martes, 29 de xaneiro de 2008

O ano do Shakhtar

(Marko Czalic - Montreal)
Se algunha vez pasan pola capital do Quebec i está en festas, pasen de longo. Se están obrigados a parar e atopan xuntos pola rúa a Lúcio e Adriano, saúden coa cabeza e apuren o paso. As limpezas de estómago son máis desagradables aínda do que a xente di. E o peor é que curan a resaca, o que fai que un se poda incorporar antes ao posto de traballo (neste caso a cama). Este é o resumo da segunda volta da LPU3 e da K3 a partir das semifinais (o que restaba por contar). Unha segunda volta marcada por unha grande igualdade (illándoa da primeira) e unha Kopa marcada pola emoción. O Shakhtar fixo doblete e ascendeu ao primeiro lugar no palmarés histórico.
LPU3 - Segunda volta
X10
Asaltacunas FC - Torpedo Zagreb
Partido xa comentado. O Torpedo confirmouse (inxustamente -só neste caso) como besta negra dos locais e Boniek anotou o gol 100 dos croatas. 1-2.
Gloria y Honor - Swazilandia BP
O partido de Toure, premio "combo de la vaca". O claro dominio local non impediu a repetición do resultado da ida. Gol 100 para G&H (Toure P.P.). 1-1.
Pollo FC - Partisano Clash
Empate dos pitiños no último minuto. 1-1.
Shakhtar de Montreal - Che Marx
O despertar -breve polo de agora, pero bo aviso- da Besta. Paliza do colista ao líder. 2-4.
X11
Che Marx - Pollo FC
Dominio local, que tivo que contar coa enorme axuda de Ravelli para lograr un punto. 3-3.
Ordem e Progresso - Asaltacunas FC
Ordem comezou a súa tradicional resurrección fronte a un grande en período de continua desgracia. 3-2.
Partisano Clash - Gloria y Honor
Van Basten decidiu o importante duelo de perseguidores, devolvendo o resultado da ida. 2-0.
Torpedo Zagreb - Shakhtar de Montreal
Ballack certificou a igualdade no último minuto. 2-2.
X12
Gloria y Honor - Che Marx
Os do Sir recompuxeron xerarquías cun 'recuperado' Eusebio. 5-0.
Pollo FC - Torpedo Zagreb
Empate de dous equipos igualados e moi goleadores. 2-2.
Shakhtar de Montreal - Ordem e Progresso
Partido que seguiu o usual guion dos enfrontamentos multigoleadores destes equipos. 4-2.
Swazilandia BP - Partisano Clash
Aprazado no seu día pola folga de transportes en Korntzatr, este partido segue pendente.
X13
Asaltacunas FC - Shakhtar de Montreal
Grandes facilidades defensivas dos locais, contra o usual nos do Duque. As contras decidiron. 1-4.
Che Marx - Swazilandia BP
Un penalti descompuxo aos visitantes e a Besta bestializou. 3-1.
Ordem e Progresso - Pollo FC
Reedición da ida con roles cambiados. Ordem ía cara arriba e o supercarismático Pollo cara abaixo, para desgraza da Humanidade. 3-2.
Torpedo Zagreb - Gloria y Honor
Empate que deixou insatisfeitos a ambos equipos, mais nos partidos entre grandes sempre pode ser peor. 2-2.
X14
Gloria y Honor - Ordem e Progresso
OeP aproveitou todas as súas ocasións e G&H perdeu un feixe. Os puntos seguían a escapar por moi pouco e a liga alonxábase. 3-3.
Partisano Clash - Che Marx
Outra vítima da folga de Korntzatr.
Pollo FC - Asaltacunas FC
Un respiro para o campión de K1 e LPU2, e nova desgraza para os pitiños. 2-3.
Swazilandia FC - Torpedo Zagreb
Outro encontro pechado na negritude. O noso magnífico Torpedo sumaba e seguía, sen perder desde a xornada 4, mais empatando demasiado. 1-1.
INCISO. A K3
SEMIFINAIS
En sorteo tan polémico que semellaba amañado, estes foron os duelos:
Partisano Clash - Torpedo Zagreb
Os partisanos, nun partido moi serio, tomaron vantaxe por 1-0. Estes dous equipos fixeran unha K3 plena de épica i están enfrontados por unha grande rivalidade que adoita favorecer aos anarKas. Os dous atravesaban un grande momento. A volta foi excelente. Adiantouse o Torpedo e o Clash igualou obrigando aos nosos a chegar ao 3-1 o que, sorprendentemente, acadaron no primeiro tempo. Pero o 3-2 trouxo a ansiedade e xa foi imposible volver derrubar o muro.
Pollo FC - Shakhtar de Montreal
Dous equipos que adoitan ofrecer moitos goles e que desta volta ofreceron, sobre todo, fútbol i emoción. Krstajic, nun grave erro, adiantou aos locais nun partido xogado a mil por hora por ambos bandos. O Shakhtar, tras moito loitar, conseguiu o dominio do encontro na última media hora e chegou ao 1-2. No desconto, Zlatan errou o que só el pode errar. O resultado parecía definitivo. Pero, no comezo da volta, Bozsik anotou o 0-1 e a cousa estivo no aramio, mentres a bancada de Montreal discutía que equipo molaba máis, se o seu ou o Pollo (maiormente gañou este último). Moita igualdade até o final. Unha ocasión de Elano puido supoñer a primeira eliminación do Shakhtar en partido dobre, máis o balón marchou fóra por ben pouco.
