martes, 15 de xaneiro de 2008

A Pollo e Shakhtar sáelles todo

(Marko Czalic - Montreal)
Os últimos encontros da primeira volta tiveron dous claros beneficiarios. Por unha banda, o equipo máis carismático do Universo, facendo unha inesperada exhibición de solidez, recuperou o pulso do seu inicio de liga -mais esquecendo o estilo cocho- e voltou ás primeiras prazas. Na xornada 7 foi quen de derrotar a Ordem e Progresso (3-2) nun emocionante partido, con accións de grande mérito técnico, como o golazo de Bergkamp preto do final. Na xornada 8 visitou ao invicto G&H, segundo na clasificación. Un reto certamente duro e máis cando os de Sir Nigel tomaron vantaxe no primeiro tempo (1-0). Pero o Pollo foi de cara, de poder a poder, loitou polo dominio e acadouno. Pasado o minuto 70, unha boa apertura á dereita deu vantaxe a Ljungberg, quen aproveitou para colocar o centro sobre Zlatan que o xogador nado en Malmö rematou cunha ortodoxia descoñecida nel. O Pollo mesmo puido levar o partido, pero ao final (1-1) repartiu os puntos. Despois, unha victoria ao xeito dun grande (2-0) sobre o incómodo Swazilandia BP (os seus partidos teñen a media de goles máis baixa) permitiulle, gracias ao último gol, ascender ao cuarto lugar na clasificación, con aspiracións a todo na seguda volta. Pola súa banda, o líder Shakhtar visitaba o maxestuoso estadio de Mbabane. Os non-canadianos, favorecidos polo empate de G&H, tiveron que remontar un tanto acadado de penalti por Kalusha Bwalya para acabar impóndose (1-2) nun partido máis traballado que brillante no que Shevchenko quedou sen ver porta por 3ª vez consecutiva.

CLASIFICACIÓN T3










X
G
E
P
F
C
P
D
1
Shakhtar de Montreal
8
7
0
1
26
11
21
15
2
Gloria y Honor
8
5
3
0
16
4
18
12
3
Partisano Clash
8
5
0
3
13
11
15
2
4
Pollo FC
8
4
2
2
17
12
14
5
5
Asaltacunas FC
8
4
2
2
18
14
14
4
6
Torpedo de Zagreb
8
3
1
4
16
19
10
-3
7
Swazilandia FC
8
1
2
5
6
12
5
-6
8
Ordem e Progresso
8
1
1
6
11
22
4
-11
9
Che Marx
8
0
1
7
4
22
1
-18
Máis do mesmo na Kopa
Tralo polémico mini-draft invernal, xa axeitadamente pormenorizado polo Hándicap, desputáronse dúas eliminatorias de cuartos de final da Kopa. E aquí foron tamén Pollo e Shakhtar os que sacaron a rifa gañadora, en eliminatorias con certos parecidos no seu decurso.
Na ida, os do presidente lograron superar 0-3 ao Monstro Dormente. Mentres, no estadio de OeP, Shevchenko recuperou o gol, anotando 2 nun traballado encontro, co que se chegaba aos derradeiros minutos con marcador axustado (1-2). Entón Zico botou de recanto coa súa clase habitual cara a testa de Lúcio, que non errou (1-3).
Todo parecía decidido na volta, pero axiña se viu en ambos encontros a importancia decisiva do terceiro gol acadado polos gañadores nos partidos de ida. Che Marx adiantouse no estadio de Pollo e durante moitos minutos provocou incerteza. Preto do final, os poliños deron volta ao resultado para un 5-1 global. Algo semellante aconteceu na ribeira do San Lourenzo. Cun frío dos que fan época, Messi, si Messi, cabeceou o 0-1. Mais isto non debe resultar tan estraño se un repara na caste de centros que e capaz de colocar a xente de OeP. A precisión nesta sorte dos Bergkamp, Breitner, Boban, Beckenbauer ou o propio Messi permiten anotar coa testa a calquera. Logo, o Ronaldinho demostrou a utilidade de facer adestramentos de 10 horas e con dúas magníficas accións individuais deixou a eliminatoria en franca vantaxe local. Evidentemente, sen o gol de Lúcio na ida, o desenvolvemento do partido tras do 0-1 tería sido ben diferente. Foi nesta eliminatoria na que, tras 3 partidos certamente agónicos en liga, o Shakhtar recuperou o seu mellor nivel da man, claro, de Shevchenko, autor de dous goles máis. Con 5-1 no marcador, fabuloso centro, outro máis, de Messi e testarazo de Breitner, si Breitner, para certificar o 5-2 final. Mágoa por OeP e Che Marx, dous equipos de grande potencial dos que prognostico que han reaxir na segunda volta do campionato.
P. Clash, Pollo e Shakhtar agardan xa polo 4º semifinalista. O tan agardado Gloria-Torpedo da previa (que finalmente resultou postvia) debe decidir primeiro o rival de Swazi nos cuartos de final.
Festa gorda, xa que logo, en Malmö e Montreal, que explica parcialmente o retraso nesta crónica.

