Eu vou correndo se é preciso, e aínda son quen de xogar os encontros que fagan falta, coa prórroga incluida".
Agardamos expectantes a resolución do conflito, pois un problema mecánico non pode frear o camiño ascendente que está a percorrer o noso clube.
2 comentarios:
DEIXÉMONOS DE CA-RA-LLA-DAS.
Xa escoitaches a Boniek. Se é preciso monta ao resto do equipo no seu lombo. E coméntalle que se vos chamou fachas por non acudirdes á última sesión.
Por certo, parabéns pola última enquisa. Excelente.
P.S.
Por certo, o papel do tenente enorme, coma sempre. De feito esta vez foi un autobús.
Publicar un comentario