martes, 8 de xaneiro de 2008

Todo

(Marko Czalic - Montreal)
Preparade os fuciños, xornalistas de filfa, que ides levar que contar. Unha vez máis, o mellor cronista do mundo con toda a súa maxia.
Turquía, nova campioa
Foi un campionato dos de antes. Emoción e intensidade en cada xogada. Igualdade, paixón nas bancadas; o Mundial de Decembro de 2007 non será esquecido doadamente. Estes foron os resultados:
Grupo A
Rusia 2-1 Noruega
España 2-1 Camerún
España 4-3 Rusia
Noruega 3-1 Camerún
Noruega 4-2 España
Rusia 4-0 Camerún
Grupo B
1º Alemaña 10
2º Turquía 6
3º Australia 1
Semifinais
Alemaña 1-1 Noruega (prórroga 2-1)
Turquía 2-2 Rusia (penaltis 4/6-3/6)
Final
Turquía 3-2 Alemaña
Goleador: Sr. Miroslav Klose 8
Pasador: Sr. Emre Belozoglu 4
Cuarto Mundial para Turquía, unha das históricas, que abandona o moi honroso -e numeroso- grupo dos tricampións para entrar no algo máis selecto e tamén carismático dos tetra.
Magnífico Mundial das catro semifinalistas. O partido entre Turquía e Rusia empezou a entrar na historia de xeito espectacular, cando Kerzhakov driblou a Rustu na frontal da área e, seguido por dous enfurecidos defensores, entrou co balón na porta rival. Aí subiu a intensidade un par de puntos, pois a gande fazaña de Kerzhakov foi esquivar as patadas post-gol que buscaban o seu escroto. Os otomanos, feridos no orgullo, igualaron da man de Hasan Sas en xogada de incontables e inverosímiles rebotes, tremendamente festexada polos seus compañeiros con múltiples alusións a Kerzhakov, a súa familia, amigos, veciños, compatriotas, mitocondrias, etc., incluido algún novo intento de destruir a súa bolsa escrotal. Turquía logrou no segundo tempo a dianteira tras un novo rebote atrapado por Sas, pero Rusia, loitando até a fin, logrou revertir a marcada tendencia do partido e forzar a prórroga. Unha prórroga delirante, rota, que ben puido acabar 5-5, pero que pechou sen goles. Os penaltis, con máxima emoción e pequenas vantaxes dos rusos, remataron por dar a razón aos pateadores-reboteadores. Na final, moi emocionante, o Presidente da WIFA conseguiu o seu 2º título como adestrador e apenas puido conter a emoción. "Kua", declarou. Nun grande partido Turquía superou a unha Alemaña intratable até entón, con accésit para o magnífico traballo de Miroslav Klose e Premio Especial da Crítica a un Sobrenatural Emre Belozoglu.
LPU3 e K3. Emoción sen límites
Foi unha xornada tamén para a lembranza. Marxes mínimas, puntos chave, movemento de rublos e a eliminatoria kopeira máis igualada e fabulosa de todos os tempos.
Para comezar, P. Clash, cun inspiradísimo Yeste (un gol e un pase) e un atinado Salihamidzic, ex do glorioso Torpedo, estragou en dous corners de grande factura os planos do noso grande clube ao acadar a vitoria por 2-1. Boniek saltou ao campo nos minutos finais malia súa gastroenterite aguda, acadando na compensación un excelente gol tras o imponente saque de falta de Dzajic.
Despois chegou o agardado duelo entre os dous primeiros clasificados. Un traballo de máxima seriedade por parte do G$H, con grande intensidade defensiva e contundencia arriba. Seedorf, tras centro longo de Cruyff e deixada de Adriano, fusilou a Yashin no minuto 1. O Shakhtar puxo entrega, máis custáballe atopar canles de xogo entre a muralla defensiva visitante. Nos derradeiros minutos do primeiro tempo, Cruyff atopou a Adriano e a segunda chegada de G$H rematou no 0-2. Paradoxalmente o segundo tempo, co Shakhtar volcado de corazón pero sen atopar liñas de xogo, contou con moitas aproximacións visitantes en numerosas contras, todas marradas nos últimos metros ou salvadas por reaccións desesperadas da defensa e de Yashin. Un apagado Shevchenko, tras xogada elaborada e cesión de Koller, logrou forzar un penalti con 25 minutos por diante. O propio ucraíno disparou forte e colocado, pero o criticadísimo Schmaikel, novamente inmenso, desviou a córner. Con tres minutos por xogar, van der Vaart realizou un fantástico envío co exterior desde a banda e Pires controlou para deixar seco ao dinamarqués cun tiro axustado á reviravolta. O Shakhtar empurrou até o final, pero Stam, insuperable, detivo a Shevchenko na última acción do encontro. A LPU ficaba totalmente aberta tras este partido. Sir Nigel declarou: "¿Clasificación? ¡Ah, sí! Les jodimos los rublos". Despois chegou o derby anarquista, o noveno da historia. Ambos equipos chegaban con 15 puntos, un encontro máis os partisanos. Na xélida Montreal, o primeiro tempo foi dos locais, que se adiantaron no minuto 44 cando Shevchenko insistiu en mandar o balón á área tras longa xogada e Lampard definiu con veloz precisión. No saque central Ronaldinho roubou o balón, superou a dous contrarios, entrou na área a todo correr con dous defensas pegados ao cú e manobrou para gañar os centímetros que lle permitiron definir un extraordinario gol. O segundo tempo correspondeu aos visitantes, que se achegaron no marcador nunha xogada embarullada, con clamoroso penalti incluido, da que van Basten saiu vencedor cruzando a bola con acerto. Non houbo máis goles, e a clasificación, queda así apretada arriba e abaixo e partida pola metade en espera do que faga, sobre todo, Pollo FC cos seus partidos atrasados.