17 comentarios:

Anónimo dixo...

Para Marko: Se non é moito pedir, o nome oficial do clube é Torpedo Zagreb , non Torpedo 'de' Zagreb.

Anónimo dixo...

A petición de Sir Nigel, aprazouse a previa da Kopa a ata o vindeiro venres. Causas? Posiblemente o medo que lle produce a sua segura derrota

Anónimo dixo...

Efectivamente, fue el miedo. El miedo a perder aforo si jugábamos el domingo. El viernes habrá más público. Y por otro lado, creo que el Gloria tiene 5 goles en contra, no 4. Esto me hace dudar sobre la eficacia del secretario.

Anónimo dixo...

Non é pedir nada. Marko pode con todo. E excúsase por primeira vez na súa vida, por consello do seu terapeuta.

Anónimo dixo...

Swazi 1-1 G&H
G&H 2-0 P. Clash
Che 0-3 G&H
G&H 1-1 Torpedo
OeP 0-2 G&H
G&H 4-0 Asalta
Shakhtar 1-2 G&H
G&H 1-1 Pollo

16 a prol, 4 en contra

Anónimo dixo...

Paréceme ben o do público, xa que a eliminatoria é moi interesante (os dous equipos teñen un grande historial na Kopa, na que os números os sitúan segundo e terceiro en puntos e terceiro e cuarto en palmarés). Estaría moi ben tela xogado porque suporía que a final estaría moi preto, mais como coido que Swazilandia vai causar baixa o venres, ha haber tempo.

Pregúntame un colega, para quen o poida entender, se é que Aguirre, Pau e Will morreron.

Anónimo dixo...

En un primer momento se escucharon rumores de que los mencionados saldrían a la luz el sábado pasado, pero resultaron ser falsos. Supongo que siguen en su celda.

Anónimo dixo...

A crónica é excessivamente benevolente co OeP. Damos pena, sobre todo na defesa. Outra eliminatória de copa com 11 golos e outra vez para casa.
Beckenbauer esta fazendo trabalhar intensamente durante os treinos, mas nom creio que o OeP poida acudir à cita este fim de semana, assim que já se comprovará o resultado mais adiante.

Anónimo dixo...

Vaia, parece que hoxe todo é criticar "tengo más goles en contra", "a crónica é moi benévola comigo", "quítame a preposición"... que lle dean ao terapeuta:
IDE TOMAR POLO CÚ!!

Anónimo dixo...

nom ho! eu nom cho dezia nesse sentido.
Por certo, cu nom leva til.

Anónimo dixo...

He, moi agudo. Si, ben o sei, mais neste caso é unha licencia enfatizadora, como en * (ver exemplo).

* Exemplo

IDE TOMAR POLO CÚ!!

Anónimo dixo...

E aínda digo máis. O señor Rapajk solicita unha corrección i eu respondo:

ÁH! LÓGO VES OS CÁDROS, FÍLLO DE PÚTA!!

Anónimo dixo...

Pois si, neste artigo si que se ve ben.

Por certo...Á RAÑÁLA!

Anónimo dixo...

SNIFF!! Ah, o foxo dos gladiadores... Que lembranzas.

Anónimo dixo...

Estava a pensar numha ideia para propór um inquérito e fum ao marca para ver que perguntavam eles, mirai para aí:

¿Crees que Schuster tira la Copa dando descanso a Raúl?


No

Anónimo dixo...

Ya está otra vez este señor con sus mundos imaginarios.

Anónimo dixo...

Para mundo imaginário o vosso.

(comentários das 16:29 e 16:36)