Phillip Cocu, un cabaleiro do fútbol. Zurdo, polivalente, técnico, sabio sobre o terreo de xogo, veterán, un auténtico adestrador sobre o campo. E antropófago, a tenor dos datos que o situaban, ao finalizar a T2, na cabeza da clasificación de Humáns Primitivos ou Humáns Básicos; o que outros chaman, simplemente, 'Carisma'.
1. Bo día, Mosieur Cocu. Dispensará as precaucións tipo Lecter, pero polo que sei unha boceira adoita ser insuficiente con vostede.
Sen dúbida Clarisse.....a verdade e que ainda e todo podo cheirar a tua crica dende eiquí.
2. Que lle parece Javier Zanetti? Seica se lle ven claras intencións de desbancalo do liderado. É o tempo de deixar paso ás novas xeracións, con máis fame (de recoñecementos) ca vostede?
Ahhhhhh..meu querido amigo Zanetti. Sabe?...a´derradeira vez que estivemos xuntos no mesmo terreo de xogo aquelo parecía Saraievo trala guerra.....muahahahahah.....que divertido, non cré?
3. É certo que a principal estratexia de márketing de Che Marx foi a venda de camisolas súas e que iso os levou a ser o equipo máis rico? Se é así, cre que iso explicaría o desesperado interese de G&H de rebasalo nesa clasificación a calquera prezo?
Sen dúbida o misterio de todo o asunto non é si a riqueza do equipo estivo na venda ou non das miñas camisetas. O tema está en porqué narices non se venderon camisolas especialmente deseñadas trala consecución, copn grande esforzo pola miña banda, do premio "Primitivo". En fín, xa sabe que este comunistas que de pronto se voltan capitalistas sempre son dos peores......e como aquel que deixa de fumar cando lle poñen diante a un que ainda fuma...por certo, se quere escoitar unha boa reflexión, contareille o que me dixo a miña última víctim..digo a nai do meu derradeiro paciente.....xusto no momento en que o seu féretro partía cara ao cemiterio, ela dixo algo así como "Alomenos conseguimos que deixase de fumar dunha vez", jajajajajaja
4. Vostede compartiu vestiario, até hai ben pouco, con Gary Lineker, non si?
Siiiiii...foi unha saborosa experiencia, ainda que penso que mais para min que para él, muahahahaha.
5. Quedou claro que é un pésimo futbolista (G.L.) pero diga, tamén é mudo? Ou simplemente analfabeto?
Bueno, xa sabe que cando a un lle van cortando o cerebro pouco a pouco sempre vai perdendo facultades....pero esto é un segredo entre vostede e mais eu, verdade Clarisse?
6. Quen foi o seu mentor? De quen aprendeu o que sabe?
Oh, bon, a verdade e que son un home feito a min mesmo..Mais sempre gostei de fixaresme en xente grandiosa....sen dúbida debería dicir que o grande Vlad foi o meu maior inspirador á hora de facer o mal por ese campos de futebol, quen senón?
7. Quen o ía dicir.
Xa ve
8. Non deixa vostede de sorprenderme. Quere que poña máis caviar ou champaña?
Que tal unha pouca de casquería patria?.....non?.....dacordo, daquela unha pouca máis de champaña.
9. Que podemos agardar de Che Marx este ano? O inicio non foi o desexado pero está claro que manexan un grande plantel. Podería ser o problema máis conceptual que técnico ou táctico? Non en van, á marxe de vostede, o seu equipo é dos máis destacados na lista de primitivos.
Sen dúbida que o noso plantel é un dos que mais carisma pode chegar a ter. Xente coma Rio, ou Alessandro poden chegar a ter a sua oportunidade no Primitivo deste ano a pouco que lles acompañe a sorte, jejejeje. Pero eu non desbotaría que o Che Marx poida dar moitas sorpresas.....de feito este ano o vestiario está conxurado para conseguir que esta tempada o equipo non quede de último outra vez.
10. Que quere de postre?
Oh.....supoño que un pouco do que vostede me poida ofrecer, non?
4 comentarios:
Deixando á marxe a posibilidade de considerarme un ególatra, non está nada ben iso de suprimir o nome do entrevistador. Para despois chamarlle Clarisse constantemente, ademais. En todo caso, menuda experiencia pasei. Non tiña nin idea de que Cocu fose unha persoa tan sensible (gastrointestinalmente). Claro que se un presta atención ás fotografías de Phillip, pronto atopará a influencia de Vlad. I é que non sei se me ten máis cara de Ventrue ou de Tremere.
Un moi digno Primitivo. Parece refinado de máis pero se lle entrou Lineker é que come de todo.
Mais ben de Nosferatu que se pon a cara que queira, non? jejejeje. As veces é o heroe e as veces o vilán.
-Grrooooaaaarrgggggg
aaaassssweeerrgggggg
aaaaaggg
-Ugh
-Mio, Emerson, aarrrrfggggg
groaarrrrrrrr
Publicar un comentario