FINAL
Shakhtar de Montreal - Partisano Clash
Shevchenko dixera "Na Kopa chegaremos á final e a vitoria dependerá de min". Que importa que errara nos demais pronósticos? Isto acertouno. Sobre o xiado céspede do estadio Real de Mbabane, Ronaldinho atopou ao ucraíno, que colocou o balón na rede coa perna esquerda no minuto 10. Era a terceira vez que o derbi anarquista se desputaba en kopa, e o Shakhtar sempre eliminara ao Clash pola mínima marxe. Esta volta sucedeu o mesmo. O partido decepcionou un chisco no futbolístico. O Shakhtar tiña a vantaxe e un certo control sore o xogo, máis a tardía entrada do 'tocado' van Basten deu azos aos de Korntzatr, que se botaron arriba. No minuto 88 chegou o clímax. Yashin, fabuloso no último tramo da tempada, despexou o testarazo do ariete holandés e Stoichkov, en prancha, devolveu o rexeitamento nun remate que foi dar cruelmente contra o pau, para caer nas mans do ruso. O Shakhtar era bicampión de Kopa. Shevchenko, áximo oleador do torneo por terceira vez, acumula neste torneo 19 dianas en 17 partidos.
LPU3 - Segunda volta (continuación)
X15
Asaltacunas FC - Gloria y Honor
Os empates son un sumidoiro difícil de comprender. Cando fas un partido para gañar e o teu rival tamén, os merecementos deixan un défice de -4 puntos. 2-2.
Ordem e Progresso - Swazilandia BP
Ordem tentou xogar a moitos goles e Swazi a poucos. Táboas finais. 2-2.
Shakhtar de Montreal - Pollo FC
Irrupción de Nihat na LPU3. Un penalti inexistente facilitou enormemente a vitoria local. 3-1.
Torpedo Zagreb - Partisano Clash
De novo, a besta negra. Os partisanos resistían na loita pola liga. 0-2.
X16
Che Marx - Torpedo Zagreb
Grande partido do Torpedo, en sólida escalada. 1-5.
Gloria y Honor - Shakhtar de Montreal
De novo, mala sorte para G&H. Os suplentes Nihat e Mutu, incriblemente precisos, escribiron un resultado que só se reflicte a si mesmo. A liga estaba xa case decidida. 0-3.
Partisano Clash - Ordem e Progresso
Outro partido que quedou a expensas do novo convenio en Kortzatr.
Swazilandia BP - Asaltacunas FC
Unha das mellores vitorias da historia de Swazi en liga. Excelente o xogo dos negros. 3-1.
X17
Asaltacunas FC - Partisano Clash
Partido que acabou co que quedaba de liga. Outra besta negra que exerceu de tal nun partido dominado e moi loitado polos visitantes. 2-1.
Ordem e Progresso - Che Marx
A Besta bota unha sesta, e da sexta sae outra besta. 4-0.
Pollo FC - Gloria y Honor
Os pitiños estiveron indefensos ante a ansia de trunfo (acumulada) dos paladíns. 0-3.
Shakhtar de Montreal - Swazilandia BP
Basturk, no último instante, disipou outros dous puntos dunha cidade en festas. 1-1.
X18
Che Marx - Asaltacunas FC
Partido aprazado debido á epidemia de disentería dos locais. Sospéitase de iogures caducados (xa é sabido e foi comentado que os iogures non traen o ano de caducidade; parece que SI é un problema).
Partisano Clash - Shakhtar de Montreal
O partido que se convertía no máis xogado da historia WIFA (11 enfrontamentos), o derbi anarquista. P. Clash loitou con orgullo fronte a un rival empeñado en celebrar a liga con vitoria. 2-1.
Swazilandia - Pollo FC
A besta negra das bestas negras. O Pollo Swazi sempre remata igual. O partido que permitiu ao presi darse unha alegría e rematar a liga berrando CUAAAA. 0-3.
Torpedo Zagreb - Ordem e Progresso
Os dous grandes recuperados da segunda volta despedíronse cun empate nun dos clásicos da liga. 1-1.
Como curiosidade adxúntase a clasificación parcial da segunda volta da LPU3 (incompleta). Chama a atención moi positivamente a igualdade entre todos os equipos. A expensas do que podan facer aínda OeP e P. Clash, a diferenza entre o primeiro e o último foi de 8 puntos, mentres que no final da 1ª volta fora de 20. Outro exemplo: Che Marx é penúltimo no parcial, mais nos dous partidos que lle restan podería mesmo ascender ao segundo posto (tamén no parcial, claro).

