xoves, 29 de novembro de 2007

10 Preguntas a Marko Czalic

(Redacción)

É a primeira vez que entrevistamos a un non-xogador-nin-adestrador, a ver que tal vai a cousa.

1. Marko...Qué?
Si, a grande cuestión. Que. Pois xa ve, sempre na procura da perfección. Nunca creo estar preto abondo. Nestes momentos estou traballando na Obxectividade Total e en non mesturar os asuntos persoais co traballo.
2. Teño entendido que vive da sacar duas reportaxes ó ano, que opina?
Debo recoñecer que iso foi certo, nunha época. Investigar era insufrible, acababa moi canso. Pero desde o asunto Boban-Charlton empezaron a suceder as cousas despois de que eu as 'descubrira'. Agora teño unha casa máis grande e traballo desde a cama. E podo dicir o que queira, que logo xa acontece.
3. Hai que recoñerlle que non se lle da mal o de sacar petróleo dos mentideiros da WIFA, non teme pola súa vida?
Verá, sempre procuro dar a impresión de que son un fantoche, a ferramenta de alguén maior, con poderes. É cuestión de dominar a prosa. Se se fixa detidamente no que escribo chegará mesmo a pensar que son un imbécil. Realmente creo que apenas se desconfía de min.
4. E vostede socio do Shaktar?
Socio? Hahahaha. Moi bo. Non, o meu corazón ficou a medias entre Zagreb e o Soviet Supremo. Seguir ao Shakhtar é o meu traballo, aparte de que teño algún amigo alí. O meu fillo Markito é fan do Pollo. Ten moitas liortas no cole, sobre todo con Pepito, que di cousas nazis seguido.
5. Que pensa ó respecto?
Cada un é moi seu, pero penso que o pai de Pepito inda ha levar unhas hostias.
6. Coñece ó 'Bocazas'? Falou algunha vez con el?
Definir a miña relación con 'Bocazas' sería complicado. Se se dan as condicións nalgún momento, saberase. Se non o conta el antes, claro.
7. E a Emerson? Din que é moi falador...
Non, nunca coincidín con el. Coméntase que e moi culto, introvertido e estremadamente conciso. Seica é falador cando está entre amigos. Pero vaia, eu do Gloria, con quen mellor trato teño é con Adriano, desque pasou por aquí a festexar a consecución da K2 do Shakhtar. Un gran tipo.
8. Quen cre que gañará a liga?
O Shakhtar está famento, case esfameado, co tema da liga. I empezou moi forte. Pero a estas alturas todo é unha incógnita. Non bromeo se digo que non desboto a ninguén. Se teño que dicir un, porén, G&H.
9. Iso é unha opinión ou estamos falando dunha primicia?
Hehe, non, non, as primicias prefiro asinalas eu mesmo. Remunéranmas mellor.
10. Dáselle ben atar cabos, foi vostede mariñeiro?
Si, de certo. Ía con meu avó decote ás fanecas, antes de emigrar a Ucraína polo chollo do fútbol. Pero o dos cabos non se esquece. Nunca na miña carreira tiven problemas coas botas.
Por certo, como lle vai a Ballack? Semella que non é doado saber o que lle anda na cabeza a ese rapaz, pero é que ultimamente vénselle movementos congruentes.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

Lo de Adriano es cierto. Nunca se pierde una fiesta. Incluso lleva varios años de adelanto en las celebraciones de sus cumpleaños.

Anónimo dixo...

Si, éche un fenómeno o rapaz. Creo que aínda que non o celebre nunca máis debería vivir 325 anos para estar no par. Cóidao. E dalle recordos, cando o espertes pra xantar.

Anónimo dixo...

teño unha pergunta para Marko

que xogadores meteron mais goles nun mesmo partido?

Anónimo dixo...

