Donas e cabaleiros, co inicio da T3, Marko Czalic dalles a coñecer a lista dos 25 mellores pasadores da historia da WIFA (con data do final da T2). Dragan Džajić ocupa a primeira posición cunha pequena vantaxe sobre os outros principais artistas desta disciplina. Aproveitando a conxuntura, este grande investigador e mellor futbolista croata achega este cuestionario, por medio dun intermediario kosovar, a este serbio que ven de acadar a histórica cifra de 20 pases de gol (non rexistrada aínda nesta clasificación).
1 | Dzajic | 19 |
2 | Stoichkov | 11 |
3 | Cruyff | 10 |
4 | Maradona | 8 |
4 | Weah | 8 |
6 | Seedorf | 7 |
7 | Eusebio | 6 |
7 | Nedved | 6 |
9 | Batistuta | 5 |
9 | Drogba | 5 |
9 | Koller | 5 |
9 | Nihat | 5 |
9 | Puyol | 5 |
9 | Sindelar | 5 |
9 | van der Vaart | 5 |
16 | Boniek | 4 |
16 | Hleb | 4 |
16 | Kaka | 4 |
16 | Messi | 4 |
16 | Pienaar | 4 |
16 | Pires | 4 |
16 | Ronaldinho | 4 |
16 | Salihamidzic | 4 |
16 | Shevchenko | 4 |
16 | Stankovic | 4 |
1. Ola Dragan. Non cres que a túa titularidade con Iugoslavia en detrimento doutros grandes estremos esquerdos proveu sempre do favoritismo proserbio imperante na federación?
Ola. Non tal. A mellor proba é que Savicevic, nada menos, foi unha das estrelas de Iugoslavia
Ola. Non tal. A mellor proba é que Savicevic, nada menos, foi unha das estrelas de Iugoslavia
2. Non consideras ruin aproveitar que os teus principais rivais para o posto actuaran no estranxeiro (Soviet Supremo de Kiev, por exemplo), para sementar inxurias entre os siareiros?
Iso é totalmente falso, non entendo a que veñen estes comentarios. Ti eras un bo xogador, Marko, e se quedaches escocido por ser suplente tanto tempo non a tomes comigo. De calquera xeito non negarás que te colleron fuxindo das concentracións máis dunha vez para ir de carallada.

3. Non pensas que, cun chisquiño máis de calidade, Iugoslavia puido ter levado a Eurocopa do 68, co que de certo se tería impedido a Guerra?
Hai moita razón no que di respecto á Guerra. Un estudio que teño entre mans e agardo publicar nos vindeiros meses falo precisamente da fonda ferida que deixou esa derrota no encontro de desempate. Se falas coa xente desa época daraste conta que tódolos prexuizos étnicos proveñen daquel intre. Frases coma "Mira que pase de merda diu o bosnio ese do carallo", "Que mal tiras serbio de merda", e así un cento. Unha cousa que debería quedar coma unha anécdota dentro da historia deportiva dun estado viuse reflictida anos despois coas consecuencias que xa coñecemos todos. Non deixa de ser irónico que por culpa desa guerra a mellor selección que tivo Iugoslavia en moitísimos anos ou case que na sua historia non puidera tomar parte en ningunha competición por mor do conflicto bélico.
Polo referente á calidade, eramos un equipo balcánico, para o mellor e para o peor. O problema non estaba aí. Lembra que no primeiro encontro empatamos a un e mesmo puidemos ter gañado .

4. Considéraste un xenocida?
Non, por qué o ía facer? Como non sexa polos lanzamentos de falta...
5. É a vergoña por estáreste vendendo agora a un equipo croata o que fai que, malia os teus éxitos, non te prodigues en absoluto en declaracións?
Mira, para comezar, o meu avó materno era de Pontedeume e o meu pai naceu de Dubrovnik, así que aquí fundamentalismos serbios os xustos. Eu son do Torpedo de toda a vida, coma meu pai e é unha honra se-lo capitán. A miña ausencia de declaracións débese mais ben a que hai xogadores máis mediáticos ca min no equipo, que cada vez que se lles da por toser xa saen na primeira plana, e eu xa podo falar que os meus comentarios non teñen moita repercusión. De calquera xeito eu son máis de falar no campo ca nas roldas de prensa.
6. Es un cabrón?
Penso que non, ou polo menos tento non selo.
7. Estás tentando afundir ao Torpedo envelenando a Boniek antes dos partidos?
Boniek está recuperando a sua forma e adaptándose ás novas circunstancias da liga, penso que non tardará moito en da-lo seu nivel habitual. Nada de velenos. Esta pregunta failla mellor ó GyH, ou a escadras capitalistas dese estilo.
8. Como che sentou quedar 2º (detrás dun turco) na listaxe de pases da K1? Ben?
Supuxo un golpe nos fuciños pero tampouco pasa nada, dos erros sempre aprendes algo, esta circunstacia fixo que me esforzase máis na K2, e os resultados me avalan. Quero dicir tamén que Nihat é un excelente xogador e tampouco é para ficar abraiado se aparece no primeiro posto dalgunha estatística.
9. Non cres que sacrificar a túa titularidade para beneficiar tacticamente ao equipo non sería para tanto?
Eu non tería maior problema se o conxunto sae beneficiado, mais tamén che digo que iso terías que falalo con Mitea. O meu rendemento está aí, tampouco considero que estea a facer un mal traballo.
10. Cres que podes atopar un xeito digno de responder a esta entrevista?
Se a les a modiño (ou non a modiño) daraste de conta que eso é o que fixen.
Graciñas, Dragan! Unha aperta!
6 comentarios:
este xornalista está case a altura dos diarios desportivos de gran tirada. que obxectividade!
só lle falta perguntar por raúl compulsivamente sen vir a conto e a todo o mundo.
A primeira entrevista por entregas. Tesme intrigadísimo co final.
Serio, profesional, balcánico, zurdo. Todo un, vaia.
Lo de los colores es cada vez más emocionante. ¿Cómo serán mañana?
Si. Eu apúntome a iso. 5 rublos a que mañá é un abstracto.
Desta volta eu non teño nada que ver
Publicar un comentario