CLASIFICACIÓN T3 (2ª volta)

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Shakhtar de Montreal

8

4

2

2

20

13

14

7

2

Ordem e Progresso

7

3

3

1

18

14

12

4

3

Torpedo Zagreb

8

2

5

1

15

12

11

3

4

Partisano Clash

5

3

1

1

8

4

10

4

5

Gloria y Honor

8

2

4

2

16

13

10

3

6

Swazilandia FC

7

1

4

2

9

12

7

-3

7

Asaltacunas FC

7

2

1

4

12

17

7

-5

8

Che Marx

6

2

1

3

11

20

7

-9

9

Pollo FC

8

1

3

4

14

18

6

-4

domingo, 27 de xaneiro de 2008

Entrevista a Sir Nigel. Intro.

(Marko Czalic - Montreal)
Da moi interesante sección do noso Xornal "un anaco de historia" saiu hai ben pouco un novo reto para Czalic. A un dos nosos lectores pareceulle divertido tentar arredrar a Marko coa difícil cuestión "conseguiu Pepito a camiseta de Cruyff?". Pero o xornalista posuidor da maior colección de luvas do mundo, recolleu outra, aumentando a dita colección. E non só emprendeu un traballo de investigación senón que, como lle parecía pouco, fixou como meta da reportaxe a primeira entrevista cun dos personaxes chaves da WIFA, un home feito a si mesmo que é, como mínimo, tan entrañable como Shevchenko: o líder de Gloria y Honor, Sir Nigel.
Sir Nigel non adoita conceder entrevistas, disque por non roubar protagonismo aos futbolistas. Mais, tras coñecer a existencia desta reportaxe, accedeu á petición deste Xornalista (por se non se percebe, o 'x' é maiúsculo para evitar os usuais epítetos de Xenial ou maXestuoso, nun novo sinal de humildade por parte e Czalic). Iso si, o Sir puxo como condición que a entrevista fose directamente con Pepito, con Marko de testigo de excepción. Pero procedamos con orde.
Pepito xa vai ao instituto. Pouco queda daquel rapaz inxenuo que chegou aos corazóns dos siareiros de todo o mundo, en particular aos corazóns dos feixistas (tarefa difícil, de certo) con aquela fermosa carta. Atopamos a Pepito nas inmediacións do instituto, malia ser hora de clase. Leva na súa man dereita o que el chama "un experimento de química" que vai consumindo durante a entrevista. Chama a atención velo cunha camisola de cor verde cunha grande estrela vermella no peito. Saúda coa cabeza e déixase convidar a unhas cañas.
MC: Ola, Pepito.
P: Ola, Markito.
MC: (vendo habilmente que a cousa vai estar difícil) Mudaches un pouco, nonsi?
P: Se te refires a que xa non son idiota, hai tempo que non teño 5 anos.
MC: E dime, xa non es de G&H?
P: Non. Gloria y Honor fede. Da noxo. Borreime con oito anos, cando botaron a meu pai dunha das empresas do imperio "Tu amigo Nigel" e quedou no paro.
MC: Pero segues a LPU?
P: Si, aínda. O pringado do vello segue a ser de G&H, malia todo. Iso é o que me da máis carraxe. "Pepito, hai que ser bo. A min botáronme porque os tempos viñan duros. É culpa de OeP e outros equipos que, vivindo do esforzo dos demais, obrigan a reestruturacións mesmo aos empresarios máis nobres". Un discurso lamentable, como ve.
