O carismático canteirán do Shakhtar de Montreal é a noticia do día. Contento e orgulloso de representar ao seu clube durante estes anos, seguro de voltar ("aínda non houbo ninguén que non voltase", declarou), "Vyachy" decidiu que quería ver mundo. E os seus compañeiros decidiron que ben o merecía e tiveron o xesto de taxar inicialmente a súa saída nun único rublo. O prezo aboarase durante o draft, así que o clube que o fiche deberá inscribilo, cando menos, até o draft invernal da T11 -se hai, que logo xa se sabe...-. En principio, novo e inxenuo como é, o rapaz non ten preferencias ideolóxicas. "Calquera novidade farame feliz; calquera aspiración que teña o clube que me contrate, será a miña".
"Non é só polo rapaz", declarou Topuzakov, "é por convicción. Queremos dar igualdade de oportunidades aos clubes, xa que el non ten preferencias".
A particular "poxa" remata o martes ás 12 da noite. Lembren que o traspaso non se fará efectivo até o draft T10-T11. Poden consultar no SUACI as cualidades do 4º máximo pasador da historia das Kopas, que ten un valor estimado de mercado de 11 rublos e pode xogar tanto como centrocampista como en calquera das dúas bandas.
Se ningún clube está interesado, Vyacheslav Azutkin ficará en Montreal. Triste.
.
.
34 comentarios:
Vaia paranoia. Eu dou dous rublos.
¡CAMPEONES!¡CAMPEONES! OEOEOEOEOEO
5 rublos Rebolucionarios
Abaratando el equipo eh?
je, je, pillín.
seis rublos
abandono la puja, tiene defensa 53
Unha dúbida, neste caso, se Azutkin se vende por menos do seu valor real, entendo que na sua nova equipa seguirá a ter o seu valor real á hora de contabilizar os rublos totais do plantel, non?
Entendo que isto é o máis lóxico, mais por se acaso eu pregunto.
Pagues o que pagues, contarache por 11 a todos os efectos. Se te desfás del nun draft, recibirás 11 rublos.
Non líes, oh! Non se xera rublo ningún e penso que te coinfundes no obxecto da conversa. Está claro que se se desprende del vai cobrar 11 rublos, porque é o que vale xogador, e un xogador nunca, en ningún caso, pode estar nun equipo por baixo do seu prezo SUACI. Non hai xeración ningunha de rublos. Eu estou perdendo 4 (agora mesmo) e el está gañando 4. Así que o balanzo é 0.
Se o comprase por 12, tamén lle darían 11 ao desfacerse del. El perdería un rublo, que gañaría eu. As contas son as mesmas en todos os casos, non hai ningún tipo de dúbida.
Se segues enredando vou ter que conceder unha prórroga ao prazo e preferiría non facelo. Poxa ou deixa xogar á xente tranquila.
Por ÚLTIMA VEZ: estades pirados.
Aquí non se está facendo nada "novo". Eu podía vender en calquera momento a Azutkin por 7 rublos (xa vendín a Hleb (10) por 9 e me acusaron de timador), e ninguén tería toleado. O único que fixen foi non fixar o prezo de antemán, dando idénticas probabilidades a todos de facerse co xogador. Que non era unha obriga -a pesar de que algunha vez se teña reclamado paranoicamente sobre iso- senón unha apetencia.
Fai as operacións que queiras para modificar os prezos que queiras. O saldo global será 0.
Para o Duque: si, reduzo o prezo do plantel se o comprador final paga menos de 11. Tamén o aumento se paga máis. Se o reduzo, eu, co clube máis rico e o plantel máis caro, deixo de ter o mellor plantel. Se iso me convirte nun "pillín" non o sei. Pero tampouco o "pillo". Se o dis porque podo subir máis apresa -tal vez- a realidade é que seguirei restrinxido pola diferenza de 20 rublos con respecto ao último. É dicir, que non vou mellorar en ningún caso, se se paga menos de 11 por el. Nin sequera conxunturalmente durante unha xornada. E, se teño moita sorte, podo chegar ao final da tempada seguinte igual que estou agora. Agora, dito isto, gracias pola poxa. Polo menos ti opinas sobre algo que te atinxe. Pero realmente era innecesario tentar devaluar ao xogador unha vez que te superaron na poxa.
De verdade que non vos entendo.
Non vou volver entrar. A poxa finaliza hoxe ás 12. O equipo que merque finalmente a Azutkin, pague o que pague, quedará con el por 11 rublos, e recibirá 11 rublos se se desfai del nun draft. Calquera cousa que diga Sir Nigel ou calquera noutra dirección é un erro gordísimo de concepto. Nunca "quedou establecido" nada do que di Sir Nigel. As normas son as que figuran no regulamento e máis as normas sobre canteiráns que se votaron un día na Mansión Ducal e que están por pasar ao regulamento. Ningunha norma impide o que se está a facer con Azutkin que, por outra parte, non ten NADA de particular. Punto final.
No, si ya veo porqué no se discutía. Aqui cada uno hacía lo que le daba la gana. Es como eso de la contabilidad creativa, creo que lo llaman. Menuda vergüenza. Los equipos endeudados, maletines por todas partes... Y, claro, el primero que se apunta es el comunista-capitalista, que ve negocio. ¿Y las PYMES?
Hala, ya está, señor Gecho. Nadie se queja. Sea feliz y eso.
Cuanto comentario suprimido de diola. ¿Vuelven a haber hostias? Que alguien le quite los permisos para borrar y escribir a la gente que debate.
Ah, que era un offtopic: Non puxo.
Na, el Gecho, que no quiere que le lleven la contraria. Tiene un capricho y no hay quien lo aguante. Y eso que le dejamos que haga lo que quiera, pero es que además tenemos que jalearlo.
en mi ordenador aparecen mogollon de entradas con el mensaje comentario suprimido por el autor.
A vosotros os pasa lo mismo o es que ha aparecido la censura en el xornal
Me he autocensurado yo, ya que el señor Gecho ha dicho que todo lo que yo diga no vale, que sólo lo que diga él. Así queda más claro.
lo digo más que nada porque me he perdido la comversación y salen comentarios así, a lo bruto, sin saber cual ha sido el originante, que supongo el comenario anterior que estta eliminado
je, je , fale
getxo. si lo de intentar devaluar lo dices porque digo que tiene defensa 53, no era mi intenciñon esa. También puedo decir que pasa a Dios padre y que es alto, con cuerpo y veloz.
Ese dato lo dije porque tal y como voy a jugar, tenía poca defensa para la posición donde lo iba a colocar. Nada más.
Ese tío bien vale los 11 rublos y dar por el 7 es un regalo.
Mi madriña.
Marcha un a comer con 10 post e chega e hai 32......joer.
En fin....que eu sigo a ofertar 7 rublos polo rapaz.
Por curiosidad ¿Va a jugar?
Pregunta se Azutkin, en caso de recalar no Babudos, vai xogar?
Por suposto que si.
Ten unha ficha mais que decente o rapaz.
Penso que había ser un grande complemento ao meu centro do campo.
Publicar un comentario