por Igor Czalic
É a historia máis vella e a máis coñecida. Colle o balón pegado á liña de cal esquerda do ataque, arrasa con todo o que atopa no camiño e serve un balón que o ollo non dá visto ao corazón da área, onde un compañeiro aparece e fusila. Xogadores ilustres como Drogba e Berbatov débenlle a este salvaxe porcentaxes indecentes da súa sona mundial. Falamos do búlgaro entre os búlgaros, todos o saben xa. O Atacante Total Histórico da WIFA. A máquina de producir goles. Poderoso, veloz, polémico, dinámico, directo. Hristo Stoichkov é a personificación da visceralidade global do seu clube eterno, o Partisano Clash. Esta entrevista chega tarde, é de recoñecer. Obsesionados co seguemento dos goleadores, ficou de lado no apartado mediático o descomunal logro estatístico de Hristo. O primeiro xogador en acadar a imposible cifra de 100 pases de gol. Hai xa tempo que a súa tarxeta de presentación rexistra 105 regalos, unha categoría na que o segundo clasificado, o enorme Dragan Dzajic, suma 49; hai tamén ben tempo que cruzou a barreira dos 200 puntos no AT. Os partisanos pasaron este ano a velas vir; unha pandemia azoutou Caldback pero as dificultades sufridas polo Pollo no traslado de Malmö (do traslado de Malmö falaremos noutra ocasión, porque trasladar Malmö non é cousa que poida pasarse sen comentala) mantiveron aos escoceses durante un tempo con opcións de desputar a T10. Finalmente, a recuperación dos enfermos foi máis custosa, de tal xeito que a LPU non contou este ano coa presenza dun dos máis grandes clubes, eterno favorito ao título que conquistaron nunha ocasión. Así que atopamos a Stoichkov, que obviamente non enfermou porque é inmune a case todo, bastante descansado. Non é que se lle vira cansado nunca, pero a enerxía acumulada que posúe agora é tal que lle sae polos ollos en vagaradas de lume. E non é unha metáfora.
A esencia do seu xogo é sinxela de explicar e fica xa case contada co dito. Cómpre só engadir que cando non se fía do dianteiro centro ou quere facerlle unha broma aos defensas, colle o camiño diagonal e marca. Todo é ben simple. Do seu carácter hai poucas referencias. Para ser o mellor atacante do mundo, en cifras, o certo é que se prodigou ben pouco nos medios. Pero o carácter dos xogadores do Clash adoita, paradoxalmente, ser bastante homoxéneo. Así que máis ou menos imaxinamos o que podemos agardar a medida que nos achegamos á pequena illa do norte das Shetland para facer esta entrevista que comeza. O heroe de Escocia; o heroe de Bulgaria. Dous pobos de carácter inquebrantable que o idolatran pola impresionante rotundidade do seu fútbol.
Stoichkov, como se ve, non responde ao perfil do pasador tradicional, home técnico e repousado. Pero o certo é que, entre os moitos xogadores con poderío físico que trinfaron como atacantes na WIFA el é, con diferenza, o que leva sempre a cabeza máis alta. Nunca ignora a presenza dun compañeiro (motivacións ideolóxicas?) e, fóra mitos, a súa técnica para servirlle o balón exacto é digna de admiración. Os seus números falan por el: é unha mala besta pero, desde logo, ten ben pouco de primitivo.
HRISTO STOICHKOV
Partdos xogados: 170, máis ou menos
Goles: 57
Pases: 105
AT: 219
Cartóns amarelos: 1
Cartóns vermellos: 0
Primitivismo: -284,5
- Moi boas, Hristo. Como vai a cousa?
Cágona puta. Eu si son primitivo. E tamén cágome na puta. Hristo quere voltar xogar.

- Como lle sentou este ano de inactividade?
Eu pasando moi mal. Tempada moi difícil. Equipo moi concentrado pero sen sair céspede. Equipo fodido. Mais nós ter pelotas. Ano que vén correremos doble.
- Faga memoria. Lembra o seu pase nº 100?
