(Redacción)
A crónica do acontecido esta xornada terá que agardar, mais coma adianto anunciamos que o noso clube anotou o seu gol número 100 (cen) diante do Asaltacunas FC. No segundo tempo, un saque dende o recuncho botado por Dzajic é rematado inapelablemente coa testa por Boniek, no que á postre foi o tanto da vitoria por 2-1 para os rapaces de Mitea. Con 14 puntos na LPU e plantado xa nas semifinais da Kopa, podemos afirmar: "Aposte polo cabalo gañador : Aposte polo Torpedo".
2 comentarios:
ei, moi ben currado todo, agora da gusto ler o xornal.
A enquisa é xenial, mágoa que unha das respostas mole tanto que case é obrigado escollela. Por certo, semella que Danone é boa tomando decisións.
Publicar un comentario