sábado, 13 de xuño de 2009

Movementos serios no mercado. A que andan os Babudos?

Como xa sabían, Kaka (14, blindado por 15), marchará de Análisis, onde daba un alto rendemento, ás ringleiras do fichaestrelas Rif, que pagará 15 rublos.

Pero a que máis se moveu foi Vicky. Cronaldo (16) xogará en Reiquiabic (Londres) en troques de Eto'o (14) e 2 rublos que farán moito ben en Chaoui. Por outra banda, en negociacións co Shakhtar, adquiriu a Park (10) e Ashley Cole (9) a cambio de Boban (12) e 8 rublos.

O movemento de Park merecerá noticia aparte. Cando remate a final da Kopa, o herdeiro de Tangun Wanggom terá completado 10 tempadas consecutivas en Montreal, defendendo as cores negroavermelladas e a Galaxia. Agora trocará as cores, pero seguirá no seu propio mundo. El pediu a saída cara Reiquiabic (Londres) despois de semanas pechado facendo cálculos cun compañeiro astrofísico. A Park-8 xa está pronta para o despegue, non ben remate a final da Kopa. Ashley Cole viaxará de "paquete".
.

3 comentarios:

shakhtar dixo...

Vale, xa confirmaron marcha e destino Park, Azutkin e Ashley Cole. Pero o Shakhtar non se contenta con iso e decide iniciar unilateralmente o draft.

Blindaxes:

Yaya Toure (8->9)
Andrei Arshavin (6->7)

Descartes:

Ronaldinho (12)
Gianluca Pagliuca (clásico, 12)
Gianluca Vialli (clásico, 9)
Jörg Heinrich (clásico, 8)
Elin Topuzakov (2)

Ademais da fichaxe de Zvonimir Boban procedente dos Tuzaros, o clube anuncia orgullosamente a subida ao primeiro equipo do seu lateral canteirán de orixe polaca Frank Sobotka.

Así as cousas, o clube aínda deberá efectuar 6 novas incorporacións.

shakhtar dixo...

Para o que contará cunha cifra entre os 53 e os 55 rublos.

Comandante dixo...

Molame o título desta noticia.
Iso de "A que andan os Babudos". Pero se nós somos un pequeno equipinho dunha pequena illa perdida no medio da nada.....e a xente anda a preocuparse de a que andamos?


Home, nos este ano xa conseguimos recuperar nunha soa operación os 4 rublos que perderamos no campo durante a T10 (Azutkin, que vale 11, por un custo de 7 rublos)
PARECELLES POUCO?

Pois daquela haberá que intentar onseguir algún rubliño mais.

En fin.....seguiremos informando, jejeje