Velaquí o xogador total do Torpedo Zagreb. Cuarto goleador histórico, terceiro pasador histórico (a piques de superar a marca do seu adestrador serbio) e cuarto, a un punto de Zlatan Ibrahimovic, na clasificación histórica do Atacante Total. Pero estes números semellan mesmo pequenos para explicar a traxectoria do home que encarna como ningún outro, ou como case ningún outro, ou como poucos, o espírito do Torpedo Zagreb. Estamos a falar dun home indómito, sempre ao servizo do Estado; un home libre que sabe seguir como ningún outro as directrices do Partido. Ninguén fixo tanto polo Pobo, nin por revalorizar os callos. Sempre fiel ao Torpedo, este polaco de Bydgoszcz atopou en Zagreb a esencia dun fogar. E, como Banks, aguantou nun clube no que calquera pode ser cuestionado, onde ninguén é sagrado. De seareiros apaixoados e volubles -quen o diría nun Pobo de férrea disciplina-, a oscilación filias-fobias destes nunca colleu no medio a Zbigniew, que sempre pareceu por riba de todo, nos momentos bos e nos momentos malos. Admirado e temido no mundo enteiro, Boniek cae algo mal porque está sempre e sempre molesta, porque pode xogar de líbero e porque sempre está disposto para unha boa ración de proselitismo. Pero é un xogador totalmente único e inesquecible.
Mentres agarda a resolución final da LPU, a conclusión do segundo plan quinquenal do Torpedo, achegámonos a este fenómeno, un home considerado por algúns como o mellor futbolista do mundo (quizais só discutido por homes como Eusebio, Stam, Rijkaard, Buffon ou Stoichkov). O clima en Zagreb é de grande tensión desde hai meses, cando o aprazamento a perpetuidade do Ordem-Pollo deixou á cidade en vilo. Un empate ou unha vitoria do eterno rival sobre o Pollo FC daría ao Torpedo a LPU10, permitíndolle entrar no templo dos títulos pola porta grande. Acusados sempre de "simpáticos", polo seu bo nivel de xogo e baixo nivel de éxitos, os croatas encetan este partido final como a consumación do drama. En realidade son xente seria e toman as cousas bastante a peito (lembremos que Nicolae Mitea foi lanzado ao río San Lourenzo de Montreal nunha ocasión, por comentar só un episodio). No entanto, moitos esquecen que o equipo continúa vivo na Kopa do Pollo, agardando rival para semifinais e con boas opcións de conseguir ese título. De tal xeito que o Torpedo aspira ao único "doblete" inédto (LPU e KP); e todo gracias a Zbigniew Boniek. Nos cuartos de final da Kopa do Pollo, "o Roxo", "el Polaco", virou nuns segundos un marcador desfavorable anotando os seu gol 100 e tamén o 101, para unha vitoria (2-1) sobre o Pollo FC que, ademais da clasificación, supuxo un golpe moral para a loita pola LPU. É principalmente por este gol 100 (cifra que só acadaron antes Shevchenko, Eusébio e Zlatan), pero tamén polo clima de enorme expectación que se respira en toda Croacia, polo que nos achegamos a falar hoxe con este monstro. Disciplinado, fanático, veloz, habilidoso, intelixente, rotundo no remate, incansable, o director da orquestra que máis toca: Zbigniew Boniek, o corazón da LPU.
ZBIGNIEW BONIEK
Partidos xogados: preto de 190
Goles: 101
Pases: 47
AT: 195 puntos
Cartóns amarelos: 3
Cartóns vermellos: 0
Primitivismo: -84,5 puntos
Partidos xogados: preto de 190
Goles: 101
Pases: 47
AT: 195 puntos
Cartóns amarelos: 3
Cartóns vermellos: 0
Primitivismo: -84,5 puntos
- Boa tarde, Sr. Boniek. Que, adestrando?
Si, nunca se adestra abondo. Agora mesmo veño correndo dende Varsovia, que fun ver ó meu curmán Piotr, e aproveitando que xa estou quente pois vou dar unas voltas ó estadio.
- Como ve o asunto da LPU? Gañarase o título ou máis simpatía aínda?
O Pobo nunca se vai render. É certo que non depende de nós, fixemos o noso traballo, que podía ser mellor mais non hai queixa, e agora só queda agardar. E na Kopa do Pollo aínda estamos vivos.
- Parece que o ambiente anda caldeado, por aquí... Teme que os maten pola derrota ante o MAG, se finalmente o Pollo é o campión?
Non. A min non me van tocar. O respecto que me ten todo o mundo eiquí é incuestionable. Saben que deixo o fígado en cada encontro, xogo do que faga falta, e sempre tento facelo o mellor posible...
- Xa, pero estará dacordo en que...
Non me interrompa. O Pobo sabe que aínda que non gañemos nada este ano, houbo unha grande mellora, houbo un tempo aí atrás que semellaba que o Torpedo se afundía de todo. Fomos que de trocares esa tendencia e O Pobo sabe que loitamos por eles. Dito todo isto, non podo asegurar que non haxa represalias contra os dianteiros centro. É unha forte tradición, e parte da nosa idiosincrasia.
- Ahá. Como diga, claro. Que lembra do seu gol 100? Que significou para vostede?
Lembro que entrou. E significou O empate. E o 101 a vitoria.
- Hai tempo que non sabemos nada do tema dos callos. Expláiese. Como está o asunto?
Os callos... Pois verá, este ano fixemos un pacto de silencio. Nada de callos se non gañamos algo. A tempada estivo ben, mais é o remate do plan quinquenal e hai que ter algunha mellora significativa. Cando a T5 fomos subcampións de liga por vez primeira. Desta volta iso xa o temos, mais hai que mellorar iso un pouco. Se non, non hai callos. Quero matizar que Banks vai de cote pola de Pituco, o do MAG, a comer os callos e a empanada que fai Carmucha. Como bo galego, éche moi larpeiro. Na miña opinión Banks pode papar tódolos callos que queira, mesmo se pon unha pota na portería ningué lle vai dicir nada.