CLASIFICACIÓN T3











X

G

E

P

F

C

P

D

1

Shakhtar de Montreal

7

6

0

1

24

10

18

14

2

Gloria y Honor

7

5

2

0

15

3

17

12

3

Partisano Clash

8

5

0

3

13

11

15

2

4

Asaltacunas FC

8

4

2

2

18

14

14

4

5

Pollo FC

5

2

1

2

11

9

7

2

6

Swazilandia FC

6

1

2

3

5

8

5

-3

7

Torpedo de Zagreb

6

1

1

4

9

15

4

-6

8

Ordem e Progresso

6

1

1

4

7

15

4

-8

9

Che Marx

7

0

1

6

2

19

1

-17

E arrincou a Kopa e como o fixo, meu deus. O primeiro campión, o equipo co mellor palmarés, Asaltacunas, recibía a P. Clash nos cuartos de final. Yeste, de novo magnífico, deu un pase a van Basten e anotou o 0-2 nun encontro de ida que era, como recoñeceu Cabarcos, "un partido de 1-1".
A volta respondeu ao seu nome de xeito dramático. Os visitantes, á desesperada e coas baixas de Weah, Gullit e Gilardino, aliñaron na punta a Radzinski e Odonkor. O primeiro tempo foi de continuo dominio local, con ocasións clarísimas de gol, até 6, abortadas por Buffon ou un par de centímetros. No minuto 45, Radzinski castigou a falta de acerto local e comezou o seu festival. O segundo tempo comezou coa incerteza no marcador. As pernas dos partisanos pesaban máis da conta e Asaltacunas tomou o control con roubos rápidos e rápidas saídas. Radzinski anotou o 0-2 aos 62´ e a eliminatoria estaba sobre un aramio. Pero cando o canadiano ex-polaco acadou o seu grande hat-trick no 76 todo parecía decidido. P. Clash precisaba 2 goles e Cabarcos moveu ficha, introducindo ao estómago do equipo, Matt Holland, e adiantando liñas. O equipo volcouse case á desesperada e van Basten estivo a piques de dar opcións aos seus nunha xogada en que aguantou o fóra de xogo para encarar a Buffon con vantaxe. Mais Buffon é moito Buffon e abortou a ocasión no último instante. Despois, todo foi un lóstrego. O 4º Árbitro sinalou desconto dun minuto, case ao tempo que Sammer, caído á banda dereita, colocaba o balón na testa de van Basten, que desta volta non errou. A milagre estaba ao alcance, pero semellaba que o colexiado se dispuña a pitar mentres Asaltacunas buscada alonxar o balón para certificar o seu excelente traballo. Inesperadamente Sammer interpuxo o corpo e o árbitro indicou a falta. Yeste tocou curto a Sammer, este a Holland e o bravo irlandés atopouse cun oco para disparar na media lúa. O estoupido da bancada foi apoteósico. Parabéns aos dous equipos.
Palmarés histórico e clasificación WIFA

PALMARÉS


Liga



Kopa




Ind




C

S

T

C

S

SF

SE

Dz

Giv

AT

PR

Asaltacunas FC

1

1

0

1

0

0

1

1

1

0

0

Análisis Matemático

1

0

1

0

0

0

0

0

1

0

0

Shakhtar de Montreal

0

1

1

1

1

0

1

0

0

2

0

Torpedo de Zagreb

0

0

0

0

1

1

0

2

0

0

0

Gloria y Honor

0

0

0

0

0

2

1

1

1

1

1

Partisano Clash

0

0

0

0

0

1

0

0

1

0

0

Che Marx

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

Ordem e Progresso

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

Pollo FC

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

Swazilandia FC

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0

0













O premio ao Humán Primitivo pertence ao líder eventual desa clasificación.


CLASIFICACIÓN WIFA



PUNTOS












1

Shakhtar de Montreal



7,2




2

Asaltacunas FC



6,4




3

Gloria y Honor



5,4




4

Partisano Clash



5,0




5

Análisis Matemático



4,0




6

Torpedo de Zagreb



3,8




7

Pollo FC



3,4




8

Ordem e Progresso



2,6




9

Swazilandia FC



2,2




10

Che Marx



1,4




'Quidi' deixa o Shakhtar!
Non hai confirmación, porque o interesado garda silencio i está ilocalizable. Mais os compañeiros dano por feito. Vagiz Khidiyatullin abandoará o Shakhtar no draft invernal. Lúcio declarou: "é bo rapaz (e logo "off the record"), pero un pouco así (Lúcio pon as mans diante da fronte e xúntaas cara o medio). O outro día cheguei a adestrar -un pouco peneque, porque Adriano quedou despois do partido- e el xa marchaba. Levaba unha cariña o pobre. Non me saudou". Baresi comenta: "moi solidario, amable, máis non sei, parece que el sentía que non encaixaba. E iso que Potemk puxo horarios de adestramento, comidas, etc. Todo para que el non se desquiciara. E bueno, logo adestraba e comía só, pero iso si, sempre á mesma hora. Só tiña afinidade con Yashin. E comigo. Ás veces miraba cara atrás todo agobiado, cando lle viña Dzajic, por exemplo. I entón me vía por alí e sorría. É como un neno. Pero agóbiase moito, non sabe vivir. Sempre con papeleos. Tenlle algo de xenreira a Lúcio. Sempre nega que o coñeza "eu a este señor non o vin na miña vida". É moi retranqueiro, así e todo. Tamén lle ten simpatía a Gilberto, que de cando en vez viña ver como ían as cousas". Potemk: "Para min é moi triste. Moi triste. Terrible. Os rapaces vense todos nalgún momento da semana, sabe? Eles andan ao seu ritmo, pero sempre coinciden nalgún momento e comentan algo, eu que sei, Zico dille a Koller "ei, teño un recado para ti de Lúcio, espera, hostia, a ver que foi o que dixo, ah si, que o venres, que lle fagas as coberturas" e así vanse enterando máis ou menos, pero 'Quidi' non era quen de entrar nestas dinámicas. Só coincidía con Ronaldinho adestrando, pero con Ronaldinho coinciden todos, porque bota aquí o día completo. O que non ven nunca e Shevchenko. Resulta que o rapaz cobra en cartos, sabe? Di que el é moi anarquista, pero que o que lle gusta é o diñeiro. Así que construiu un pin-ball xigante na súa mansión, con gravidade tripla, i adestra alí dentro el so. Koller, en troques, ven ver como adestran. Ven a pé, e por prescripción facultativa non pode facer máis exercicio que ese agás nos partidos "se quere conservar os xeonllos". Ademais que as calorías xa as queima andando, ao tempo que potencia o tren inferior. Pero, de que lle falaba? Ah, si, o de 'Quidi'. Ás veces penso que el me xustificaba o cargo. Cando marche, non sei ben que vou facer". Vladimir déixanos apesarado e alonxándose lánguidamente.
Desembarco estelar
Por último, ollo a este draft invernal. Parecía un recurso de pouco uso, pero semella que vai haber movida das gordas. Non o esquezan. Palabra de Czalic.

29 comentarios:

Anónimo dixo...

Bo traballo, Marko

Anónimo dixo...

Como 'bo traballo'. Menudo anormal, máis ben.

Anónimo dixo...

de que falas?

Anónimo dixo...

Nada, falo do pirado do Czalic, que non debe ter outra cousa que facer.

Anónimo dixo...

si eso é certo, pero como agora di que traballa na cama, xa ves o fai

Anónimo dixo...

joer onde tan os resultados de turquia no seu grupo pero menudo timo

Anónimo dixo...

por certo sei que sona repetitivo non vexo a clasificacion se superpon cas rallas

Anónimo dixo...

Eso é cousa do 'xenio' Czalic, que ten envexa porque un traballador anónimo da redacción foi quen de entrevistar a un planeta e el non.

Anónimo dixo...

nas dúas últimas noticias podense apreciar dous estilos xornalisticos completamente diferentes:

Rapajk: cabezallo e dúas fotos

Czlaic: TODO

Anónimo dixo...

Trabuqueime: onde pon Czlaic lease Czalic.
Non son horas para estas chorradas.

Anónimo dixo...

Vouche voar os juevos, fan do carallo. Era o que me faltaba, no te jode. E o mamón do Bocazas... Aquí hai moito listo. Non esquezas que sei quen es, Bocazas!
Tocante ao demagogo, defínese a si mesmo. Mais non pasa nada. Hai xornalistas que non teñen nada que dicir e logo estamos os megalómanos, que adoramos a música.

Anónimo dixo...

Diga que sí, especialmente Wagner.

Anónimo dixo...

Especialmente Wagner, en efecto. Aínda que eu sitúo aínda antes que Wagner a música das miñas propias palabras.

Anónimo dixo...

'a música das miñas propias palabras' .Pero onde vas Marko, que se che vai a pinza!

Anónimo dixo...

E non metades a Wagner nesto, por favor

Anónimo dixo...

É a horizontalidade, que lle envía todo o sangue ao cu. Ademais xa se sabe como se poñen os megalomaníacos cando se lles ataca. En plan Javier Marías ou así.

Anónimo dixo...

"Javier Marías"? non digades tacos neste xornal, por favor

Anónimo dixo...

http://es.youtube.com/watch?v=IImhchDkHIk

Anónimo dixo...

é un bo himno para un equipo de fútbol de zagreb.

Anónimo dixo...

já que todos lhe damos lenha ao pobre do Marko, pois eu nom iva ser menos.

Dado que as cores do Ordem e Progresso som grana, ou vermelho escuro se preferides. Dado que agora mesmo o que predomina é o amarelo (três equipas). Dado que de vermelho só há dous é num deles o que se ve é o branco (Partisano Clash). E por último; dado que as cores do Ordem e Progresso som grana. Exijo que se nos devolvam os símbolos que nos foram roubados.
Já sei que da trabalho, mas conformaria-me com que se mudara nas publicaçons de aquí em diante.
Proponho-lhe ao gram jornalista e melhor estatístico, fondo grana e letras alvas, obrigado de antemão.

Anónimo dixo...

joputa...

Anónimo dixo...

"joputa"
nom é a primeira vez que me dam a razom desse jeito.

Anónimo dixo...

No entiendo un carajo todo eso de los colores. Así que digo que no. Y suerte tienes de que no esté Carew, que cuando no entiende algo su instinto le impele a golpear al causante de su frustración.

Anónimo dixo...

Nas classificaçons, ho!
Nas estatísticas anexas a este magno artigo eu som verde-amarelo como a canarinha. Nom me importa em caso de nom quedar outra, mas penso que agora mesmo podo reivindicar as minhas cores 'titulares'.

Anónimo dixo...

Creo que están a dicir cousas difíciles a propósito para confundir a Carew

Anónimo dixo...

Mire, quédese con los colores que le dé la gana, deje de molestar.

Anónimo dixo...

deje de molestar.
Nom é a primeira vez que me dam a razom desse jeito.

Anónimo dixo...

Por lo que veo, le dan la razón de formas harto curiosas. Quizá debería replantearse el tipo de argumentos que esgrime.

Anónimo dixo...

obrigado polo conselho mas eu já o dezia nesse sentido