MC: Non cres que teu pai, coa súa experiencia, pode ter algo de razón?
P: Pois non.
MC: E ti que? De que equipo es? Do Shakhtar?
P: Non, meu. Nin Shakhtar nin P. Clash. É moi bonito dicir paridas, pero sen orde é imposible acadar unha nova orde. E ademais non está moi claro que eses equipos sexan de esquerdas. Ser anarquista é moi fácil. Non é máis que unha versión do capitalismo salvaxe.
MC: Entón...?
P: Sigo con moito interese a tres equipos: Che Marx (malia que lle atopo certas ambigüidades na súa faceta empresarial), Torpedo de Zabreb (o meu ídolo é Boniek) e Ordem e Progresso (que gasta un nome excelente e ademais xoga coas regras dos capitalistas coa habilidade suficiente para desquicialos). Se teño que escoller son do Torpedo (orzamento baixo, o máis baixo da liga; grande carisma; grande ideario; xogadores do leste e, sobre todo, Zbigniew "O Roxo" Boniek).
MC: Cóntame, o que realmente interesa aos nosos lectores. Que foi da camiseta de Cruyff?
P: Que camiseta?
MC: Insinúas que non a conseguiche?
P: Moi sagaz. Efectivamente. Polo tempo da miña carta botaron a meu pai, o que fixo que, casualmente, a miña capacidade de aforro se vise fortemente mermada. Chorei moito. Escribín ao clube, achegueime aos hoteis de concentración... Non houbo maneira. Nunca recibín unha resposta. Mellor. Se a tivese agora lembraríame que, unha vez, fun feble. Pero teño a de Boniek. Pedinlla e dixo: "Non, só teño unha e necesítoa para xogar. Pero fanas nesta fábrica. Fun por alí, explicáronme como se facía i eu mesmo a confeccionei. Cando lla fun amosar a Boniek para que a asinase pediuma para xogar ese día, pois a súa ía algo descosida e non quixera meter ao clube en gastos superfluos. Así que ao final eu quedei coa descosida, que eu mesmo arranxei, e Boniek xoga coa que eu lle fixen. É un orgullo enrome.
MC: (saloucando emocionado) Ai, este rapaz sempre me fai chorar... Pepe, estarías disposto a ter un cara a cara con Sir Nigel?
P: Onde queira e cando queira.
Esa mesma tarde dirixímonos a Sir Nigel´s Castle. Somos anunciados e agardamos nun suntuoso recibidor. As condicións inclúen que Marko fique en silencio toda a entrevista. Reproduzo con exactitude o que aconteceu.

Zoff poderia jogar co OeP

fim da temporada

Como sempre, depois dumha extraordinária primeira volta, o OeP realizou umha extraordinária segunda volta, quando só queda por jogar em Korntrazr.

Desde a chegada de Zoff os números do OeP melhorarom, e moito: O Ordem sofre meio gol menos por partido. Isso era o menos que se aguardava do seu trabalho. Mas o surpreendente foi a melhora atacante, mais dum gol por partido a respecto da primeira volta. Como diz o próprio Zoff: "nom há melhor ataque cumha boa defesa".