Non. Mais imaxino, polo número que levo, que gol de djuric e senón, hehe (alza e muda o ton de voz a modo comentarista de radio) "gol de berbatov a pase de stoichkov" como sempre dizem (ri moito). Pase rápido, directo, despois adiantar ao defensa. Porteiro só mirar entrar o misil. Nos celebrar e outro equipo ser impotente. Sempre outro equipo é IMPOTENTE!!!! (semella enfadado ao pensar nos rivais). Putos...
- Xa entendo, si. E diga: considérase vostede o mellor futbolista do mundo? Que pensa de vostede mesmo e do seu rol no equipo?
Non ser importante eu, enton menos a miña resposta. Coñeces significado equipa? Non hai "mellor" do mundo. Hai persoas, defectos e virtudes. Iso aprendido na escola anarquista "Bakunin plays soccer with us". Eu teño meu significado en todo iso. Orgulloso de min igual que de equipo. Mais, recoñezo, as veces pasalo moi ben centrando.
- Espertou vostede sempre certas xenreiras nos rivais. A que o atribúe?
Non sei nada de xenreiras dos rivais. Só lembro patadas de defensas merdas asaltacunas para lesionarme por impotencia victoria clash. Mais non rencor, só cando me apeteza "piso cuello" deses fillos de puta. Mais rencor... non.
- Hai algún xogador co que lle gostaría contar no equipo?
Ademais de algun italiano que me facer gracia, ainda que xa veu Casetti, teño moitas ganas compartir vestuario e campo con Gascoigne. Cando enterou non desputabamos tempada, foi a taberna e ainda non voltou. Hahahahhahaha. Simpático Gascoigne. E tamén el gusta estar enfadado, como eu as veces.
- De onde vén a súa fidelidade ás cores?
O sentido europeio-anarquista é o único que da sentido mundo e sentido fútbol. Partisano Clash: forte, directo, anarquista. Así.

- Pensan voltar na T11? Se é así, cales serán os obxectivos?
Eu si. Hahahahahahhahahhahaha. Sí, imos voltar. Levamos catro copas seguidas. Asi que temos voltar a gañar algunha. E por outra banda xa toca liga outra vez. Asi que liga+1copa, minimo.
- Unha curiosidade. Van manter o plantel que configuraron para a pasada tempada ou directamente van redraftear por pura diversión?
Preguntar míster. Penso que imos a manter. Cousa distinta aquí non ter sentido.
- É certo que se dopa? E, se é así, con que?
Ti. Fillo de puta canadiano!!!! (abalanzase sobre él)
- Entón é certo que se dopa ou non?
(Recompoñendoo status quo) Ah, perdoar, non vira pasar bergkamp por atrás miña. El soportar pregunta ben. Se ti facer min, ti estar morto xa. Hahahahah.
- Hai xente que non comprende ben que vostede sexa o último clasificado na clasificación de primitivismo histórico. Que opina ao respecto?
Eu tampouco entender. Penso iso debe ser mal feito. Non pensa ti tamén?
- Por que hai tanta rivalidade co Shakhtar? Os clubes comunistas semellan levarse ben entre eles. E tamén os clubes fachas entre eles. E os amariconados apolíticos entre eles. Que pasa cos anarquistas logo? É certo que son como animais?
Estou cansado de ler non putos vosos xornais que shakhtar equipo anarkista coma nós... Merda. Ostia puta. Sactar, putos capitalistas mal disfrazados. Hehehehehe. Por outra banda certo todo, sobre todo tuzaros e psne (partido socialista de la nueva europa). Hehehe, maricas, cabróns.
- Falouse de que non era bo mesturar política e fútbol e o Presidente está pensando en prohibilo. Que opina?
Se iso facer, presidente vai ter moitos problemas con Partisano Clash e con sobrevivir. Oficialmente amenazo agora ao presidente da WIFA de morte por atentado terrorista se tenta prohibir a política no fútbol.
- Cal é a súa próxima meta persoal?
Seguir no Partisano Clash a gañar títulos e dar pases. Coma sempre.
- Boa sorte, xenio.
Boa sorte? Ostia puta. Eu ter que matarte. (silencio) hehehehhehehhehe, é broma. Atalogo. E aos fans de 16 anos do clash e meus quero dicir: que continúen a loita nas rúas e algún día chegaran partisano coma djuric ou toxo!!! Forza P. Clash!
.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario