(Redacción)
Novamente á nosa ilustre redacción chegan novas de Bocazas, que aporta desta volta unha máis que posible fichaxe: Gerd 'Torpedo' Müller está na axenda do Torpedo de Zagreb. A pesares de sabermos que as cousas non se fan deste xeito, decidimos contrasta-la información falando con Gerd e tamén con Mitea, director deportivo do clube.
"Só é cousa de días" asegura Mitea, "O xogador ten tódalas cualidades que precisa o equipo: gol, gol, goooooooooooooooooooooool de Müller, o balón entra chorando tras rebotar nun defensa, no porteiro, e no xeonllo de Müller. Gooooooooooooooooool!!!". Os berros do noso adestrador-xogador-contable seguiron ao longo dunha media hora, que abreviamos por razóns de espazo.
O dianteiro xermano declarou en rolda de prensa:"Sí, vou. Gol. ".
Non queremos precipitarnos pero na redacción do xornal hai certas sospeitas de que o xogador podería rematar no noso clube.
18 comentarios:
tore
tore
Goooooolgolgolgoooollll
Parece que handicap insiste en su depravación. Vlad va a tener trabajo con él.
Gooooooooooool
Gol
http://en.wikipedia.org/wiki/Pro_Evolution_Soccer_2008_Classic_Players
E Boniek? E Dzajic? E Tostao? E Gérson? E Garrincha? E Blohkin? E Kocsis? E Banks? E Boban? E Charlton? E...??????????!!!!!!!!!!
puag
Pues de momento falta la lista MasterLeague3, que ni siquiera aparece.
Algunos de los que nomgras puede que ya estén en otras pero con el nombre sin cambiar aun. Hay algunos brasileños que no sé quienes son, por ejemplo.
Los demás puede que estén en la lista 3. Espero.
No, por lo de los nombres ya lo estuve mirando y no coinciden con los que tenían en las versiones anteriores
es más, voy a completar la lista con los que se
Así que eras tú. Acabo de mirar otra vez la página y la vi más completa. Me pareció que se daban prisa, pero ya veo porqué. Ahora te va a buscar el FBI por friki.
Teño todos os datos históricos HAHAHAHAHA
TODOS!
HAHAHAHAHA
E Sir Nigel tamén.
HAHAHAHAHAHA
Pero non vos penso dar ningún antes de que saia o OIL, para non xerar confusión.
HAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHA
Yo estoy dispuesto a venderlos.
INFORMACIÓN XA.
VIOLENCIA NON.
Publica ou morre
Vale, gostáronme os comentarios dos tres. Concisos, claros, breves. Agora preciso que me escoitedes porque teño un tremendo feixe de estatísticas listas para saír do forno (un feixe ben grande e bastante interesante tamén), pero teño unhas dúbidas das que preciso opinión. Eu tamén vou ser breve:
1) Se publico agora as estatísticas individuais históricas dos xogadores ou as da primeira tempada, vou condicionar erroneamente a votación do OIL. Así que eu en principio son partidario de agardar para publicar isto (aínda que me da pena porque está moi interesante, realmente eu flipei).
2) Publicar as estatísticas individuais da T2 pode estar ben porque é información para o votante, pero por outra banda vai condicionar o seu voto a números, así que vos me diredes se mellor as publico ou mellor non, polo de agora.
3) Ocorréronseme 3 novas clasificacións individuais. Dúas serían máis ou menos de coña e máis que clasificacións serían títulos honoríficos. O trofeo Lacazán distinguiría ao xogador con máis pases de gol e cero goles. O trofeo Lech Walesa ao máximo goleador con pases 0. Sei que é unha parida, pero cando vexades os números do líder histórico do Lech Walesa entenderedes que non o podía deixar pasar. O outro premio, en cambio, creo que é bastante interesante, pero é cuestión vosa dicime se o inclúo ou non. Sería o Trofeu Atacante Total, i este si tería Clasificación e Clasificación Histórica. Primeiro pensei en facelo como goles+pases, pero como hai moitos máis goles que asistencias deducín que tería unha clasificación cuase-idéntica ao Sheusebio. Así que tiven a idea de calcular os puntos para o A.T. sumando o seu valor maior, xa sexa en goles ou pases, co menor multiplicado por dous, de tal xeito que un xogador de 10 goles e 11 pases sumaría 31 puntos para o Atacante Total, os mesmos que un xogador con 23 goles e 4 pases. Dicide que vos parece.
4)Os premios individuais estanse dando só para as estatísticas da liga. Conservamos isto ou facémolas totais? Con independencia do que respondades a iso, eu penso que o A.T. debería contemplar os méritos da tempada completa, por mera coherencia coa denominación do premio -que obviamente leva o nome do primeiro gañador, pero que tristemente debo manter en segredo ata que sexa prudente que eu revele o que eu sei e vos non.
5) Na Clasificación Histórica, incluiríades partidos de Kopa ou non? Eu persoalmente deixaría unha clasificación histórica única, fusión das dúas competicións, pero se queredes fago Clasificación Liga, Clasificación Kopa e Clasificación Total. Non me levaría nada que está case feito, así que non sufrades por min. Eu cando menos xa vin as principais estatísticas.
6) Para a Clasificación WIFA estiven falando con Sir Nigel de facer algo parecido ao que fai a IFFHS, é dicir, asignar os puntos correspondentes aos postos obtidos nas distintas competicións, facer con eles a media aritmética, e logo multiplicar os valores por variables aleatorias entre 0 e 1 unha vez ao mes, ou así. A Sir Nigel seica lle pareceu "demasiado aleatorio", así que en principio vou pasando da V.A., pero o que si necesito saber é como puntuar. En principio falei con Sir Nigel algo un chisco distinto do que vou dicir agora, pero do mesmo xeito que quixen evitar que o A.T. fose o mesmo que o Sheusebio, quer evitar agora que a Clasificación WIFA sexa igual que o palmarés. Así que eu propoño 10 puntos para o campión da Liga e baixar 1 a 1 ata o último, que levaría 1. 5 para o campión da Kopa, 4 para o 2º, 3 para os semifinalistas, 2 para os cuartofinalistas que xogaran previa e 1 para o resto.
7) Non sei se teño máis dúbidas, polo de agora chega. Respecto a cada punto farei o que me digades dous de vos que esteades de acordo. Estou desexando compartir as clasificacións así que non me fagades sufrir moito, bribóns. Respondede pronto. Por certo, Rubén, está case todo liquidado na folla Excel. Así que se queres prepara para facer as gráficas, ou para ver que equipo é máis forte na casa -é dicir, clasificacións disxuntas casa-fóra.
Menudo enfermo.
No esperarás que el pollo lea todo esto. Ya lo estoy viendo, pasará los ojos por encima, nos preguntará el viernes qué decía y luego no nos hará ni caso. Y aún encima hará coñas. El pollo sí que sabe.
Si, xa o sei. O do enfermo e o do Pollo. Pero só necesito dúas opinións que coincidan, entre as de Sir Nigel, hándicap e Rapajk.
Ha! Precisa opinións. É debil.
1) Dacordo.
2) Publica.
3) O AT mola, os outros non moito.
4) Os Shevsebio, Dzajic, Given eu os deixaba tal cual está, o AT estaría ben para toda a tempada.
5) Todo.
6) Mola bastante.
7) Eu non estou dacordo con ninguén. Feble demócrata!
Publicar un comentario