Ademais umha das teimas de Zoff era melhorar os números na casa, algo de capital importáncia, pois os siareiros Limiãos estavam mais que fartos. A situaçom mudou radicalmente: Nem um ponto se amarrou na casa na primeira volta, polo único empate concedido no estádio Arraiano contra Suazilándia na segunda volta.

E assím entretanto a uns lhes faltam 6 partidos por jogar e ainda aspiram a todo, a outros, a maioria, já vam pensando num novo draft. Outra vez o ruge-ruge sobre despidos e sobre reluzentes incorporaçons...

altas e baixas

Ainda nom é nada seguro mas parece que os descartes do OeP seram: R. Carvalho, P. Scholes e tambem poderia marchar o veterão R. Makaay para traer algum rapaz com mais futuro. "Todas estas decisons som-nos moi duras, mas nom podemos permitir que jogadores tam bons apenas desfrutem de minutos e mais ainda co que costa mante-los" explicou Zoff.

Enquanto as chegadas, falamos com Beckenbauer que nos surpreendeu cumha notícia: "Zoff só poderia ser o novo porteiro no caso de receber umha boa oferta por Given, pode que haja mais dum clube ao que lhe venha moi bem um Given, mas se o querem teram que pagar por el, e insisto; esse seria o único jeito de poder contar com Zoff baixo a trave do Ordem na próxima época".

Polo resto parece que os caça-talentos do Ordem e os próprios técnicos estam viajando por toda Europa e mesmo fora dela para topar jogadores novinhos que poidam cobrir as baixas antes mencionadas.

¡¡ENTREVISTA A SIR NIGEL!! 1º ENTREGA

Nos acercamos al imponente estadio del G&H, culmen de la arquitectura deportiva, diseñado por el mismísimo Albert Speer en sus días de grandeza. Las colosales estatuas de sus jugadores históricos nos observan, emanando una fuerza titánica, reflejo de la voluntad inquebrantable de los semidioses que las inspiraron.

Nos introducen en las oficinas por una pequeña puerta lateral, donde nos espera Sihab, el fiel sirviente gurka de Sir Nigel. Éste nos guía por sucesivos pasillos y ascensores hasta llegar al corazón mismo de la fortaleza: las dependencias del presidente. Y allí, sentado en su sillón de piel, observando el mundo por el enorme ventanal, fumando su pipa, está él, encarnando la imagen de la reflexión y el equilibrio.

Sir Nigel- Buenos días. Entren, entren... Tomen algo, si quieren. Sírvanse ustedes mismos. Si lo prefieren, creo entre las bebidas hay algo de Coca-cola que han traido expresamente para ustedes de las cocinas.

Pepito - Vayamos al grano.

SN - Por supuesto. ¿Podemos dar un paseo mientras hablamos? Así se hará más ameno y les enseñaré yo mismo nuestras instalaciones. Sihab, trae la bandeja.

Caminamos por los pasillos, decorados con cuadros de renacentistas italianos.

SN - Bueno, Pepito ¿qué tenías que preguntar?

P - No me llame Pepito, ahora me llamo Josef.

SN - Ah, claro, Josef. Como Pepe Stalin.

Josef - Dígame ¿A cuantas familias ha arruinado con sus intrigas?

SN - Ja, ja. Qué simpático. ¿Verdad, Sihab? La impetuosidad de la juventud. Pero sincero, eso hay que admitirlo. ¿Si de jóvenes no somos sinceros, cuando? Este chico es aire fresco. Hace poco vino uno con ideas de propaganda en las camisetas. Tenía pinta de llevar traje desde que dejó los pañales. En fin, no tuvo mucho futuro.
Ah, la ruina de las familias. Sí, a veces ocurren desgracias. Supongo que lo dirás por lo que le ocurrió a tu padre. Verás, Josef, eran tiempo difíciles. El mundo estaba en crisis. Pero no nos precipitemos en los juicios. Gracias a aquella reestructuración se salvaron muchas economías familiares a largo plazo. Que digo, incluso se salvaron vidas. Sí, es fácil juzgar desde tu posición, Josef, pero yo... yo tengo enormes responsabilidades. No creo que a ti te resultara más fácil escoger el mal menor que a mi.

