mércores, 21 de novembro de 2007

Ballack fala do novo will

(Corresponsalía na Berza)

Ante a polémica xurdida polos erros do novo will, Ballack salta á palestra para dar a súa opinión do asunto. "Teño que dicir que os menús do xogo son alucinantes, realmente fixoos alguén que vale moito". Respecto do seu xogo en particular: "Por fin son a estrela do conxunto. Vese quen é o mellor e quen non. Xogadores sobrevalorados coma Boniek, Banks ou o mesmo Dzajic agora nin sequera me fan sombra. Son o auténtico Kaiser do medio campo, asi coma o eixo e punta de lanza do Torpedo.". Engadíu que "Estes trocos no will favorecen ó fútbol de verdade, a mellor proba é a miña facilidade para canear rivais mentres Boniek fica nunha banda sen dar unha a dereitas". Rematou "bueno, retiro a palabra dereitas".

En referencia á sua amizade con Shevchenko, dixo que "Si, é un gran colega, aparte de un gardamallas xenial".

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Si, realmente son íntimos.
Por certo, vexo a Ballack máis centrado do habitual. Que está tomando?

Anónimo dixo...

Está dejando a un lado la máscara. Las declaraciones me saben a poco. Esperaba más de Vlad, como un toque de justicia. Pero en fin, habrá que esperar.