- Que supuxo a chegada dos novos adestradores ao Torpedo? É certo que non se falan?
Pois supuxo unha volta ós valores tradicionais do xogo torpedil, cousa que eu agradezo. E si que se falan, cando eu lles digo que falen entre eles o fan. Alén diso, non sei.
- Algo que comentar sobre a configuración do plantel cara o futuro? Botarán por fin a Iaquinta? Actualmente lle están a adebedar á turba un par de dianteiros centros, xa. Podería ser esa a base do nerviosismo que se respira?
Non tal, difamacións capitalistas. A xente está tranquila. Non sei de que está a falar. O Partido non se pronunciou sobre este tema, así que non teño nada que dicirlle.
- Voltará Dragan a se vestir de curto? E vostede de longo? Tornará Ballack?
Quero pensar que sí, as tres cousas que conta estaría moi ben. Mais este ano foinos moi ben con Dragan de longo e eu só de curto. O de Ballack, mire, non é doado saber o que lle anda na cabeza a ese rapaz. Non lle sei.
- Como lle vai, por certo?
Ben, á marxe do Torpedo axudo nas fábricas comunais nos meus anacos de lecer. Tamén son membro do Comité Xeral do Partido.
- Ah, está moi ben, pero eu referíame a Ballack, como lle vai a Ballack?
Está vivindo aquí, no seu ático no barrio dos artistas de Zagreb. Ven ás veces ó estadio, mais non lle sei se anda a traballar nalgún 'proxecto' deses.
- Que opina do comunismo? Hai quen di que está obsoleto...
(Escacha coa risa) Pobre xente, así lles vai, oprimidos polo poder do capital e nin protestan. O comunismo está tan obsoleto coma o de chutar a porta. Vaia unha parvada... O que está obsoleto é o diñeiro.
- Vaia, non me diga!
Claro, home, mire ó seu redor, non temos paro, sanidade, alimentación, transportes... tódo é público, todo é do pobo.
- A LPU é quizais unha quimera, por canto non depende de vostedes; a Kopa do Pollo, porén, está nas súas mans. Que suporía para o clube este trofeo? Cumpliría as expectativas do II plan quinquenal?
Como xa lle dixen, os plans quinquenais implican unha mellor significativa, así que si, aínda que non gañemos a liga, ter un título por fin sería algo digno de mención. Mais tamén lle digo que os plans quinquenais non fracasan nunca. Gañemos ou non.
- É realmente estraño que aínda non gañasen nunca un título. Ten unha explicación para iso?
Hai xogadores que nos momentos importantes non dan o nivel. Por sorte cada vez temos menos xente así.
- Como lembra o seu período de adestrador do Torpedo?
Unha boa época en canto a xogo, non tanto en logros. Sen querer ser fachendoso, penso que foi un tempo que se creou o estilo torpedil, e para min é algo moi a ter en conta.
- Como fai para correr tanto?
Nunca paro. Se un día paro de correr creo que caerei ó chan e durmirei un par de anos seguidos. O truco é non parar, o cansanzo véncese correndo máis. Eu cando vou pola rúa e vexo todo o conseguido correndo aínda me dan ganas de correres máis, e máis...
- Coñecendo o seu carácter, non o estresan esas xogadas do Torpedo no perímetro da área, que logo van para dentro da área e hai unha opción de tiro clarísima pero mellor dou outro pase e logo sacámola para fóra para tocar un pouco máis porque a opción era boa pero en realidade non había tanto ángulo e ademais pódese facer mellor así que tocamos un anaco máis e volvemos entrar na área un par de recortes outro par deixada balón atrás...?
Non claro, que non, fíxese: normalmente son eu que rompe esa dinámica. Tocamos, tocamos e chego eu e chuto. O traballo en equipo, sabe?, tódos preparan a xogada para que alguén veña e a finalice. Podo ser eu, o dianteiro contro, que sexa, se nós temos o balón, os capitalistas non o teñen. Aí comezan as grandes xestas: Que o inimigo non teña armas para te tundar.
- Moitas gracias, "Roxo".
Graciñas, e se saben algo de Ballack dígano, porque a min a súa 'arte' paréceme un feixe de lixo, mais hai xente no clube á que lle gusta, e de seguro que lles vai agradar un novo 'traballo' seu.

5 comentarios:
Grande idea a da foto, si señor. Vou editar a outra. Son un copión.
Dudas para Marko: Cual és el jugador con más ligas? Jan Koller? Y Copas? Y siendo titular o no?
En realidade isto non se pode saber. Para empezar non existe constancia da configuración dos planteis na T1 e T2. Por outra banda, contabilizalo sería difícil polo menos. Por falar de memoria:
Penso que Alexandr Hleb, con 4 títulos, é o que ten máis LPUs. Gañou a LPU4 e LPU5 como suplente do Asalta e a LPU6 e LPU8 como titular do Shakhtar. No das Kopas xa me perdo: Lúcio, Park, Toldo ou o propio Stoichkov teñen 3, entre outros. Pero é probable que alguén sume máis. Se contas Kopas en xeral, incluíndo as do Pollo, os xogadores como Stoichkov, partisanos de toda a vida, levan 5. E dubido que haxa quen os supere.
Buffon creo que tambien gano 4. tres con el asalta y una con el Rif.
que equipo vendeu mais fume dende a T1? señor do pobo. esta sería unha exquisita pregunta para recuperar a sección das enquisas. O povo pídeo!!!!
Publicar un comentario