J - Ya. Ni siquiera me mandaron la dichosa camiseta.

SN - Oh, la camiseta. Cierto. Una dejadez imperdonable. Pero tienes que comprender que aqui nos llegan miles de peticiones todos los días. No creo que sea justo condenarnos por un único error. Un error cruel, cierto, pero no por ello menos aislado. Mira, llegamos al comedor.

Emerson - Uhg!

SN - Sí, Emerson, un invitado. No te preocupes, Josef, si estás conmigo no te hará nada. Pero mejor no te acerques a Zanetti, ahora mismo está comiendo y no le gusta que lo interrumpan.

El comedor es un espacio gigantesco rematado en una cúpula de dimensiones ciclópeas. Columnas de mármol sustentan su peso. Enormes tapices medievales decoran las paredes. Todos nos sentimos impresionados por la magnificencia de la estructura. Las viandas, preparadas por los mejores chefs del mundo, se apiñan en las larguísimas mesas.

SN - Ahora, si les parece buena idea, puedo mostrarles los vestuarios.

sábado, 26 de xaneiro de 2008

Los gnomos

No salen las cuentas. No se lo digan a nadie, pero en las oficinas de la WIFA hay pequeños gnomos que roban calcetines, y, a veces, se dedican a garabatear números al azar en los documentos de contabilidad. Porque sólo eso podría explicar lo que está ocurriendo. Hagamos una visual. Un equipo que sólo ha perdido un partido en casa, segundo en la clasificación, con una única compra de un jugador, de 3 rublos, acaba la temporada en negativos. Otro caso: un equipo que acaba colista, con la plantilla más cara y que perdía unos ocho rublos en la primera vuelta, acaba en positivos.

Los gnomos, esos traviesos.

Pero tampoco vamos a buscar responsabilidades. Los tiempos son tranquilos, todo está bien. Ahora los de siempre se verán beneficiados, y los de siempre, perjudicados. Porque hay que hacer que los que pierden mantengan sus plantillas, no vaya a ser. Que paguen los demás. Pero está bien, es la normativa. Sería mucho peor hacerlo de otra forma, cualquiera que esta sea. Debemos recordar que los que no paran de perder deben ser compensados, ¿y que mejor forma de compensarlos que regalarles las mejores plantillas? Y, por si acaso, evitar que las pierdan.

Pero estoy divagando, de lo que quería hablar era de los gnomos. Malditos gnomos.

Os camiños da vitoria

(Redacción)

Xornada inesquecible para o Torpedo, non tanto para os seus rivais. O capitalismo amosa a súa febleza diante da unión proletaria, e tamén, por qué non, diante dos foguetes Boniek e Dzajic. Vamos coa Kopa.

KOPA T3

Previa da Kopa

Torpedo 4 - 1 Gloria y Honor

Inxustamente, o subcampión da KopaT2 foi obrigado a xoga-la fase previa. E, como ben dixo Ballack, imos a morte ata o derradeiro set. Nun encontro con moitas ocasións, no que os gardamallas foron os protagonistas, Banks gañoulle a partida a Schmaikel. O porteiro menos batido da presente campaña non tivo unha boa actuación diante da maquinaria atacante do Torpedo. Destacamos os primeiros goles do 'Secretario Xeral' Pelé coa camisola negrobrancozulada e dous clarísimos penaltis, ben executados polo capi, que tamén dou un dos seus típicos pases de gol.

Gloria y Honor 3-3 Torpedo

Un Torpedo con cinco defensas, e disposto a sair á contra aproveitando a mínina ocasión, plántalle cara ós capitali$ta$ nun encontro no que de novo Banks foi providencial e Van Bommel, a engranaxe do medio campo, reivindicouse unha vez máis. O noso clube pasaba ós cuartos.



Cuartos

Torpedo 2-2 Swazilandia FC

Intenso encontro, no que os africanos, liderados por un Milla incombustible sacaron un valioso empate en terreo croata. Os locais non souberon mante-la sua vantaxe e todo quedou a expensas do encontro de volta. Destacada actuación de Kanoutè, con dous goles.

