luns, 29 de xuño de 2009

CRÓNICA DUNHA DÉCADA. Capítulo II: T1-T3. Xénese e primeros grandes. Análisis, Asaltacunas, Shakhtar

por Igor Czalic 
 
Con motivo do cumprimento do 10º aniversario das competicións de clubes da WIFA, o Xornal do Pobo acomete o primeiro repaso global da súa historia. Os lectores máis novos poderán coñecer aos mitos do pasado, mentres os máis experimentados lembrarán os tempos mozos. Unha xuntanza informal de adestradores -que previamente promoveran e lideraran os diferentes campionatos mundiais da WIFA- con gana de "facer algo" rematou coa creación dunha espléndida liga con clubes chegados de todos os puntos do globo e tamén de Tron. Desde un primeiro momento a maior parte dos clubes amosaron unha grande identificación cunha ou outra tendenza política, o que deixou claro desde o principio que habería poucos amigables. O regulamento foi un caos absoluto desde a orixe, e a maior parte dos planteis atopábanse en continuo proceso de transformación mesmo ao longo dunha mesma tempada. Un inicio convulso que deu por resultado, así e todo, un éxito inmediato sobre o campo. E até hoxe.
 
Comparecía o Análisis Matemático, un clube sen ideoloxía concreta e de fútbol veloz, preciso e minimalista. O Asaltacunas FC, co seu desafortunado nome e unha idea moi clara e efectiva sobre o fútbol; sen ideoloxía nin sede inicialmente, foi definindo ambas con posterioridade. O Che Marx, clube comunista-empresarial de Sierra Maestra (Cuba), que sabía que era preciso manterse no fondo para conservar intacto o espírito revolucionario. O Gloria y Honor de Sir Nigel de Wendenal, señorial, elegante, escuro, facha... e cun fútbol sempre serio e rotundo. O Ordem e Progresso, outro clube marxista con forte querencia polo toque, mesmo cando resultou evidente que así non se podía, e que rematou por se asentar na Limia. O Partisano Clash, anarkistas viscerais e fondamente escoceses, co seu fútbol visceral e fondamente escocés. O Pollo FC, de Malmö; desde o primeiro día, o favorito dos seareiros mundiais; amarelo e impredicible en toda a extensión do termo. O Shakhtar de Montreal, hedonistas e moi ofensivos, outro equipo anarquista que pronto desenvolveu rivalidade co Clash, porque cos anarquistas xa se sabe. O Swazilandia BP, primeiro equipo africano, en continuo cambio de rei, de rexime, de ideoloxía, de continente... pero sempre co seu fútbol de manual. E, naturalmente, o Torpedo Zagreb, de Zagreb, Croacia, o favorito do Pobo, fundamentalmente do de Zagreb, co seu fútbol invariablemente fermoso, persistentemente indirecto, e o seu radical comunismo.
 
Fixáronse algunhas normas económicas para a configuración dos planteis, co obxectivo de buscar unha certa igualdade de opcións, pero lonxe -e moito- dos sofisticados sistemas de taxación actuais. Os equipos fixeron esforzos mesmo temporais para amosárense competitivos, acudindo con frecuencia ao pasado -anos despois comezarían a viaxar tamén ao futuro-. E comezou a rodar a bola.
 
T1
 
Comezou, pois, a rodar a bola. Dúas competicións en xogo (Liga e Kopa) e 10 aspirantes sen favoritos. Nos interludios competitivos, os clubes practicaban o aínda legal "duelo", que non era outra cousa que unha sucesión de amigables nos que os equipos puñan en xogo o seu capital, incrementando as súas posibilidades de adquirir novos talentos a medida que vencían nestes dramáticos envites ou véndose na obriga de acometer reestruturacións no plantel a medida que os perdían. Axiña se destacou o Gloria y Honor nesta disciplina, coñecida tamén como "amase de rublos", chegando o clube inglés a "parecer" máis interesado na obtención de ingresos que na consecución de títulos.
 
Tocante ao esencial, a competición, axiña comezaron a destacárense -dentro dunha tónica xeral de razonable igualdade- tres equipos na loita polo título, así como algúns nomes propios. O Análisis Matemático, que non coñeceu o empate en toda a liga, vencía con frecuencia por estreita marxe, pero controlando con suficiencia os partidos. Batistuta destacou como o seu valedor cara o gol. Asaltacunas FC, cun grande poderío físico e unha dianteira terrorífica, co omnipresente Weah ben secundado por Gullit. E o Shakhtar de Montreal, no que destacou o máximo goleador da tempada, Andrey Shevchenko, con 24 goles en 25 partidos. Asaltacunas puido co Shakhtar nos dous duelos particulares, pero sucumbiu tamén en ambos contra Análisis, que á súa vez pechou o círculo obtendo cero puntos ante o Shakhtar. Sen solución nos enfrontamentos directos, a impresionante regularidade dos 'procesadores' rematou decidindo a competición no seu favor a unha xornada para o remate e cunha elevada media de 2,17 puntos por partido. A Liga tiña o seu primeiro Campión. Swazilandia BP ocupou a derradeira praza, pero a curta distancia do groso dos equipos.

 

CLASIFICACIÓN T1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Análisis Matemático

18

13

0

5

30

20

39

10

2

Asaltacunas FC

18

10

5

3

36

21

35

15

3

Shakhtar de Montreal

18

9

4

5

31

21

31

10

4

Partisano Clash

18

8

3

7

27

25

27

2

5

Torpedo Zagreb

18

7

5

6

30

26

26

4

6

Gloria y Honor

18

6

6

6

28

25

24

3

7

Pollo FC

18

7

0

11

26

32

21

-6

8

Ordem e Progresso

18

5

4

9

20

30

19

-10

9

Che Marx

18

3

6

9

14

33

15

-19

10

Swazilandia BP

18

3

5

10

16

25

14

-9

Na Kopa, competición que resultou vibrante, o Torpedo Zagreb eliminaba ao campión ligueiro en cuartos por goles en campo contrario. Tamén destacou o derbi anarqkista nesta rolda, superado polo Shakhtar con medio gol de diferenza. Os quebecos eliminaron tamén pola mínima ao Torpedo nunha axustadísima semifinal, mentres Asaltacunas FC venceu con dificultades ao Gloria y Honor do grande Eusébio. Nunha final dramática, na que os contendentes pelexaron por sacudiren a frustración do seu "fracaso" en liga, o Shakhtar chegou aos instantes finais cunha vantaxe de 2-1 gracias a un córner directo de Nihat, pero un remate desviado involuntariamente por Gullit no engadido conduciu á prórroga. Finalmente, Asaltacunas FC impúxose por 3-2 completando unha sensacional tempada.
 
Individualmente destacou Eusébio (AT e Shevsebio) por riba de todos, ademais dos mencionados Shevchenko (Shevsebio e máximo goleador), Weah, Batistuta e Gullit. Os estremos Dzajic (Torpedo; premio Dzajic e máximo pasador) e Stoichkov (P. Clash) e o dianteiro Ibrahimovic (Pollo), chamaron a atención dos especialistas. O irlandés Given, do Análisis Matemático, foi o porteiro menos batido, dando nome ao premio.
 
T2
 
Cabía máis emoción? Xulguen vostedes. As xerarquías da T1 seguiron a ser válidas na T2. Os tres equipos destacados naquela volveron destacar nesta, pero marcáronse moito máis de cerca desde o principio até a fin. No medio continuaba unha razonable igualdade, pero mentres P. Clash e Gloria -tamén o Pollo- confirmaban a súa condición de futuribles aspirantes, o Torpedo afundiu con estrépito até a 9ª praza, mentres Che Marx realizaba unha tempada nefasta. A loita polo título foi brutal, cun destacadísmo rendemento de Shakhtar e Asalta fronte a unha leve relaxación do campión. Preto do final da liga, o Shakhtar caía contra prognóstico en Xinzo. O Asalta aproveitou con dificultades o tropezo, pero apoiouse nunha sufridísima vitoria sobre o seu rival directo (1-0) cun heterodoxo gol de Ruud Gullit. Análisis aproveitou estas dúbidas de última hora e, xa como equipo pantasma, reapareceu con forza para chegar á última xornada a un punto dos líderes, que igualaban a case todo. E venceu no partido decisivo, agardando unha carambola dupla que lle permitise reeditar título. Mentres o Shakhtar sufriu moito ante o Torpedo e apelou no desconto a Yashin (2-1) para salvar a vitoria e o subcampionato, Asaltacunas FC, moi seguro, goleou a Che Marx por 5-0, proclamándose Campión de infarto, con 2,11 puntos por partido, e pasando a liderar o Palmarés. 
 