Non sei. Ese dato é para consultar un mesmo na hemeroteca, desempoeriando volumes vellos. Mesmo se o desexa, o señor pode traducir eses datos a un arquivo informático. Se teño que tirar de memoria, diría que dubido que se teñan anotado máis de 3 por un xogador nun partido (a cifra de 3 foi acadada en diversas ocasións). Para comprobar se alguén meteu 4 nun so encontro recoméndolle que preste atención especial a Weah e Shevchenko, pois os seus equipos superaron máis veces que ningún outro os 4 goles nun partido. Eusebio, por exemplo, reparte máis os seus goles.

Anónimo dixo...

Engado que, SEN CONTAR a presente tempada, na que xa se produciu un hat-trick pero na que lle garanto que ningún xogador anotou máis que iso nun partido, existen 26 precedentes de encontros nos que un dos equipos anotou 4 ou máis goles. En só 2 deses 26 partidos se acadou a cifra de 6 goles.

Anónimo dixo...

Probando

Anónimo dixo...

Probando

Anónimo dixo...

A ver, parece que hay una confusión aqui. Como ya he dicho anteriormente yo he finalizado la caza de brujas y no soy el autor de los justificadísimos comentarios en la página del gorila llorica. El tipo es ahora famoso, como ya se ha indicado y yo ya no puedo parar los ataques, que provienen de gente que ni siquiera conozco. Si fueran mios los firmaría, sin ninguna duda.

Anónimo dixo...

Pois si que había unha confusión, si. Miña, fundamentalmente. Estou tentado a preguntar COMO se fixo TAN famoso, pero por curiosidade, máis que nada.
Lamento o meu erro. Sempre é desgradable que a un o tomen por quen non é, mesmo cando se trata dun afín, xa que sempre hai matices nos que un non se recoñece.
Aclarado isto, o de 'probando' que é? Un xogo novo? É que non estou informado.

Anónimo dixo...

No, es que como me cambiaron el método de poner el nombre y lo demás no me enteraba.

Unknown dixo...

Pero ainda seguides co tema do blog de Jasua? A ver. que é o que pasa agora?
Por certo......os comentarios son moi bos no seu blog....a verdade e que si que conseguimos algo, jejeje...facer que todos nos estivesemos lendo o seu blog......sen dúbida que é un exito.......pero bueno....pola miña banda....simplemente quero facer reflexionar un pouco a quen seña que deixou as mensaxes (e que conste que o meu colega non me comentou nada, eh?, nin sequera cando o pollo chegou o outro día pola oficina e lle faltou tempo pra preguntarlle se era el o que tiña "a merda de blog ese no que se queixaban de que a moza o trataba mal e non sei que" (non sei se foron exactamente as suas palabras, pero foron parecidas)
Simplemente unha reflexión como dicía.......QUE NOS PARECERÍA A NOS QUE ENTRASE ALGÚEN NESTA PÁXINA, POR EXEMPLO, E COMENZARA A INSULTAR A NOSA FORMA DE FACER AS COUSAS ESCUDÁNDOSE NO ANONIMATO?....OU E QUE QUEN ESCRIBIU ESES COMENTARIOS É O SUFICIENTE HOME COMO PARA DAR LECCIÓNS DE MORALIDDE PERO NON O SUFICIENTE COMO PARA MOSTRARSE ÉL MESMO TAL E COMO É?


En fín.....soamente é un comentario......

Anónimo dixo...

Como he dicho, señor José Manuel, no he sido yo el que ha entrado en la página de ese individuo a hacer comentarios. Lo digo para aclararlo otra vez, ya que nadie más ha vuelto a comentar nada. De todas formas, parece que el susodicho individuo no piensa de la misma forma, al menos por un comentario que hace en su blog. Supongo que el señor José Manuel le habrá comentado que Sir Nigel iba a por él y que no tendría ninguna posibilidad de huir ni esconderse. En este caso, se equivoca, ya que, como he repetido varias veces, he abandonado la caza de brujas debido a las peticiones de mis queridos socios de la WIFA.

Atentamente.

Sir Nigel

Anónimo dixo...

Y, como expresé anteriormente, si hubiera hecho algún comentario lo habría firmado. Si no he escondido aqui mi parecer, sabiendo de sobra que el individuo en cuestión puede perfectamente acceder a ella, mucho menos voy a esconderme si entro en su página.