(Redacción)
As boas novas seguen a xurdir do entorno do noso clube. O antigo "Rei", agora, segundo consello do Partido, "Secretario Xeral" do Fútbol, Pelé, ven de asinar un contrato para o que resta da tempada.
Na súa comparecencia perante os medios, asegurou que "veño botarlles unha man ó serbio e ó polaco, a ver se somos quen de acadar unha boa clasificación na liga e tamén tentaremos ir pola Kopa". No relativo á sua suposta imbecilidade, quixo lembrarlles ós xornalistas que "aínda non me retirei do fútbol, xa haberá tempo. Ides quedar ata os fuciños de min". Mitea, declarou que "Agora si que imos tundar", e tamén que "xa sei que sempre que fichamos digo o mesmo, pero que vou dicir?".
Ballack tamén quixo falar da nova fichaxe "é xusto o central que precisamos, co "Secretario Xeral" aquí, imos ser inexpugnables".

6 comentarios:
Que exhibición de idiosincrasia!
Bueno, falta a foto. Amañareino en un anaco
Non, non faltaba a foto. Agora hai 2 iguais. Se é o que pretendías, supoño que é un traballo conceptual de Ballack. Se non, sobra unha. (Por certo, gran foto).
Corroboro el carisma de la foto. Por cierto, de nuevo el misterio de las encuestas.
Refíreste a...?
A) Quen foi o simpático que non votou Danone.
B) Como é que todos votamos sempre o mesmo.
C) Por que hai máis de 9 votos.
Me refiero a la C. Para la A tengo fácil respuesta: fui yo. El FMI lo controla todo.
La B también tiene fácil respuesta, pero no la voy a dar para no ofender a nadie.
Publicar un comentario