venres, 11 de xaneiro de 2008

O Torpedo non acudirá á sede da LPU hoxe en protesta polas arbitraxes

(Redacción)

As actuacións dos colexiados co Torpedo chegan a niveles que o Partido xa non é quen de aturar. "En protesta pola inxusta expulsión a Maldini hoxe o Torpedo non acudirá á LPU, nin sequera para o Draft". Así falou o secretario local do Partido hoxe á tardiña.

Dende este xornal non podemos facer menos que apoiar toda medida que defenda os intereses do noso clube, coma lexítimo representante do proletariado.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Aí,aí, reacciona ante as xeiras positivas, non vaia ser.