Swazilandia 2-3 Torpedo

Outro encontro igualado, no que un gol Kanouté decidiu o pase dos de Mitea ás semifinais. Van Bommel, de novo destacado, e Boniek completaron os goles dos croatas.


LPU Xornada 10

Asaltacunas 1 - 2 Torpedo

Impresionante partidos dos de Mitea, que aplastaron sen piedade ós locais. Os vacuos intentos do Asaltacunas por anotar perdéronse nas máns de Banks, mentres o ataque branconegroazulado fusila con furia quinquenal a meta defendida por Buffon. Un remate de Boniek a pase de Dzajic vale todo un trunfo e aínda máis, xa que é o gol número 100 do Torpedo. Bo traballo rapaces!.


venres, 25 de xaneiro de 2008

La oposición es perseguida en Swazilandia

ULTIMO TELETIPO RECIBIDO TRAS LA VISITA DEL CHEMARX A SWAZILANDIA (PARTIDO QUE FINALIZÓ CON VICTORIA REVOLUCIONARIA POR 3 GOLES A 1)

La oposición es perseguida en Swazilandia mientras amenaza con una insurrección



El opositor PUDEMO o PUDM (People's United Democratic Movement) o [Movimiento Democrático del Pueblo Unido] está siendo perseguido en Swazilandia
én relación a una serie de explosiones de cockteles molotov.
Algunos de los dirigentes del PUDEMO y otros líderes de grupos pro-democráticos han sido arrestados.
La oposición política está prohibida en el Reino de Swazilandia.
Los miembros del PUDEMO están a abandonando el país apresuradamente.
Kislon Shongwe, portavoz del PUDEMO, se ha dirigido a los Gobiernos de Sudáfrica y Mozambique para reclamarles que presionen a Mswati III, Rey de Swazilandia, para que ponga en marcha reformas democráticas si quieren evitar una insurrección en el pequeño país.

Swaziland: la última monarquía absoluta de Africa


mércores, 23 de xaneiro de 2008

Clasificacións pasado o ecuador

(Redacción)

En primicia podemos adiantar como están as cousas pasado xa o ecuador da liga da T3.

Clasificación de Liga

CLASIFICACIÓN T3

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Shakhtar de Montreal

11

8

1

2

34

18

25

16

2

Gloria y Honor

10

5

4

1

17

7

19

10

3

Partisano Clash

10

6

1

3

16

12

19

4

4

Pollo FC

10

4

4

2

21

16

16

5

5

Asaltacunas FC

10

4

2

4

20

20

14

0

6

Torpedo Zagreb

10

4

2

4

20

22

14

-2

7

Che Marx

11

2

2

7

14

28

8

-14

8

Swazilandia FC

10

1

3

6

8

16

6

-8

9

Ordem e Progresso

8

1

1

6

11

22

4

-11


Premio Shevsebio (só liga):

G

Koller

11

Shevchenko

10

Boniek

7

Zlatan

7

Adriano

6

Batistuta

6

van Nistelrooy

5

Gullit

5

Henry

5

Ronaldinho

5

Rooney

5

van Basten

5

Kanoute

4

Cruyff

4

Drogba

4

Maradona

4


Premio Dzajic
(só liga):

P

Dzajic

7

Messi

4

Weah

4

Boniek

3

Koller

3

Nedved

3

Stoichkov

3

Totti

3

Adriano

2

C. Ronaldo

2

Cruyff

2

Emerson

2

Mutu

2

Pires

2

Zlatan

2

Gilardino

2

Garrincha

2


Atacante total:

(PUNTOS)

Koller

23

Dzajic

19

Boniek

16

Shevchenko

16

Zlatan

16

Adriano

12

Rooney

11

Totti

10

Weah

10

Cruyff

9

Messi

9

Nedved

9

Ronaldinho

9

Stoichkov

9



Primitivo (histórica total):

1

Toure

16

2

Zanetti

12

3

Cannavaro

11

4

Cocu

10,5

5

Rio Ferdinand

10

6

Charlton

9

7

Ashley Cole

7,5

8

Stam

7,5

9

Carragher

7

10

Grosso

7

11

Vieira

7

12

Maldini

6,5

13

Lúcio

6

14

Buchwald

5,5

15

Owen

5,5