 

CLASIFICACIÓN T2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Asaltacunas FC

18

11

5

2

43

21

38

22

2

Shakhtar de Montreal

18

12

2

4

44

26

38

18

3

Análisis Matemático

18

12

1

5

29

24

37

5

4

Gloria y Honor

18

9

1

8

31

21

28

10

5

Partisano Clash

18

8

4

6

23

21

28

2

6

Pollo FC

18

7

5

6

27

27

26

0

7

Ordem e Progresso

18

6

2

10

19

29

20

-10

8

Swazilandia BP

18

5

2

11

24

30

17

-6

9

Torpedo Zagreb

18

4

5

9

30

38

17

-8

10

Che Marx

18

1

3

14

9

42

6

-33

A Kopa volveu resultar espectacular. O Shakhtar venceu pola mínima a Análisis en cuartos e, na mesma rolda, Gloria y Honor acadou unha proeza irrepetible ao superar cun 1-5 unha derrota por 1-4 fronte a Ordem na ida. O Torpedo deixou aos do Sir de novo nas semifinais, arranxando a súa mala tempada en liga, mentres o Shakhtar volvía resolver por mínima marxe a confrontación anarqkista. Na final, calificada en Zagreb como "a milagre de Helsinki", o Shakhtar caía por 2-0 ante un seguro Torpedo aos 70 minutos de xogo. Os quebecos, segundos dúas veces e terceiros outra nas tres competicións anteriores, comezaban a ser considerados o primeiro equipo simpático da historia da WIFA -condición que perderían de forma definitiva e irrevocable na T3-. Pero nos últimos 20 minutos, tres inapelables aparicións de Shevchenko deron un xiro á historia. O Shakhtar de Montreal vencía por 3-2 ao Torpedo e erguía o seu primeiro trofeo. Shevchenko acadaba a asombrosa cifra de 48 goles en 48 partidos.
 
Ademais da besta de Chernobil (máximo goleador e AT), destacaron o seu compañeiro no ataque quebeco, Jan Koller (AT), co que formou unha polémica e lendaria dianteira. O pedofán George Weah obtivo o Shebsevio, Cruyff (G&H), Dzajic (que ademais foi máximo pasador) e Maradona (Asalta) repartiron o Dzajic, e Toldo (P. Clash), Schmeichel (G&H) e o monstro Buffon (Asalta) compartiron o Given nos premios máis democráticos dos que se ten lembranza. Bican (Análisis Matemático) tivo unha irrupcón brutal, mentres Stoichkov (Clash) e Boniek (Torpedo) confirmaban as boas sensacións causadas na T1.
 
T3
 
E chegou a T3 coa polémica noticia da baixa definitiva do Análisis Matemático, que deixaba a liga orfa de seu primeiro campión por mor dun virus-gusano que azoutaba Tron. Faltaba saber se a estabilidade clasificatoria se mantería, promovéndose un tete-a-tete entre Shakhtar e Asalta. Porén, estes últimos, co desgaste pola consecución do campionato anterior, relaxación que xa padecera en menor grao o Análisis na T2, deixaron pronto as opcións de reter o título. O Shakhtar, pola súa banda, famento de éxito tras ser 3º e 2º, e confiado despois de erguer por fin un trofeo, comezou con tremendo ritmo a súa andaina. Nunha tempada na que a media goleadora (3,7 fronte aos 3,0 do conxunto das anteriores) converteu a liga nun bombardeo, o ofensivo Shakhtar navegou con todo a favor amarrado a Jan Koller e Andrey Shevchenko cara a consecución do título. Gloria y Honor -lastrado por un exceso de empates- e, sobre todo, P. Clash, loitaron por ser a alternativa, pero chegaron tarde. O Torpedo recuperou 'status' tornando ao "seu" confortable 5º posto, mentres Che Marx apuntaba unha aínda leve melloría. O campión, malia a derrota final no derbi ante un coraxudo P. Clash, rematou cunha media de 2,19 puntos por patido, novo récord.
 

