Secretaría da WIFA
Ante a disxuntiva presentada pola decisión do Ordem, velaquí como están as cousas:
- Nestes 3 partidos, o adestrador do equipo arraiano sortearase entre os presentes, ou tamén podería ser o Sir, que se ofreceu na súa neutralidade pola que é coñecido:
X7. Ordem-Asalta
X14. Análisis-Ordem
X18. Asalta-Ordem
---------------------------
- Para o seguinte partido solicítase un esforzo dos concorrentes para fixar unha data o antes posible. Sería moi útil a presenza dun testemuño neutral para: a) grabar o partido para colgalo en youtube; b) evitar amaños -nada impensable, pois é sabido que o Ordem é "inimigo" do Torpedo- ou, cando menos, cobrar por eles. Se isto fose TOTALMENTE IMPOSIBLE (isto significa o mesmo que "se prefire non facelo", por se alguén o entende mal) para o Ordem, rógase que así o advirta. Nese caso procederíase igual que no antedito, por sorteo ou por neutralidade siriana:
X22. Ordem-Pollo
OLLO: IMPRESCINDIBLE A GRABACIÓN DESTE PARTIDO E POSTERIOR SUBA AO YOUTUBE.
--------------------------
Kopa pollo
- Para o partido que está a obturar a Kopa do Pollo, que decidan os membros do Ordem. En principio sería cojonudo que se citasen esta tarde, por exemplo, por organizar as vidas das xentes, Ordem, Pollo, Análisis e Torpedo no Arraiano. Deste xeito, en media horiña o Ordem pode despachar o imprescindible, o Torpedo pode saber se é campión, etc. E por se aos de Franz se lles ocorrese clasificarse, os de Zagreb estarían alí para xogarlles a seguinte rolda e eliminalos dunha vez. Se o Ordem finalmente deixa todo, aquí temos un novo problema. Podemos proceder como nos casos anteriores, pero claro, o Ordem aínda nin iniciara a competición e tería gracia que acadase así o seu primeiro título. Por outra banda, se o excluímos do torneo tamén tería gracia, xa que en principio o Análisis-Ordem era de oitavos e a baixa do Clash convertiuno en partido de cuartos e a baixa do Ordem convertiría ao Análisis en semifinalista directo:
1/4 Análisis-Ordem
1/2 Torpedo-Gañador
Final MAG-Gañador
--------------------------
Kopa
- Estes dous xa coincidirán nun momento cercano, que debecen por dárense de hostias:
Final Asalta-Shakhtar
---------------------------
Aquí o máis importante é que o Ordem se pronuncie ao respecto e que se vexa se é posible o proposto. En calquera caso, se algún clube percibe algún problema ou agravio na proposta que esta secretaría non percibise, por favor, notifíqueno. Gracias.
.
13 comentarios:
contade conmigo opara o fin de semana que ven, tanto para colleren o equipo do orden, se saíse no sorteo, como para pegarenlle de hostias o shaktar
Me ofrezco para jugar los partidos que quedan con el Ordem. No sólo soy una parte neutral, sino que mi ecuanimidad es por todos conocida. Se hará justicia y todo el mundo quedará contento. Claro que no sé si el Pollo se acobardará cual gallina al tener que enfrentarse a Sir Nigel de Wendenal.
Non me parece mala opción a do Sir (tampouco a do sorteo, a verdade), pero creo que, cando menos no caso do partido do Pollo, sería desexable que o Ordem fose o Ordem.
En calquera caso, pode ser interesante ver que fai o Sir cun equipo feito practicamente á súa medida.
Me parece que lo mejor, salvo aparicion de última hora de Ordem sería juntarse en casa de Sir Nigel y que jugase él o quien haya por alli los partidos, y dejar a Ordem que estudie y que aproveche el sabado, q descentra mucho tener gente en casa y encender la Play.
Tengo partido de futbol esta tarde y hasta las 8 no estoy.
Eu chegados ata aquí, diría de agardar un pouco ou buscar o xeito de que sexa o propio Ordem o que xogue o encontro. A ver ten un anaco libre.
Eu falei onte com o Pollo para hoje o partido, mas hoje ele está ocupado...
Por certo, que o de que o Sir jogue com o Ordem é umha boa ideia.
OK. Polo de agora seguimos en espera. Se atopas un momento no que che vaia ben e tamén ao Pollo, avisade. Senón, miramos como está a cousa o venres. O Sir pode xogar eses 3 partidos e ti informas entón se xa tes data para enfrontáreste ao Pollo ou se optamos por outra vía. Iso supoñendo que o Pollo veña para a semana, claro.
Vou ver um rato como se imola o celtinha.
Ah, si, hoxe era o episodo final: "Bonzo".
Están nos anuncios. Xa teñen a gasolina toda por riba e hai un tentando prender un chisqueiro. Que nervios! Que credes que pode pasar se consegue prendelo?
no coment....
Insólito! O chisqueiro non ía ben e foron buscar un misto. E logo, nada máis prendelo, aparecu un cativo e soprou. Vaia final de tempada para a serie! Iso si que non o esperaba. Agora que, tamén che digo, os guionistas vaia morro. Sacar un personaxe así da manga no último momento. E coa habilidade de soprar, ademais. Moito van ter que explicar.
Publicar un comentario