venres, 11 de xaneiro de 2008

O Torpedo aplasta ós seus rivais nas derradeiras xornadas da 1ª volta

(Redacción)

Onte á noite puidemos presenciar a enésima resurrección do Torpedo Zagreb na liga, gañando os dous encontros que disputou, con maior importancia se cabe tratándose de rivais directos. As recentes incorporacións de Dragan Dzajic e Zbigniew Boniek ó clube mostra unha vez máis a abraiante habilidade que ten este clube para fichar. O xa asentado Kanouté tamén fixo un excelente traballo, anotando un triplete nun dos encontros.

Dende a redacción queremos dicir que o feito de que só se fagan crónicas dos partidos cando o equipo sae vencedor é totalmente infundado, e coma moi ben indica a policía política, velaí a o amplo seguimento da final da Kopa da T2 onde o noso clube foi inxustamente derrotado.


Torpedo Zagreb 3 - Che Marx 2

O encontro comeza moi igualado, con ocasións apara ámbalas dúas escadras, mais ía ser o Torpedo o primeiro en golpear. Xenial saque dende o recuncho de Dzajic e testarazo inapelable de Boniek. 1-0 para os locais, que lonxe de botarse atrás segue a presionar e volven mandar o balón ó fondo das mallas. Nesta ocasión é Boniek que fuxe dos seus marcadores pola banda dereita e pon un balón raso para a chegada de Frings. O xermano, logo dun control "mellorable", tírase ó chan e bate a Van der Sar por baixo. Segue a avalancha de ocasións para a nosa escadra e desta volta é Boniek quen mete un castañazo coa perna esquerda que entra polo segundo pao da porta rival. 3-0 e comezan os nervios no Torpedo, dada a súa facilidade para estragar encontros.
Thuram salta cun inimigo non identificado por un balón, ningún dos dous chega, e ó xuiz da contenda dalle por sinalar penalti. En repeticións posteriores, ás que este xornal puido acceder, non se ve en ningures a suposta falta que provoca a pena máxima, pero en fin, o mal xa está feito. Henry, de xeito maxistral anota o penal, cun atinado tiro ó medio. Ós poucos minutos Maldini rouba un balón limpamente e de novo o trencilla inventa unha falta que expulsa ó non-balón-de-ouro italiano. Tocaba xogar con dez o que restaba de partido. O Che comeza a combinar no medio cambio e de súpeto Batistuta solta un mísil dende fóra da área que entra a rentes do pao da meta defendida por Banks. Estamos no minuto 84 e o resultado é de 3-2. E por sorte, nesta ocasión a crónica remata eiquí, o Torpedo resistiu e puido desfrutar da súa segunda vitoria na liga. Torpedo 3 - Che Marx 2.


Ordem e Progresso 2 - Torpedo Zagreb 4

No segundo encontro da noite o Torpedo visitou ós lusitanos do Ordem, coa esperanza de que os bos resultados continuen. As baixas por sanción de Kalazde (relativamente xusta) e Maldini (totalmente inxusta), non eran un bo presaxio, mais aí estaban Robert Kovac e Mertesacker para sacar ó equipo do apuro. O encontro comeza con Dzajic e Boniek correndo coma foguetes polas bandas e de alí en pouco unha internada do polaco (Hail Poland!), que é derrubado por un malvado defensor, da os seus froitos. O capitán Dzajic transforma a pena en gol cun disparo raso á dereita do porteiro. 0-1 para o Torpedo. Pouco despóis, logo dun par de rexeites, Kanouté saca petróleo, e, anticipándose ó gardamallas local, pon o 0-2 no marcador. Xa no segundo tempo, internada do capi pola banda esquerda e preciso centro a Kanouté, que só ten que empurra-lo esférico ó fondo das mallas. Os locais tamén dispuxeron de boas ocasións, e nunha destas Mr. Square remata un bo pase do Káiser, facendo o 1-3. Pero Kanoué aínda quería máis e tras recibir de Boniek anota o seu terceiro gol do encontro: Kanouté the Killer!. 1-4 no marcador, pero aínda non rematara a festa goleadora, xa que o lembradísimo Boban anota o definitivo 2-4 tras un intelixente toque de de Mr. Square.


O Draft

As novas que temos ata o de agora son que será hoxe á noitiña, con Gerd Müller coma gañador do curso de buceo sen bombona. Agardaremos ata mañá para confirmar cal é o xogador que se incorporará á disciplina do Torpedo de cara á segunda volta.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

ZBIGNIEW

Gender: Masculine

Usage: Polish

Pronounced: ZBEEG-nyef
Means "to dispel anger" from the Slavic elements zbit "to dispel" and gniew "anger"

O apaciguador!

Anónimo dixo...

TORSTEN

Gender: Masculine

Usage: Swedish, Danish, German

Pronounced: TAWR-sten (German)

From the Old Norse name Þórsteinn, which meant "Thor's stone" from the name of the Norse god Þórr (see THOR) combined with steinn "stone".

Anónimo dixo...

Agora aínda teñen máis carisma que antes se é que eso é posible!!

Como mola o nome de Torsten!!!!