martes, 16 de xuño de 2009

ACABEMOS CON ESTA FARSA (II). XOVES ÁS 16:00!

De entre os múltiples comentarios de lectores do noso Xornal, destacamos esta misiva dun tal getxo polo interese funcional que poida ter para os posibles aludidos. O Xornal sempre traballa polo Pobo pero así e todo, para outra vez, se o que queren é quedar cos seus amigos, fáleno entre vostedes.

A ver, eu aclaro o seguinte:

podo quedar en horario diurno o martes ou o mércores un anaco.

Non podo quedar de madrugada -entendera mal ao Duque co das 2:30-, probablemente nin o mesmo venres. Pero podo mesmo quedar o mércores pola mañá se é preciso. Total, é xogar un partido.

En fin, que atribulados estamos. A xente que non se pronuncia fai moi "ben", porque os que nos pronunciamos xa liamos a cousa abondo.

Sobre o XOVES: é posible que eu poida quedar a primeira hora da tarde. Dado que é o día inicialmente proposto polo anfitrión e dado que o duque non parece estar ocupado até a hora da cea, igual acaba por ser a mellor opción. Se lle cunde ao Análisis, asunto resolto, porque entre Diego, o Duque e o propio jebe poden turnarse para faceren de Ordem. Como indicaba Diego, nos partidos que faltan da Kopa do Pollo e no Ordem-Pollo de LPU non hai rublos en xogo, así que podería irse facendo o draft.

Respecto do DRAFT: os meus descartes xa son en firme. Quen queira e, sobre todo, quen teña rematado a competición, que empece a mandar blindaxes e descartes e mesmo fichaxes. Eu vou enviar as miñas fichaxes a Rapajk agora mesmo, así que podedes enviar descartes e blindaxes ao Xornal e fichaxes ao meu e-mail. Sería bo que os equipos mellor clasificados en liga e os finalistas da Kopa se desen máis présa. Xa que a orde estricta non é operativa, polo menos en certa medida deixemos qe os peor clasificados teñan algo de info canto antes.

Sobre o ORDEM: sería importante que confirmase cando poida se vai xogar a T11 e, se non o vai facer, se pensa volver para a 12 e quere conservar o equipo ou se prefire non dar data de retorno. Por min, por se hai dúbidas, que fique, obviamente.

Movede o cu.

6 comentarios:

DIEGO dixo...

Quedamos el jueves a las 16,00h.
No me quedó 100% claro que el asalta sí puede el jueves por la tarde. Si no es así también podríamos quedar a eso de las 12,00h
Yo no puedo (o no sé) editar noticias, así que si alguien lo puede poner en portada de acabemos con esta farsa genial.

DIEGO dixo...

PAra los que no hayan estado nunca o no se acuerden la sede está en C/ Meira n9 1C. Al lado de la plaza de las conchiñas, en la parada de taxi seguir todo recto siguiendo la orientación de los taxis, la calle pequeñita después del cruce. Hay un videoclub justo enfrente.

Comandante dixo...

Eu non teño nada pendente e por suposto non asistirei a esta quedada, pero o confirmo por se acaso.

Xa avisaredes cando rematemos a tempada e comecemos a T11, jejeje

duque dixo...

yo si que puedo quedar al final. echale que llegare a eso de las 16:30 mas o menos

getxo dixo...

vale, eu paso ás catro-catro e media, pero pregunto: temos plei??

DIEGO dixo...

De momento no. A malas se la pido a SErgio, pero estaría bien saber donde está la comunal