sábado, 26 de xaneiro de 2008

Os camiños da vitoria

(Redacción)

Xornada inesquecible para o Torpedo, non tanto para os seus rivais. O capitalismo amosa a súa febleza diante da unión proletaria, e tamén, por qué non, diante dos foguetes Boniek e Dzajic. Vamos coa Kopa.

KOPA T3

Previa da Kopa

Torpedo 4 - 1 Gloria y Honor

Inxustamente, o subcampión da KopaT2 foi obrigado a xoga-la fase previa. E, como ben dixo Ballack, imos a morte ata o derradeiro set. Nun encontro con moitas ocasións, no que os gardamallas foron os protagonistas, Banks gañoulle a partida a Schmaikel. O porteiro menos batido da presente campaña non tivo unha boa actuación diante da maquinaria atacante do Torpedo. Destacamos os primeiros goles do 'Secretario Xeral' Pelé coa camisola negrobrancozulada e dous clarísimos penaltis, ben executados polo capi, que tamén dou un dos seus típicos pases de gol.

Gloria y Honor 3-3 Torpedo

Un Torpedo con cinco defensas, e disposto a sair á contra aproveitando a mínina ocasión, plántalle cara ós capitali$ta$ nun encontro no que de novo Banks foi providencial e Van Bommel, a engranaxe do medio campo, reivindicouse unha vez máis. O noso clube pasaba ós cuartos.



Cuartos

Torpedo 2-2 Swazilandia FC

Intenso encontro, no que os africanos, liderados por un Milla incombustible sacaron un valioso empate en terreo croata. Os locais non souberon mante-la sua vantaxe e todo quedou a expensas do encontro de volta. Destacada actuación de Kanoutè, con dous goles.

Swazilandia 2-3 Torpedo

Outro encontro igualado, no que un gol Kanouté decidiu o pase dos de Mitea ás semifinais. Van Bommel, de novo destacado, e Boniek completaron os goles dos croatas.


LPU Xornada 10

Asaltacunas 1 - 2 Torpedo

Impresionante partidos dos de Mitea, que aplastaron sen piedade ós locais. Os vacuos intentos do Asaltacunas por anotar perdéronse nas máns de Banks, mentres o ataque branconegroazulado fusila con furia quinquenal a meta defendida por Buffon. Un remate de Boniek a pase de Dzajic vale todo un trunfo e aínda máis, xa que é o gol número 100 do Torpedo. Bo traballo rapaces!.


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Lo que más me gustó fue lo de los clarísimos penaltis.

Anónimo dixo...

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=subjetivo

Anónimo dixo...

Si, señor, boas crónicas. Queda ben claro, unha vez máis, que o Xornal do Pobo é de Zagreb.
A mellor é a do partido de liga.