CLASIFICACIÓN T3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Shakhtar de Montreal

16

11

2

3

46

24

35

22

2

Partisano Clash

16

10

1

5

31

19

31

12

3

Gloria y Honor

16

7

7

2

32

17

28

15

4

Asaltacunas FC

16

6

4

6

32

33

22

-1

5

Torpedo Zagreb

16

5

6

5

31

31

21

0

6

Pollo FC

16

5

5

6

31

30

20

1

7

Ordem e Progresso

16

4

4

8

29

41

16

-12

8

Swazilandia BP

16

3

6

7

19

26

15

-7

9

Che Marx

16

2

3

11

17

47

9

-30

A Kopa recuncou coa súa invariable emotividade. Nunha edición realmente espectacular, os enfrontamentos máis destacados dos cuartos foron o axustado Torpedo-Swazilandia, gañado polos de Zagreb para confirmar o seu poderío kopeiro, e o impresionante e histórico Asaltacunas-P. Clash. Os escoceses venceron 0-2 na ida deixando todo ao seu prol e a cousa parecía xa resolta coas baixas de Weah e Gullit no enfrontamento de volta. Pero a dianteira Odonkor-Radzinski foi un pesadelo, e no descanso o canadiano igualara xa a eliminatoria, para desesperación da bancada. Mediado o segundo tempo, Radznski completou o seu hat-trick e obrigaba aos locais a marcar dous goles no tempo que restaba. O adestrador moveu o banco e introduciu ao icónico Matt Holland, botando ao equipo arriba. O público boureou. Buffon desbaratou dúas boas opcións de Marco Van Basten, que finalmente atinou cun testarazo co tempo xa cumprido. Cando todo sinalaba o remate, cos 3 de engadido superados, Sammer porfiou por un balón perdido e obtivo unha falta en campo rival. Yeste viu o desmarque de Holland e o centrocampista irlandés logrou o inesperado tanto da clasificación. As semifinais mantiveron o nivel de emoción en todo o alto, con Shakhtar e Clash derrotando a Pollo e Torpedo por goles en campo contrario. A final anarqkista foi un grande éxito para os quebecos. Un partido algo frío, que non honrou a competición que culminaba, resolveuse cun pase de Ronaldinho e un remate de Shevchenko, 1-0. O Shakhtar eliminaba de novo ao seu rival da Kopa (xa o fixera antes en cuartos e semifinais), e o P. Clash convertíase en duplo subcampión da T3. Os non-canadianos erixíanse así no primeiro (e único até a data) campión de Liga e Kopa na mesma tempada; reafirmaban o seu dominio na competición kopeira e accedían ao primeiro lugar do Palmarés histórico.
 
No apartado individual destacou de novo a Montaña Koller, (Shevsebio e AT), xunto a Shevchenko (máximo goleador); Dzajic (máximo pasador) compartiu desta volta o seu premio con Stoichkov. Schmeichel reeditou Given. Boniek, Zlatan, Eusebio, Rooney (Pollo), Adriano (G&H) e Messi (OeP), destacaron na ofensiva. Stam (G&H) seguiu a ser o pesadelo dos dianteiros, sobresaíndo unha tempada máis outros defensores como Lúcio (Shakhtar), Carragher (Clash), Davids (Pollo), Vieira (G&H) e Frank Rijkaard (Asaltacunas), quen pronto había amosar o mellor do seu repertorio; e tamén Zanetti (G&H), Van Bommel (Torpedo), Bozsik (Pollo) ou Zico (Shakhtar), autor dunha bicicleta imposible.
 
No próximo capítulo: "A era do músculo. Asaltacunas arrasa a WIFA".
.